Zhao Lusi

actriz chinesa

Zhao Lusi (Chinese: 赵露思), nada en Chengdu o 9 de novembro de 1998, é un actriz chinesa.

Infotaula de personaZhao Lusi
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Sichuan, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -

IMDB: nm9656542 Instagram: rooosyzh09 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Zhao entrou na industria do entretemento tras participar na edición de 2016 de Super Girl na canle Hunan TV[1] e, xa nese ano, presentar o programa de variedades Huo Xing Qing Bao Ju.

En 2017, Zhao fixo a súa estrea como actriz cun papel secundario na serie web Meng Qi Shi Shen[2] e un pequeno papel no filme Feng Ren Ji Yue Dui[3].

En 2018 a súa interpretación na serie histórica Feng Qiu Huang deuna a coñecer[4][5]Nese ano interpretou o primeiro papel protagonista, na serie histórica de viaxes no tempo, O! Wo De Huang Di Bi Xia[6] que logrou unha base de seareiros en Internet que aumentou o recoñecemento de Zhao[7] e logrou o premio á mellor actriz nova Golden Bud.[8]

En 2019, Zhao interpretou a protagonista feminina no filme romántico Lan Se Sheng Si Lian, baseado na serie surcoreana Gaeul Donghwa[9] e nese ano tamén participou na serie muscial I Hear You[10], na serie fantástica Qing Nang Chuan[11] e na serie de romance histórico Tian Lei Yi Bu Zhi Chun Hua Qiu Yue[12].

En 2020, Zhao participou na serie xianxia[13] San Qian Ya Sha[14] e na serie de romance histórico Chuan Wen Zhong De Chen Qian Qian[15].

Notas

🔥 Top keywords: