Agalychnis callidryas

especie de anfibio

A Agalychnis callidryas é unha especie de anfibio anuro da familia de Hylidae, que habita dende o sur de México até o noroeste de Colombia.[2]Salienta polos seus grandes ollos vermellos con pupila vertical. Como adultos chegan a ter cores brillantes sobre todo o seu corpo.[3] Predomina o verde, pero usualmente presentan outras cores como azul ou amarelo.[4] As patas dianteiras presentan un azul brillante, mentres que as traseiras son vermellas ou alaranxadas. A coloración desta ra é moi rechamante. O macho é máis pequeno que a femia: 56 mm e a femia 71 mm. Son de hábitos nocturnos e arborícolas.Aliméntase primordialmente de insectos. Entre os seus depredadores pódense nomear as aves, morcegos e serpes. A súa pel contén toxinas, pero non son tan poderosas.

Agalychnis callidryas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Amphibia
Orde:Anura
Suborde:Neobatrachia
Familia:Hylidae
Xénero:Agalychnis
Especie:A. callidryas
(Cope, 1862)

Sinonimia
  • Hyla callidryas Cope, 1862
  • Agalychnis helenae Cope, 1885

Hábitat

Espécime amosando as súas cores rechamantes.

Prefiren as terras baixas húmidas dos bosques chuviosos, en áreas achegadas a corpos de auga. Descubríronse incompatibilidades xenéticas entre individuos de diferentes rexións xeográficas dentro do mesmo país de orixe, polo que a pesar do seu gran parecido morfolóxico empézase a dubidar de que todas pertenzan á mesma especie.[5]

As ras arborícolas depositan os ovos na vexetación que pendura enriba da auga. É un comportamento reprodutivo curioso e cando chega o momento da eclosión, a cuberta dos ovos vaise desfacendo e os cabezolos escorregan pola folla e caen á auga, onde levan unha vida como calquera larva de anuro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: