Vicerrei

O título de vicerrei corresponde ao máis alto representante do rei nun estado, ou nunha colonia, do que é titular o monarca. Este estado ou colonia denomínase vicerreinado.[1]

Antonio de Mendoza, vicerrei da Nova España (1569-1581).

A vicerraíña é unha muller que exerce esta función, caso raro, porque dita función comprende tamén a comandancia militar do territorio, ou a esposa dun vicerrei.[2]

A alusión etimolóxica ao rei fai que o vicerrei estea considerado como máis importante que un gobernador xeral, inclso nos casos en que sexa sinónimo deste rango administrativo.

Nuns poucos casos, nalgunhas coroas, o título (e a función, a menos que o título non estea directamente ligado a ela) resérvase a membros da familia real.

Orixe do termo

O título de vicerrei aparece no século XIV nun documento en latín de Pedro o Cerimonioso (1381).[3] A mediados do século XVI introduciuse ns Coroa de Aragón a palabra virrey derivada da palabra visrei xa utilizada polo menos no século XV,[4] e do catalán pasaría ao castelán visorey.[4] Nos documentos da Corona de Aragón do século XV (1428), redactados en latín, empregábase o termo vice rex para refirirse ao vicerrei de Sicilia.[5][6]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Aznar, Daniel; Hanotin, Guillaume; May, Niels F. (dir.) (2014): À la place du roi. Vice-rois, gouverneurs et ambassadeurs dans les monarchies française et espagnole (XVIe-XVIIIe siècles). Madrid


 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: