V (cantante)
Kim Tae-hyung (en coreano: 김태형), nado en Seo-gu o 30 de decembro de 1995, máis coñecido polo seu nome artístico V, é un cantante, modelo, actor, bailarín, compositor e mestre de cerimonias surcoreano. É membro do grupo BTS, baixo a compañía Big Hit Entertainment.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ko) 김태형 30 de decembro de 1995 (28 anos) Daegu, Corea do Sur |
Datos persoais | |
Outros nomes | V |
País de nacionalidade | Corea do Sur |
Educación | Global Cyber University Geochang Middle School Changnam Elementary School |
Altura | 179 cm |
Peso | 72,5 kg |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , bailarín , modelo , produtor musical , actor de televisión , fotógrafo |
Período de actividade | 2013 - |
Membro de | |
Xénero artístico | K-pop e neo soul |
Lingua | Lingua coreana, lingua inglesa e lingua xaponesa |
Tesitura | Barítono |
Selo discográfico | Hybe Corporation |
|
Traxectoria
BTS
- Artigo principal: BTS (grupo musical).
Uniuise a Big Hit Entertainment en 2011. o 13 de xuño de 2013, V debutou como membro de BTS en M! Countdown co sinxelo «No More Dream» do seu primeiro álbum, 2 Cool 4 Skool.[1]
O 1 de febreiro de 2016, anunciouse que V e Kim Min Jae participarían no programa Celebrity Bromance de MBC.[2] O primeiro episodio transmitiuse o 4 de febreiro en MBig TV.[3] No mesmo mes, confirmouse que V estabelecería o seu debut como actor no drama histórico Hwarang: The Beginning, que se emitiu na metade de 2016 en KBS 2TV.[4][5] Formou parte da banda sonora do drama xunto ó seu compañeiro e membro de BTS, Jin, co tema «Even If I Die, It's You».
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)