Tisanuros

Os tisanuros[1] (Thysanura) é o nome dunha orde de insectos hoxe desaprobada, pero que durante un século fora recoñecida como orde válida. Os dous grupos constituíntes desta orde tradicional eran os Archaeognatha e os Zygentoma, que compartían varias características, como a de ter tres longos filamentos caudais, sendo os dous laterais cercos, mentres que o medial é un apéndice cerciforme diferente chamado epiprocto. Ambos eran tamén insectos sen ás e tiñan corpos cubertos de finas escamas, bastante parecidas ás dos Lepidoptera (os cales, non teñen practicaemnte relación con eles). A finais do século XX, recoñeceuse que as dúas subordes non eran taxons irmáns, polo que Thysanura era parafilético, e as dúas subordes foron elevadas á categoría de ordes, independentes e monofiléticas, e os Archaeognatha consideráronse un taxon irmán dos Dicondylia, estes últimos inclúen os Zygentoma entre moitos outros.[2][3]

Membro típico da orde Archaeognatha

Aínda que o grupo "Thysanura" xa non se recoñece como válido, o nome aínda aparece nalgunhas publicacións.[4]

Etimoloxía

O nome Thysanura deriva do grego θυσάνος, thysanos 'fleco, sedas' e οὐρά, oura 'cola', unha referencia aos seus tres filamentos caudais dispostos en abano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: