The Little Mermaid (filme de 2023)

filme de 2023 dirixido por Rob Marshall

The Little Mermaid é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Rob Marshall a partir dun guión de David Magee. Coproducido por Walt Disney Pictures, Lucamar Productions e Marc Platt Productions, é unha adaptación de imaxe real do clásico de animación de Disney The Little Mermaid (1989), á súa vez vagamente baseado no conto "A sereíña" de Hans Christian Andersen. Está protagonizado por Halle Bailey, xunto con Jonah Hauer-King, Daveed Diggs, Awkwafina, Jacob Tremblay, Noma Dumezweni, Art Malik, Javier Bardem e Melissa McCarthy. Conta a historia da serea Ariel, que está fascinada co mundo humano; despois de salvar ao Príncipe Eric dun naufraxio, fai un trato coa meiga do mar Ursula para poder camiñar pola terra.

The Little Mermaid
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Little Mermaid
DirectorRob Marshall
Produtor
GuiónDavid Magee
Baseado en
Intérpretes
MúsicaAlan Menken
FotografíaDion Beebe
MontaxeWyatt Smith
Estudio
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaDolby Theatre: 8 de maio de 2023
26 de maio de 2023
Duración135 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía e musical
Orzamento250–265 millóns de dólares[2][3][4]
Recadación569,6 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt5971474 Filmaffinity: 293814 Allocine: 247753 Rottentomatoes: m/the_little_mermaid_2023 Metacritic: movie/the-little-mermaid-2023 Editar o valor em Wikidata

Personaxes

  • Halle Bailey como Ariel
  • Jonah Hauer-King como Eric
  • Melissa McCarthy como Ursula
    • Jessica Alexander como Vanessa, forma humana de Ursula
  • Javier Bardem como Rei Tritón
  • Noma Dumezweni como Raíña Selina
  • Art Malik como Sir Grimsby
  • Daveed Diggs como Sebastian
  • Jacob Tremblay como Flounder
  • Awkwafina como Scuttle

Notas

🔥 Top keywords: