As normas da casa da sidra

filme de 1999 dirixido por Lasse Hallström
(Redirección desde «The Cider House Rules»)

As normas da casa da sidra (en inglés: The Cider House Rules) é un filme estadounidense de 1999 dirixido polo sueco Lasse Hallström. Estreaouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, gañou o Globo de Ouro ao mellor guión, e tamén conseguiu sete candidaturas aos Óscars.

As normas da casa da sidra
Ficha técnica
Título orixinalThe Cider House Rules
DirectorLasse Hallström
ProdutorRichard N. Gladstein
GuiónJohn Irving
Baseado enThe Cider House Rules de John Irving
Intérpretes
MúsicaRachel Portman
FotografíaOliver Stapleton
MontaxeLisa Zeno Churgin
EstudioMiramax Films
FilmColony
DistribuidoraBuena Vista Pictures Distribution
EstreaVenecia: 7 de setembro de 1999
10 de decembro de 1999
Duración125 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento24 millóns de dólares (estimado)
Recadación88,5 millóns de dólares
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-cider-house-rules
IMDB: tt0124315 Filmaffinity: 124347 Allocine: 23319 Rottentomatoes: m/cider_house_rules Mojo: ciderhouserules Allmovie: v181139 TCM: 442899 Metacritic: movie/the-cider-house-rules TV.com: movies/the-cider-house-rules Netlix: 60000410Editar o valor em Wikidata

Baséase na novela de John Irving, The Cider House Rules, e o propio Irving escribiu o guión. Outros directores emprenderon o proxecto de realizar a adaptación, como Ang Lee ou Michael Winterbottom, pero abandonárono debido a discrepancias co autor da novela.

Sinopse

Homer Wells (Tobey Maguire) é un orfo que vive no estado de Maine durante a década de 1930. Medrou no orfanato de St. Cloud's baixo a tutela do Dr. Wilbur Larch (Michael Caine), que nunca deixou de preocuparse polos cativos que ten a cargo no hospicio. Mais cando Homer se fai un home, e se dá conta das posibilidades que lle brinda a vida, empeza a dubidar e a cuestionar os métodos e a lóxica que o doutor lle ensinou. O Dr. Larch realiza abortos secretamente, e ilegalmente, e adestra a Homer para que sigas os seus pasos.

Homer decide deixar o orfanato con Candy Kendall (Charlize Theron) e o namorado dela, Wally Worthington (Paul Rudd). Logo, cando Wally vai loitar na segunda guerra mundial, Homer e Candy estreitan amizades. Máis tarde, o avión de Wally é abatido, deixándoo paralizado da cintura para baixo. Cando el volta para a casa, Candy decide que ela debe coidar del e non ficar con Homer.

O Sr. Rose (Delroy Lindo) e os seus compañeiros son traballadores migrantes que están empregados temporalmente na plantación de mazairas da familia Worthington. O Sr. Rose empreñou á súa propia filla (Erykah Badu), e Homer, que desaproba o aborto, percibe que neste caso en particular el debe realizarllo a ela. Máis tarde, cando o Sr. Rose tenta abusar de novo da súa filla, ela acoitelarao. O desexo del, moribundo, é que os outros traballadores lle digan á policía que a súa morte foi por suicidio.

Despois da morte accidental do Dr. Larch, Homer decide retornar ao orfanato e exercer o exercicio de novo director. No final do filme, descóbrese que o doutor falsificara o rexistro médico de Homer para evitar que se fora para a guerra.

Personaxes

  • Tobey Maguire como Homer Wells
  • Michael Caine como Dr. Wilbur Larch
  • Charlize Theron como Candy Kendall
  • Paul Rudd como Tenente Wally Worthington
  • Delroy Lindo como Arthur Rose
  • Erykah Badu como Rose Rose
  • Heavy D como Peaches
  • K. Todd Freeman como Muddy
  • Kieran Culkin como Buster
  • Jane Alexander como enfermeira Edna
  • Kathy Baker como enfermeira Angela
  • Kate Nelligan como Olive Worthington
  • Paz de la Huerta como Mary Agnes
  • J. K. Simmons como Ray Kendall
  • Evan Parke como Jack
  • Jimmy Flynn como Vernon
  • Erik Per Sullivan como Fuzzy Stone
  • Skye McCole Bartusiak como Hazel

Galardóns

Óscar 1999

CategoríaPersoaResultado
Óscar ó mellor filmeCandidata
Oscar ao mellor directorLasse HallströmCandidato
Oscar ao mellor actor secundarioMichael Caine Gañador
Oscar ao mellor guión adaptadoJohn IrvingGañador
Óscar á mellor banda sonoraRachel PortmanCandidata
Óscar á mellor dirección artísticaDavid Gropman
Beth Rubino
Candidatos
Óscar á mellor montaxeLisa Zeno ChurginCandidata

Globos de Ouro

AnoCategoríaResultado
Globo de Ouro ao mellor actor secundarioMichael CaineCandidato
Globo de Ouro ao mellor guiónJohn IrvingCandidato

Notas

🔥 Top keywords: