Alfredo Conde

escritor galego
(Redirección desde «Alfredo Conde Cid»)


Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego tanto en lingua galega como en lingua castelá.[1]

Infotaula de personaAlfredo Conde Cid

Alfredo Conde nunha conferencia na Estrada (2005)
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webalfredoconde.es Editar o valor em Wikidata
Bitraga: 1356 AELG: 4 Dialnet: 75602

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media.[Cómpre referencia] Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado.

Xa vai o Griffón no vento incluíuse na Biblioteca Galega 120.

En 1973 foi cofundador, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.[2][3]

Foi deputado no Parlamento de Galicia como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).

A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.

Deixei de escribir en galego porque me dei de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo, de que non se me quere e de que non teño amigos. […] Agora todo é mercado, a excelencia non pinta nada […] O que acontece é que preciso tempo e cartos. Paréceme un cachondeo que me traduzan do castelán, fareino eu cando teña tempo.[4]

Obra en galego

Narrativa

Un detalle deste cadro de Arturo Fernández Cersa empregouse para ilustrar a portada de María das Batallas, Galaxia, 2007.[5]
  • Mementos de vivos (1974, Galaxia).
  • Contubernio catro de Tomé S. (1978. Reeditado en 1988 en Sotelo Blanco como O contubernio).
  • Come e bebe que o barco é do amo (1978, Akal).
  • Breixo (1981, Xerais e 1990, Galaxia). Traducida ao castelán.[6]
  • Memoria de Noa (1982, Xerais e 1986, Galaxia). Traducida ao castelán[7] e ao ruso.[8]
  • Xa vai o Griffón no vento (1984, Galaxia), Premio Nacional de Narrativa de España. Traducida ao castelán,[9] ao italiano,[10] ao inglés[11] e ao ruso.[12]
  • Música sacra (1990, Galaxia). Traducida ao castelán.[13]
  • A morte de Blas (1992, Contos do Castromil).
  • Sempre me matan (1995, Ir Indo). Traducida ao castelán.[14]
  • A casa de Adara (1996, Xerais).
  • O fácil que é matar (1998, Xerais).
  • Memoria do soldado (2002, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán.[15]
  • Romasanta. Memorias incertas do home lobo (2004, Sotelo Blanco). Traducida ao castelán,[16] ao ruso[17] e ao inglés.[18]
  • Lukumí (2006, Galaxia).[19] Traducida ao castelán.[20]
  • María das Batallas (2007, Galaxia). Traducida ao castelán.[21]
  • Chovida do ceo (2014, Xerais).
  • O beato (2016, Xerais).
  • Un vento que pasa (2019, Galaxia). 228 páxs. ISBN 978-84-9151-353-7.[22][23]
  • Homes de ferro (2020, Ézaro Ediciones).
  • A conto do político (2023, Ézaro Ediciones).

Poesía

  • Mencer de lúas (1968, Galaxia)
  • ColeccionAN. 69 poemas de amor (2014, Trifolium, edición bilingüe galego-castelán)

Conversas

Obras colectivas

  • Os novísimos da poesía galega (1973, Akal)
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo)
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube)
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais)
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega)
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia)
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais)
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora)
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015, Concello de Pontevedra/Galaxia)

Obra en castelán

Na Praza do Obradoiro

Narrativa

  • Los otros días (1991)
  • Cubita, la bella (1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego)
  • Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa). Traducida ao ruso.[24]
  • María de las batallas (2008)
  • Huesos de santo (2010)
  • El beato (2016)

Premios pola súa obra en galego

Premios pola súa obra en castelán

  • Premio Nadal no 1991, por Los otros días.
  • Premio Ateneo-Ciudad de Valladolid 2016 por El beato[25]

Vida persoal

Estivo casado con Margariña Valderrama, con quen tivo dúas fillas.[26]

Foi nomeado fillo predilecto da provincia de Ourense.[27]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Predecesor:
Alejandrino Fernández Barreiro
 
conselleiro de Cultura
 
1987-1990
Sucesor:
Daniel Barata Quintas
🔥 Top keywords: