Xisto bituminoso

O xisto bituminoso[1] é unha rocha sedimentaria de gran fino, rica en material orgánico, contendo queróxeno (unha sólida mestura de compostos químicos orgánicos), a partir do cal poden ser producidos hidrocarburos líquidos chamados de petróleo de xisto. O petróleo de xisto é un substituto para o petróleo convencional; con todo, a extracción do petróleo de xisto do xisto bituminoso é máis cara e ten maiores impactos ambientais).[2] Os depósitos de xisto bituminoso son frecuentes en todo o mundo. As estimacións de depósitos globais van de 2,8 a 3,3 trillóns de barrís de óleo recuperábel.[2][3][4][5]

Combustión do xisto bituminoso.

O xisto bituminoso gaña unha atención especial como unha potencial fonte abondosa de petróleo sempre que o prezo do petróleo convencional sobe.[6][7] Porén, a extracción e o procesamento do xisto bituminoso aumentan unha serie de preocupacións ambientais, tales como o uso da terra, o manexo do lixo, o uso da auga, o tratamento da auga, a emisión dos gases invernadoiro e a polución do ar. En Estonia e na China teñen grandes industrias de extracción, e o Brasil, Alemaña e Rusia tamén fan uso do xisto bituminoso.[2]

Notas

🔥 Top keywords: