Apterigotos

O dos apterigotos[2] (Apterygota) é un taxon parafilético que agrupa aos hexápodos que no curso da evolución nunca estivero provistos de ás.

O concepto opónse ao de pterigotos[3] (Pterygota), que significa 'alados', grupo, este si monofilético que inclúe os verdadeiros insectos con ás ou que claramente derivan de antepasados alados (como os sifonápteros ou pulgas).

Apterygota e Pterygota son grupos artificiais sen carácter taxonómico.

Etimoloxía

O termo do latín científico Apterygota deriva do grego científico απτέρυγος aptérygos, 'sen ás', ou, se queremos, formado polos elementos do latín científico a-, co sentido de privación ou negación, e -pterygota plural neutro do grego científico πτερυγωτός pterygōtós, 'alado', derviado do grego antigo πτέρυξ ptéryx ou πτερόν pterón, 'á'.

Características

Os apterigotos considéranse os hexápodos máis primitivos, como o demostra o feito de non ter desenvolvido aínda as ás, e o de non experimentar metamorfose (presentan ametabolismo). Á parte destas dúas características, claramente plesiomórficas, non comparten ningún carácter derivado (apomorfía) que xustifique a existencia deste grupo como entidade taxonómica. Os grupos parafiléticos desta índole non son aceptados pola actual taxonomía cladística.

En resumo, están caracterizados por:

  • o seu pequeho tamaño,
  • a ausencia de ás; son insectos primitivos, que non posuíron nunca ás no curso do seu desenvolvemento, e
  • polo seu desenvolvemento con mudas sucesivas, pero sen modificacións morfolóxicas importantes (a pesar do feito de que algúns poidan ter cambios radicais, que os transforman así en "variedades" diferentes da súa especie) .

Clasificación clásica

Tradicionalmente, o grupo dividíase en catro ordes:

Porén, o WoRMS considera aos Apterygota como unha dubidosa subclase da clase dos insectos, dividida nas ordes dos Archaeognatha e a dubidosa dos Thysanura (hoxe Zygentoma).[1]

Filoxenia

Como vemos, nos apterigotos agrupábanse os colémbolos, os proturos, os dipluros, os arqueógnatos e os tisanuros.

As relacións filoxenéticas entre estes grupos e os insectos alados (Pterygota) son:[4]

Hexapoda
Ellipura

Collembola

Protura

Diplura

Insecta

Archaeognatha

Zygentoma (obsoleto: Thysanura)

Pterygota

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: