Capitolio dos Estados Unidos
O Capitolio é o edificio que serve como sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América, a Cámara de Representantes (House of representatives, en inglés) e o Senado.
Capitolio dos Estados Unidos | |
---|---|
Coordenadas | 38°53′23″N 77°00′33″O / 38.889802777778, -77.00911388888977°00′33″O / 38.889802777778, -77.009113888889 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A construción do edificio comezou en 1793 e completouse en 1811. Atópase en Washington, D.C., a capital do país, e é unha das súas principais atraccións.
O edificio foi deseñado inicialmente por William Thornton, pero modificado posteriormente por Benjamin Henry Latrobe e Charles Bulfinch. Ten unha gran cúpula no centro (deseñada por Thomas U. Walter e August Schoenborn) e dous edificios anexos a cada lado. A ala norte corresponde ao senado e a ala sur á cámara de representantes. Nos pisos de arriba áchanse galerías para que o público poida observar as sesións en certas ocasións. É un exemplo do neoclasicismo arquitectónico estadounidense.
Véxase tamén
Outros artigos
- Protestas de 2021 no Capitolio dos Estados Unidos de América
- Dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos