Vladimir Sorokin

escritor ruso

Vladimir Georgievich Sorokin (en ruso: Владимир Георгиевич Сорокин), nado o 7 de agosto de 1955 en Bykovo (óblast de Moscova) é un escritor e dramaturgo ruso posmoderno, un dos máis populares da literatura rusa contemporánea.[1][2] Sorokin vive entre Moscova e Berlín.[3]

Infotaula de personaVladimir Sorokin

Vladimir Sorokin
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1955 (68 anos)
Bykovo (óblast de Moscova)
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética (–1991)
Rusia (1991–) Editar o valor em Wikidata
EducaciónGubkin University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Moscova Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , escritor de ciencia ficción , pintor , libretista , escritor , guionista , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websrkn.ru Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0815131 Last fm: Владимир+Сорокин Discogs: 5500796 Editar o valor em Wikidata

As súas obras seguen distintos xéneros, desde o suspense ata a distopía pasando polos guións para o cinema, pero sempre xeran debate nos medios rusos, sobre todo co Apparatchik ruso sobre todo ao tratar temas como o totalitarismo e tabús sociais (droga, canibalismo, homosexualidade, coprofaxia), tendo sido criticado polo réxime de Putin.[4] Algúns dos seus libros foron destruídos por membros do movemento Nashi ("Os nosos"), favorable a Putin.[5]

Traxectoria

Sorokin naceu o 7 de agosto de 1955 en Bykovo, no Óblast de Moscova, preto da capital. En 1972 publicou o seu primeiro relato no xornal Za Kadry Neftyanikov. Estudou no Instituto Gubkin de Petróleo e Gas de Moscova mentres participaba en exposicións e ilustrando libros, graduándose como enxeñeiro en 1977.

Tras graduarse traballou durante un ano na revista Смена ("Cambio") pero tivo que deixar o emprego ao non querer entrar no Konsomol (organización xuvenil do PCUS). Nos anos 80 introduciuse no escenario underground da capital, fuxindo da ortodoxia soviética e en 1985 conseguiu publicar seis relatos na revista A-ja, unha revista de arte rusa contemporánea non oficial feita en Moscova pero publicada en París, conseguindo chamar a atención dos editores franceses de Syntaxe, que lle publicaron a novela Ochered' ("A Cola").[6]

Non sería ata 1989 cando as autoridades soviéticas deron o permiso para publicar as súas obras, aparecendo en revistas e antoloxías de literatura rusa contemporánea: Tretya Modernizatsiya ("A terceira modernización"), Mitin Zhurnal ("Xornal de Mitia"), Konets Veka ("Fin de século") e Vestnik Novoy Literatury (Boletín da Nova Literatura). En 1992, a editorial rusa Russlit publicou Sbornik Rasskazov ("Historias recompiladas"), primeiro libro de Sorokin en ser nomeado a un Premio Booker ruso.[7] No ano 2001 recibiu o Premio Andrei Bely polas súas contribucións á literatura rusa e en 2013 foi nomeado ao premio Booker Internacional.

En 2002, houbo unha protesta en contra da súa obra Goluboe Salo, e foi investigado por pornografía pola Fiscalía tras unha denuncia do grupo xuvenil ultraconservador Nashi, debido a unha escena na que aparecían Stalin e Nikita Khrushchev en plan sadomasoquista.[8]

Obras

Novelas

  • Ochered ("A Cola") (1983). París: Syntaxe, 1985.
  • Norma ("Norma") (1979-1983). Moscova: Tri Kita en cooperación con Obscurio Viri, 1994.
  • Romano ("Novela") (1985-1989). Moscova: Tri Kita en cooperación con Obscurio Viri, 1994.
  • Tridtsataia liubov' Mariny ("XXX Amor de Marina") (1982-1984). Moscova: Izdanie R. Elinina, 1995.
  • Chetyryokh Serdtsa ("Catro corazóns valentes") (1991). Moscova: Literary Miscelánea Konets Veka, 1994.
  • Pervy Subbotnik ("O Primeiro sábado do Día do traballo") (1979-1984). En "Obras Completas" (dous volumes). Moscova: Ad Marginem, 1998.
  • Goluboe Salo ("Touciño azul") (1999). Moscova: Ad Marginem, 1999.
  • Pir ( "A Festa") (2000). Moscova: Ad Marginem, 2000.
  • Lyod ("Xeo") (2002). Moscova: Ad Marginem, 2002.
  • Bro (2004). Moscova: Zakharov Books, 2004.
  • 23.000 (2005) Xunto aos anteriores (Lyod e Bro) forma parte dunha triloxía. Moscova: Zakharov Books, 2005.
  • Oprichnika Den ("O Día do Oprichnik") (2006). Moscova: Zakharov Books, 2006.
  • Zaplyv ("Nadando dentro"). Moscova: AST, 2008.
  • Saharniy Kreml ("Kremlin feito de Azucre"). Moscova: AST, 2008.
  • Telluriya ("Telluria"). Moscova: AST, 2013.

Obras de teatro

  • Pelmeni (1984-1987)
  • Zemlyanka ("A Cabana") (1985)
  • Russkaya babushka ("Avoa rusa") (1988)
  • Doverie ("Confidencia") (1989)
  • Dismorphomania (1990)
  • Yubiley ("Aniversario") (1993)
  • Hochzeitreise ("A viaxe postnupcial") (1994-1995)
  • Shchi ("Sopa de col") (1995-1996)
  • Dostoievski-Trip ("A viaxe Dostoievsky") (1997)
  • S Novym Godom ("Feliz Aninovo") (1998)

Guións de filmes

  • Bezumny Fritz ("Fritz tolo") (1994). Directores: Tatiana Didenko e Alexander Shamaysky.
  • Moskva ("Moscova") (2001). Director: Alexander Zeldovich. Primeiro Premio no festival en Bonn e Premio da Federación de Rusia de Cine-Clubs á mellor película rusa do ano.
  • Cashfire (2002). Director: Alexander Schurikhin.
  • Kopeyka ("Kopek") (2002). Director: Ivan Dykhovichny. Candidato ao Premio Zolotoy Horno ó mellor guión de cinema.
  • Veshch ("Cousa") (2002). Director: Ivan Dykhovichny.
  • 4 (2004). Director: Ilya Khrzhanovsky. Gran Premio do Xurado do Festival Internacional de Cine de Rótterdan.
  • Mishen ("Destino") (2011). Director: Alexander Zeldovich.

Outros traballos

  • Álbum fotográfico V glub' rossii ("Nas profundidades de Rusia"), en colaboración co pintor Oleg Kulik.
  • Libreto da ópera Deti Rozentalya ("Os nenos de Rosenthal"), con música de Leonid Desyatnikov; escrita por encargo do Teatro Bolshoi que irritou a moitos debido á experimentación deste autor (na ópera os grandes compositores clásicos son clonados pola URSS pero coa crise o proxecto é abandonado e os músicos pasan a vivir na rúa tocando no metro e visitando prostitutas).
  • Decenas de artigos publicados nos xornais rusos e estranxeiros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: