Ximnasia rítmica

deporte

A ximnástica rítmica é un deporte, que se desenvolve nos Xogos Olímpicos e outros campionatos. Na súa maioría é practicado por mulleres.

O seu obxectivo é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.

Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco:

  • Aro. Trátase dun elemento complicado. Anna Bessonova destacou polo seu bo facer con el.
  • Fita. A fita é vistosa e divertida, emprégase con música alegre. A súa mellor representante foi Vera Sessina.
  • Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elixido polas profesionais da ximnasia rítmica.
  • Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre. Alina Kabaebva foi considerada a súa mellor representante.
  • Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes. A súa figura máis destacada foi Olga Kapranova.
Grupo de ximnastas en Atenas 2004

Neste deporte olímpico hai competición tanto por conxuntos coma individualmente. Nestes momentos, Grecia, Italia, Belarús e Rusia ocupan os primeiros postos da clasificación mundial. As galegas Marta Bobo e Alba Caride tamén foron importantes ximnastas das décadas de 1980 e 1990.

Medallistas olímpicas

Individual

  1. Lori Fung Canadá
  2. Doina Staiculescu Romanía
  3. Regina Weber Alemaña Occidental
  1. Marina Lobatch Unión Soviética
  2. Adriana Dunavsca Bulgaria
  3. Alexandra Timoshenko Unión Soviética
  1. Alexandra Timoshenko CEI
  2. Carolina Pascual España
  3. Oksana Skaldina CEI
  1. Ekaterina Serebrianskaya Ucraína
  2. Ianina Batirchina Rusia
  3. Elena Vitrichenko Ucraína
  1. Iulia Barsukova Rusia
  2. Iulia Raskina Belarús
  3. Alina Kabaeva Rusia
  1. Alina Cabaeva Rusia
  2. Irina Tchachina Rusia
  3. Anna Bessonova Ucraína

Conxuntos

Galiza nos Xogos Olímpicos

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: