Trematodos

Trematodos

Botulus microporus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Platyhelminthes
Clase:Trematoda
Subclases
  • Aspidogastrea
  • Digenea

Os trematodos (Trematoda) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos; a diferenza dos monoxeneos, non teñen opisthoaptor, en cambio, caracterízanse por ter unha ou dúas ventosas. Parécense aos turbelarios en ter unha canle alimentaria relativamente ben desenvolvida, e os seus sistemas muscular, excretor e reprodutivos tamén son relativamente completos.

Teñen o corpo recuberto por unha cutícula e os adultos carecen de epiderme. A maioría dos trematodos teñen ciclos de vida complexos con estadios que afectan a varias especies; en estado adulto son endoparásitos de vertebrado, incluíndo ao ser humano, e en estado larvario o son de moluscos e, ás veces, dun terceiro hóspede.[1]

Foron descritas arredor de 9.000 especies. Este grupo inclúe varios parasitos que teñen un enorme impacto nas poboacións humanas, como os trematodos hepáticos humanos, como Fasciola hepatica e o Schistosoma mansoni que causa a enfermidade esquistosomíase.

A Schistosoma mansoni é un trematodo causante da esquistosomíase en humanos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: