BM Cisne

club de balonmán galego

O Club Cisne Balonmano de Pontevedra, por motivos de patrocinio DICSA Modular Club Cisne Balonmano, é unha asociación deportiva fundada en Pontevedra en 1964. Xoga na Liga ASOBAL.

BM Cisne
Club Cisne no Torneo Concello do Rosal 2014
Nome completoClub Cisne Balonmano
CidadePontevedra, Galicia Galicia
Historia1964-
Fundado1964
PavillónCentro Galego de Tecnificación Deportiva
PresidenteGalicia Santiago Picallo Bua
AdestradorEmilio Pintos Soto
CompeticiónLiga ASOBAL
Cores          Azul e branco
Na rede
https://clubcisne.es/club-cisne
Facebook: ClubCisneBalonmano Twitter: ClubCisneBalonm Editar o valor em Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
BM Cisne _ Córdoba Cajasur de División de Prata 2019-20 no CGTD.

Traxectoria

Debe o seu nome a que o cisne era o emblema da Frente de Juventudes, asociación xuvenil da FET y de las JONS. Inicialmente aglutinaba máis actividades deportivas, destacando o atletismo, baloncesto, voleibol, piragüismo e balonmán. Co paso do tempo apareceron outros clubs para os diferentes deportes, asentándose o Cisne na práctica do balonmán, de gran tradición na cidade.

A partir de 1970 o club comezou a destacar en diversos campionatos deste deporte, baseando a súa actividade no traballo co deporte base, acadando reputación no balonmán estatal como berce dunha das máis importantes canteiras de xogadores de balonmán de Galiza.[1]

O equipo logrou 13 campionatos galegos: 4 en categoría cadete, 6 en categoría xuvenil, e 3 en categoría júnior. A nivel estatal os maiores logro foron o 4º posto no campionato de España de categoría xuvenil, logrado en Granollers en 1978 e o 3º logrado na mesma localidade en 2018. Este último é o mellor posto logrado por un equipo galego en categorías base.[2][3]

O equipo sénior foi incrementando a súa categoría e calidade, ascendendo en 1981 á división de Prata do balonmán español. Durante esa década mantivo gran rivalidade co Teucro (tamén de Pontevedra) e co Octavio Pilotes Posada de Vigo, sempre con xogadores afeccionados, todos eles da cidade e formados nas categorías base do club.

Durante varias tempadas mantívose na División de Honra B pero coa profesionalización do balonmán baixou ata a Segunda División Nacional (4ª categoría do balonmán español). Tras 8 tempadas nesa categoría, no ano 2000 venceu na Fase de Ascenso celebrada en Alcalá de Henares, regresando á Primeira División Nacional (3ª categoría do balonmán español). Militou nesa categoría ata a tempada 2014/15, na que conseguiu o ascenso e o retorno á División de Honra Prata case 30 anos despois.[4]

Na tempada 2019/20 o club proclamouse campión da División de Honra Prata, logrando así o primeiro ascenso da súa historia á Liga ASOBAL.[5]

Liga ASOBAL

Debutou na máxima categoría o 9 de setembro de 2020 no Palacio de Deportes de Granollers fronte ao Fraikin BM Granollers, caendo derrotado por 27-21.[6] Logrou a súa primeira vitoria na ASOBAL o día 12 do mesmo mes, no derbi galego fronte ao Frigoríficos do Morrazo no Gatañal por 26-33.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: