Aeroporto João Paulo II

O aeroporto João Paulo II (IATA: PDLOACI: LPPD) é un aeroporto internacional situado na illa de São Miguel, no arquipélago portugués dos Azores. Atópase a 2 quilómetros ao oeste do centro da cidade de Ponta Delgada e trátase do principal aeroporto dos Azores, ademais de ser o quinto máis grande de Portugal.

Aeroporto João Paulo II

IATA: PDL – ICAO: LPPD
Sumario
Tipopúblico
Propietariogoberno de Portugal
OperadorANA Aeroportos de Portugal
Cidade/IllaPonta Delgada
LocalizaciónRelva
Elevación (msnm)79 metros / 259 pés
Coordenadas25°41′52″O / 37.741944444444, -25.697777777778
Webaeroportopontadelgada.pt
Pista(s)
DirecciónLongoSuperficie
metrospés
12/302 4978 192asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros1 515 479

Opera voos domésticos regulares cara todas as illas dos Azores, ademais de cara Madeira e o continente (principalmente a Lisboa, Porto e Faro). O aeroporto de João Paulo II Airport tamén opera voos internacionais cara Europa e Norteamérica. É o principal centro de conexións para o grupo de aeroliñas SATA Group, ao que pertencen SATA Air Açores e Azores Airlines, e dende abril de 2015 é unha base para Ryanair.[1]

Historia

O aeroporto inaugurouno o presidente portugués Américo Tomás o día 24 de agosto de 1969 despois de que se planease a súa construción seis anos antes, en 1963.[2] No momento da súa apertura era coñecido como aeroporto de Nordela debido á súa localización no extremo norte de Ponta Delgada e a súa pista tiña 1 800 metros de lonxitude. Foi construído para realizar conexións entre as illas e o continente usando un único Boeing 737 de TAP Portugal.[2]

En maio de 1995, na inauguración da nova terminal, o aeroporto recibiu o seu actual nome na honra da visita do papa Xoán Paulo II aos Azores en 1991.

Aeroliñas e destinos

AeroliñasDestinos
Azores AirlinesBoston, Frankfurt, Lisboa, Porto, Praia, Toronto-Pearson
Estacional: Barcelona, Londres-Gatwick, Montreal-Trudeau, Providence
Azores Airlines
operado por SATA Air Açores
Funchal, Gran Canaria
Estacional: Faro
Delta Air LinesEstacional: Nova York-JFK (comeza en maio de 2018)[3]
GermaniaEstacional: Düsseldorf (comeza en maio de 2018)
NikiDüsseldorf
Primera AirEstacional: Billund, Copenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
RyanairLisboa, Londres-Stansted, Porto
Estacional: Hahn
SATA Air AçoresCorvo, Flores, Graciosa, Horta, Pico, Santa María, São Jorge, Terceira
TAP Air PortugalLisboa
TUI fly BelgiumEstacional: Bruxelas
TUI fly NetherlandsEstacional: Ámsterdam

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

🔥 Top keywords: