Asasinato de Andrei Karlov

O asasinato de Andrei Karlov ocorreu o 19 de decembro de 2016. Andrei Karlov, o embaixador ruso a Turquía foi mortalmente disparado por Mevlüt Mert Altıntaş na noite do 19 de decembro de 2016 nunha exposición de arte en Ancara, Turquía.[1][2][3][4] O asasinato tivo lugar após varios días de protestas en Turquía sobre a implicación rusa na Guerra Civil siria e a batalla sobre Alepo, aínda que os gobernos rusos e turcos negociaran un cesamento da loita.[1]

Perpetrador e ataque

O asasino foi identificado como Mevlüt Mert Altıntaş, quen foi descrito como un oficial de policía turco, graduado na Escola de Policía de Esmirna no 2014.[5] Algunhas fontes informan que fora despedido da policía pola súa alegada implicación na tentativa de golpe de estado en Turquía en 2016.[6][7][8]

Cando Karlov facía un discurso nunha exposición de fotografía, Altıntaş realizou varios disparos contra o embaixador ruso, feríndoo mortalmente e ferindo outras persoas.[1][9]

Despois de disparar a Karlov, Altıntaş berrou: "Allahu Akbar (Deus é grande). Non esquezades Alepo, non esquezades Siria".[1][4][10][11] Altıntaş foi posteriormente abatido polas forzas de seguranza turcas.[12] Karlov foi levado ó hospital, mais morreu pola gravidade das feridas.[1]

Notas

🔥 Top keywords: