Air Madagascar

Société Nationale Malgache de Transports Aériens, Société Anonyme,[1] operando como Air Madagascar, é a aeroliña nacional de Madagascar con sede en Antananarivo.[1] Opera servizos cara Europa, Asia e África dende a súa base principal no aeroporto internacional Ivato en Antananarivo. A compañía tamén opera unha extensa rede doméstica.

Air Madagascar
IATA
MD
OACI
MDG
Indicativo
AIR MADAGASCAR
Fundación1947
Aeroporto principalaeroporto internacional Ivato
Plan de voo frecuenteNamako
AlianzaVanilla Alliance
Frota10
Destinos17
Páxina web: https://www.airmadagascar.com

A aeroliña naceu no ano 1947 para alimentar voos de Transports Aériens Intercontinentaux e Air France, e tras a independencia de Madagascar converteuse na aeroliña de bandeira do país. Inicialmente operaba servizos domésticos, pero a compañía expandiuse a finais dos 60 cando comezou a operar rutas internacionais a destinos como Francia e Suráfrica.

Nos últimos anos intentrouse privatizar a compañía sen éxito. O proceso de privatización atópase parado e a aeroliña pertence na súa maior parte ao goberno de Madagascar.

En outubro de 2021, Air Madagascar, colocada baixo control, fusionarase coa súa filial Tsaradia para relanzar e converterse en Madagascar Airlines.

Frota

En maio de 2018 a frota de Air Madagascar estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Air Madagascar
AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas
CY+YTotal
Airbus A340-30023021224275
ATR 72-500286270
ATR 72-6002106272
Boeing 737-80018156164
de Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter31919
Total10

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: