Turquesa (cor)

color azul verde, similar ó da xema homónima

O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xema homónima.[1]

Esta cor está comprendida nos acervos iconolingüísticos tradicionais das culturas asiática, europea, norteamericana e mesoamericana.[1]

O turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.[1]

Coordenadas aproximadas da cor

Triplete hexadecimal#40E0D0
RGB (r, g, b)(64, 224, 208)
CMYK (c, m, y, k)(71, 0, 7, 12)
HSV (h, s, v)(174°, 71 %, 88 %)
A pedra turquesa é un mineral composto basicamente de fosfato de aluminio e cobre.
Outras cores turquesa ou aturquesadas
  
HTML#3CB3B6#26AFA6
CMYK(60, 0, 27, 0)(65, 0, 36, 0)
RGB(60, 179, 182)(38, 175, 166)
HSV(181°, 67 %, 71 %)(176°, 78 %, 69 %)
Referencia[1][1]

Usos

Antigas culturas mesoamericanas

Ornamento mexica (azteca) en forma de serpente bicéfala, cuberto de mosaico de turquesa. México, séculos XV a XVI d.C.

A turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e Centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.[2]

Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.[3]

Moda

Ford Fairlane Crown Victoria de 1956, mostrando unha combinación de turquesa —daquelas en voga— e branco.

A cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950.

Turquesa pictórico

O turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de cor azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada.[1] Unha mostra aproximada desta cor:

A similitude deste turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.

Azul turquesa aclarado
 
HTML#00969F
CMYK(80, 10, 35, 0)
RGB(0, 150, 159)
HSV(183°, 100 %, 62 %)
Referencia[1]

Cores HTML

As cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen catro tonalidades chamadas turquoise (turquesa):

Pale turquoiseTurquoiseDark turquoiseMedium turquoise
HTML#AFEEEE#40E0D0#00DED1#48D1CC
RGB(175, 238, 238)(64, 224, 208)(0, 222, 209)(72, 209, 204)
HSV(180°, 26 %, 93 %)(174°, 71 %, 88 %)(176°, 100 %, 87 %)(178°, 66 %, 82 %)
ProtocoloX11X11X11X11

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


🔥 Top keywords: