Asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América de 2021

interrupción violenta da certificación das eleccións presidenciais no 6 de xaneiro de 2021

77°00′32.6″O / 38.889806, -77.009056

O asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América foi un tumulto e ataque violento contra o 117.º Congreso do Capitolio dos Estados Unidos que ocorreu o 6 de xaneiro de 2021. Como parte das protestas de 2020–21 polas eleccións presidenciais, foi levado a cabo por unha recua de seguidores de Donald Trump, o 45º presidente dos Estados Unidos de América, nun intento marrado por reverter a súa derrota nas eleccións presidenciais de 2020.[1] O asalto rematou coa evacuación e o peche do Capitolio e provocou cinco mortes.

Protestantes reuníndose fóra do Capitolio.

Eventos

Motivados á acción por Trump,[2] milleiros[3] dos seus seguidores reuníronse en Washington, D.C. o 5 e o 6 de xaneiro en apoio da súa falsa reclamación dunha fraude electoral en 2020,[4] segundo a cal pedía que o vicepresidente Mike Pence e o Congreso rexeitasen a vitoria de Joe Biden.[5] Na mañá do 6 de xaneiro, nun mitin de "Save America" en the Ellipse, Trump repetiu as afirmacións falsas de irregularidades electorais[6] e instou á multitude a "loitar coma o inferno" ("fight like hell").[7]:01:11:44 A instancias do presidente,[8] milleiros de manifestantes camiñaron ata o Capitolio, onde unha sesión conxunta do Congreso estaba comenzando o reconto de votos do Colexio Electoral para formalizar a vitoria de Biden.

A multitude congregada no Capitolio, algúns dos cales xa se reuniran antes, violaron os perímetros da policía e irromperon no edificio.[9][10] Estes alborotadores ocuparon, esnaquizaron e saquearon[11] partes do edificio durante varias horas.[12] Moitos deles volvéronse violentos, agredindo a oficiais de policía e xornalistas do Capitolio, erixindo unha forca nos terreos do Capitolio, e tentando localizar lexisladores para tomalos como reféns e atacalos. Cantaron "Hang Mike Pence" (colgade e Mike Pence),[13] culpándoo por non rexeitar os votos do Colexio Electoral, aínda que carecía da autoridade constitucional para facelo.[14] Os asaltantes dirixiron os seus ataques á presidenta da Cámara de Representantes Nancy Pelosi,[15][16] vandalizando e saqueando[17] as súas oficinas, así como as doutros membros do Congreso.[18]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: