Wikipedia:Wikimedia Galiza

Nesta páxina, discútese unha proposta de creación de Wikimedia Galiza, capítulo localizado en Galiza da Wikimedia Foundation.

Nada mellor que unha tradución do Local Chapters FAQ, en Meta para entender mellor algunhas cuestións referentes aos capítulos locais. Embaixo, está traducido o que interesa para os primeiros momentos da creación. Se se pide, traducirase completamente.

Tradución parcial do FAQ

Cuestións xerais

Que é un capítulo local?

Os capítulos locais son organizacións independentes fundadadas para axudar e publicar os proxectos Wikimedia dentro dunha rexión xeográfica específica (país). Ao igual que a Wikimedia Foundation, os seus obxectivos son "darlle pulo e compremeter a xente ó redor do mundo para recoller e desenvolver contido educacional baixo unha licenza libre ou no dominio público, e diseminalo global e eficazmente.

Por que ter capítulos locais?

Os capítulos existen para aumentar as metas de Wikimedia. Fanno mediante un gran rango de actividades, que inclúen, pero non están limitadas, o seguinte:

  • Promover os proxectos Wikimedia para que xente nova e diferente se una a eles ou os use (académicos, científicos, estudantes universitarios, escolas, bibliotecas, etc.)
  • Investigar e negociar colaboracións financieiras ou morais para axudar aos proxectos Wikimedia.
  • Axudar a organizacións externas a usar contenido de Wikimedia, posibelmente para o seu propio beneficio (por exemplo, axudar ós que publiquen Wikireaders de historia local, ou un DVD de Wikipedia nunha lingua calquera).
  • Organizar eventos e iniciativas locais e nacionais (por exemplo, participar en ferias comerciais, preparar festas de Wikimedia, dar conferencias, etc.)
  • Levar as Relacións Públicas nun país determinado, darlle á prensa un interlocutor na súa propia lingua e cultura.
  • Permitir (onde se poida) doazóns deducíbeis dos impostos no país no que están baseadas.
  • Promover o Contido Libre e a cultura wiki no seu territorio respectivo.

Baséanse os capítulos na lingua ou na xeografía?

Os capítulos están baseados na xeografía, aínda que isto non exclúe a xente dunha área particular de unirse ó capítulo da súa elección, dependendo da súa lingua e afinidades. Nos países onde hai varias linguas oficiais, o capítulo local non debe estar baseado nunha única, senón incluír xente interesada das distintas linguas oficiais.

Relacións Capítulo - Wikimedia Foundation

Os capítulos representan legalmente á Fundación?

Non, os capítulos non representan legalmente á Fundación. Son entidades legais separadas e independentes, só ligadas polo traballo que cumpren na súa xurisdición.

Poderían ser asinados varios acordos entre cada capítulo e a Wikimedia Foundation, por exemplo para permitirlles usar o nome e os logos, mais os capítulos non representan á Wikimedia Foundation, así como a Wikimedia Foundation non representa aos capítulos.

Cuestións sobre a creación de capítulos

Para iniciar un novo capítulo debes ser un editor experimentado dun proxecto Wikimedia nunha lingua que sexa amplamente falada no teu país. Por suposto, unha soa persoa non é normalmente dabondo para crear unha organización completamente operativa, así que terás de atopar algúns editores activos do teu país que tamén estean interesados e queiran participar en todo o traballo que implica a creación dunha entidade legal.

Axudaría moito se polo menos unha desas persoas xa estivera involucrada en discusións concernientes á Wikimedia Foundation, e se polo menos outra persoa xa ten algún tipo de experiencia con asuntos legais.

Para a creación en si mesma, deberiades ter un grupo entre 10 e 20 persoas (se podedes atopar máis, está ben, por suposto), incluso se as vosas leis locais reuiren un número menor.

Que forma legal debe ter un capítulo local?

Nos países onde ese estatuto sexa aplicábel, o capítulo local deber ser sen ánimo de lucro, seguindo a lexislación local para esas organizacións.

Todos os capítulos existentes (en xaneiro de 2007) son organizacións de socios, permitindo ás persoas interesadas unirse ao capítulo como membros con dereito a voto, pero a forma legal final debe ser elixida mirando o mellor xeito de acadar as metas similares ás de Wikimedia.

Debates previos

  • Que forma de organización debemos ter, asociación ou fundación?
  • Se nos formamos como asociación, debemos por unha cuota de socio?
  • Que cargos debe ter a Xunta Directiva ou o Padroado?
  • E as que xurdan.

Capítulos locais existentes

codeCapítuloData de fundaciónEstatutosPáxina webLista de correoContactoMembros
dem:Wikimedia Deutschland13 de xuño de 2004de, en, nlwikimedia.devereinde-lKurt Jansson, akl> 340
frm:Wikimédia France23 de outubro de 2004frwikimedia.frwikimediafr-l~Pyb, guillom97
itm:Wikimedia Italia17 de xuño de 2005it & enwikimedia.itassociazione@wikimedia.itFrieda, Sbisolo140
plm:Wikimedia Polska14 de agosto de 2005pl, enpl.wikimedia.orgwikimediapl-lDatrio62
srm:Wikimedia Serbia3 de decembro de 2005sr, sr (local copy), en (local copy)rs.wikimedia.orgwikimediasr-ldungodung~ 40
ukm:Wikimedia UK14 de febreiro de 2006MoA & AoAwikimedia.org.ukwikimediauk-lAlisonW(5)
nlm:Wikimedia Nederland27 de marzo de 2006Articles of incorporation
Bylaws
nl.wikimedia.orgwikimedianl-lZiko~ 30
chm:Wikimedia CH14 de maio de 2006[1] in de, en, fr and itwww.wikimedia.chwikimediach-linfo@wikimedia.ch46
ilm:Wikimedia Israel15 de xullo de 2007 (aprobada pola WMF o 6 de marzo de 2007)Official version (he, legaly binding), en translation[2] in he, ar and enNon dispoñíeblDrorK10
twm:Wikimedia Taiwan11 de febreiro de 2007 (aprobada pola WMF o 4 de xullo de 2004)zh, enwikimedia.twGoogle groupTheodoranian (Chair), Htchien (Secretariat)

Capítulos aos que lles falta a aprobación da WMF

codeCapítuloData de fundaciónEstatutosPáxina webLista de correoContacto
arm:Wikimedia Argentina-spanish/englishWikimedia ArgentinaWikimedia-arPatricio.lorente - Mahadeva
hkm:Wikimedia Hong Kong-zh, en (MOA), en (AOA) (drafts)m:Wikimedia Hong Kong-m:Talk:Wikimedia Hong Kong or m:Wikimedia Hong Kong/Contact
sem:Wikimedia Sverige-sv; enm:Wikimedia Sverigever webver web
nom:Wikimedia Norge-nb, enwww.wikimedia.noWikimedia-noHans Rosbach (presidente), Silje L. Bakke (Vicepresidente)

Interesados

Se estás interesado ou interesada en colaborar no proceso de creación de Wikimedia Galiza, asina aquí:

Interesados

Ligazóns

Leis e decretos

🔥 Top keywords: