Alexia Putellas

futbolista española

Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona.[1] É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013.[2][3] No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro[4][5] á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.

Infotaula de personaAlexia Putellas

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Alèxia Putellas i Segura Editar o valor em Wikidata
4 de febreiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Mollet del Vallès, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pompeu Fabra
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e centrocampista Editar o valor em Wikidata
Número deportivo11 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
2010-2011 RCD Espanyol Femenino (en) Traducir 24(3)
2011-2012 Levante UD Women (en) Traducir 34(15)
2012- Fútbol Club Barcelona (pt) Traducir 355(151) Editar o valor em Wikidata
 Selección nacionalenllaç=enllaç=
-   Spain women's national under-17 association football team (en) Traducir
2011-2013   Spain women's national under-19 association football team (en) Traducir 20(13)
2013-   Seleção Espanhola de Futebol Feminino (pt) Traducir 91(21)
2014-   Selección feminina de fútbol de Cataluña 3(1) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2023Copa do Mundo de Futebol Feminino de 2023 (pt) Traducir
2019Copa do Mundo de Futebol Feminino de 2019 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: alexiaputellas Instagram: alexiaputellas FIFA: 325636 UEFA: 250014179 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Formada nas categorías inferiores do C.E. Sabadell e do R.C.D. Espanyol,[6] forma parte do Fútbol Club Barcelona desde 2012. No seu paso polo equipo, gañou campionatos de liga, seis copas da Raíña e unha Liga de Campións Feminina da UEFA. Na tempada 2020-21 tivo un papel destacado ao acadar o triplete continental por primeira vez na súa carreira, e foi recoñecida tanto co Balón de Ouro como co Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa de 2021.[5]

No plano internacional, gañou con España dous campionatos europeos Sub-17 (2010 e 2011) e forma parte da selección absoluta desde 2013. Coa selección disputou as Copas Mundiais do Canadá 2015 e Francia 2019, así como a Eurocopa Feminina 2017.[3][7] En 2021 converteuse na xogadora con máis internacionalidades ao superar os 90 partidos de Marta Torrejón.[8]

Dentro do fútbol español, Putellas é a primeira muller en gañar o Balón de Ouro e a segunda persoa española en conseguilo despois do galego Luis Suárez Miramontes na edición de 1960.[5]

Selección Nacional

Sub-17

Seleccionada por primeira vez coa Selección Española sub-17 no 2009. A súa primeira competición foi a Eurocopa de 2009/10, na que conseguiu pasar a primeira fase clasificatoria quedando segundas detrás de Serbia. Na segunda fase, que se disputou en España, as españolas clasificáronse primeiras de grupo e pasaron á fase final de eliminación directa onde venceron facilmente en semifinais á selección neerlandesa. Enfrontáronse na final con Irlanda, nun partido que acabou con empate a cero e no que La Roja conseguiría o título despois de vencer ás irlandesas na quenda de penaltis.

Logo sería convocada para o Campionato do Mundo sub-17 de 2010. As españolas gañaron tódolos seus partidos da fase de grupos, na que Putellas marcou un gol fronte ao Xapón, o cal permitiu á selección avanzar ata a segunda fase do torneo onde finalmente serían derrotadas en semifinais por Corea do Sur. No partido polo terceiro posto, o equipo adestrado por Jorge Vilda gañou por 1 gol a 0 á selección de Corea do Norte e conseguiría así a medalla de bronce.

Ao ano seguinte é novamente chamada polo seleccionador para participar na Eurocopa sub-17 de 2011, onde La Roja pasa facilmente á segunda fase onde novamente conseguen o primeiro posto, clasificándose para o partido de semifinais fronte a Islandia, no cal Putellas fai un dobrete na vitoria por 4 a 0. A final xogada ante Francia acaba coa vitoria española despois dun partido complexo que se resolveu co resultado de 1 a 0, que permitiu revalidar o título.

Sub-19

No 2012 é convocada coa Selección sub-19 para a Eurocopa disputada en Turquía. O equipo conseguiu pasar como primeiro do seu grupo, no cal Alexia marcou un gol fronte a Inglaterra, logo superaron a Portugal, pasando á final fronte a Suecia, onde Alexia sería a capitá. O partido acabou con vitoria sueca na prórroga. Ao ano seguinte participa nas clasificatorias para a Eurocopa sub-19, pero caen eliminadas despois de 2 derrotas e solo 1 vitoria.

Absoluta

Debuta coa selección absoluta no 2013, nun partido previo á Eurocopa de Suecia fronte a Dinamarca.

O seu primeiro gran torneo internacional foi a Eurocopa de 2013 en Suecia, competición na que a selección consegue chegar ata cuartos de final, pero foron eliminadas por Noruega. Dous anos máis tarde, Alexia participou no Mundial do Canadá de 2015 onde foron eliminadas na primeira fase do campionato. No 2017 foi unha das convocadas para disputar o Europeo de 2017 celebrado nos Países Baixos. A selección caería eliminada en cuartos de final fronte á selección de Austria na quenda de penaltis.

No verán de 2019 participa nun segundo Mundial coa selección absoluta sendo unha das veteranas do equipo. Na fase de grupos o equipo enfróntase a Suráfrica (1-3), Alemaña (1-0) e China (0-0). Por primeira vez na historia, a selección feminina clasifícase para a disputa dos oitavos de final deste campionato, O equipo sería eliminado nesa mesma rolda ante a selección americana, que acabaría proclamándose campioa na final do torneo.

En xaneiro do 2020 a selección viaxou aos Estados Unidos para participar por primeira vez na SheBelieves Cup, O equipo de Vilda acabaría o campionato cunha vitoria por 3-1 ante Xapón, unha derrota pola mínima (1-0) ante as vixentes campioas do Mundo, os Estados Unidos; e unha vitoria, tamén pola mínima ante Inglaterra (1-0), no que Alexia foi a goleadora. La Roja acabaría a súa participación no tornea na segunda posición, por detrás das americanas, e Putellas sería nomeada MVP do torneo.

En febreiro de 2021, durante os partidos clasificatorios para a Eurocopa de Inglaterra 2022, Alexia cambiou o seu característico dorsal 11 para lucir o 14 que defendeu a súa compañeira Virginia Torrecilla, de baixa despois de ser intervida dun tumor cerebral. A comezos de 2021, con Putellas como unha das pezas fundamentais do esquema de Vilda, a selección española clasificouse para o Campionato Europeo de 2022 en Inglaterra. En abril de 2021 anunciouse que Alexia sería unha das capitás da selección xunto a Irene Paredes e Jennifer Hermoso. Putellas empregou por primeira vez o brazalete nun partido amigable ante Bélxica en xuño de 2021.

En xullo de 2022, Alexia converteuse na primeira xogadora española na súa historia en chegar á centena de internacionalidades nun partido amigable fronte a Italia.

Despois dunha lesión no ligamento cruzado da súa perna esquerda e logo de someterse a unha operación, Alexia perde a Eurocopa Femenina 2022, gran parte da tempada 2022-23 da Liga F, da Liga de Campións e tamén do Mundial Femenino de Fútbol 2023, lesión pola cal estará entre 10 meses e 1 ano fóra dos terreos de xogo, estando prevista a súa volta para agosto de 2023.

Participacións nas Copas do Mundo

MundialSedeResultado
Mundial Feminino sub-17 de 2010Trinidad e TobagoTerceiro posto
Mundial Feminino de 2015 CanadáPrimeira fase
Mundial Feminino de 2019 FranciaOitavos de final

Participacións nas Eurocopas

EurocopaSedeResultado
Eurocopa sub-17 de 2010 SuízaCampioa
Eurocopa sub-17 de 2011 SuízaCampioa
Eurocopa sub-19 de 2012 TurquíaSubcampioa
Eurocopa 2013 SueciaCuartos de final
Eurocopa 2017 Países BaixosCuartos de final

Estatísticas

Clubs

Actualizado ao último partido disputado o 29 de maio de 2022.

ClubTemporadaLigaCopaContinentalTotal
Div.Part.GolesPart.GolesPart.GolesPart.Goles
R. C. D. Espanyol España2009-101.ª10----10
2010-11243----243
Total253----253
Levante U. D. España2011-121.ª3415----3415
Total3415----3415
Fútbol Club Barcelona España2012-131.ª3012--203212
2013-14308--60368
2014-15266--41307
2015-162918--503418
2016-172810--803610
2017-1829942413712
2018-19281631813918
2019-20201053633116
2020-21311846924426
2021-2226186510114234
Total27712522176219361161
Total na súa carreira33614322176218420179

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAno
Liga EspañolaFútbol Club Barcelona España2013
Copa da Raíña2013
Liga Española2014
Copa da Raíña2014
Liga Española2015
Copa da Raíña2017
Supercopa de España2020
Liga Española2020
Copa da Raíña2020
Liga Española2021
Copa da Raíña2021
Supercopa de España2022
Primeira Iberdrola2022
Copa da Raíña2022

Campionatos internacionais

TítuloEquipoSedeAno
Campionato Europeo sub-17Selección de España Suíza2010
2011
Liga de CampiónsFútbol Club Barcelona Suecia2021

Distincións individuais

DistinciónAno
Mellor xogadora da Copa da Raíña2013
Mellor xogadora catalá2015
Mellor xogadora catalá2017
Incluída no Equipo Ideal da Liga de Campións da UEFA2019
Mellor xogadora da Copa SheBelieves2020
Xogadora MVP (Premios Marca)2020
MVP Copa da Raíña2021
Incluída no Equipo Ideal da Liga de Campións da UEFA2021
Mellor mediocampista de Europa (UEFA)2021
Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa2021
Balón de Ouro2021
Premio Globe Soccer Awards á mellor xogadora do mundo2021
Premio World Soccer á mellor xogadora do mundo2021
Premio The Best FIFA2021
Incluída no Equipo Ideal da Liga de Campións da UEFA2022
Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa2022
Balón de Ouro2022

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: