Afrosorícidos

A dos afrosorícidos (Afrosoricida) é unha orde de pequenos mamíferos placentarios afroterios conformado por dúas familias, a dos tenrécidos e a dos crisoclóridos, que foron anteriormente consideradas como parte da orde dos insectívoros.

Tradicionalmente, as toupas douradas do sur de África e os tenrecs de Madagascar e África foron agrupados cos ourizos, musarañas e outros pequenos animais de alimentación a base fundamentalmente de insectos entre os insectívoros. Porén, non son verdadeiros insectívoros. Esta opinión está sustentada por moitos estudos xenéticos, que ademais suxiren a asociación entre os Afrosoricida e outros mamíferos de orixe africana, na gran superorde dos afroterios.

Esta orde recente non foi recoñecida até 2008 por MSW.[1]

Clasificación

Na orde recoñécense dúas subordes, con cadansúa familia:[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: