Cantís de Moher

Os cantís de Moher (en inglés Cliffs of Moher, en gaélico irlandés Aillte an Mhothair, literalmente "cantís da ruína") encóntranse no límite suroccidental da rexión do An Bhoireann, cerca de Doolin, no condado de Clare da República de Irlanda.

Localización dos acantilados de Moher.
Aillte an Mhothair (o seu nome en gaélico)

Xeoloxía

Cantís de Moher, coa Hag's Head ao fondo.
Vídeo dos cantís de Moher.

Os cantís elévanse 120 m sobre o océano Atlántico no punto chamado Hag's Head e esténdense ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura de 214 m.

Son recoñecidos pola súa xeoloxía do Carbonífero, composta principalmente por formacións de pedra calcaria karst que se formaron hai máis de 320 millóns de anos. Os acantilados mostran varias capas xeolóxicas e conteñen fósiles da vida mariña prehistórica da zona, incluíndo corais, ourizos de mar etc.[1]

Mitoloxía

Segundo a mitoloxía irlandesa, un dos puntos máis sobresaíntes dos cantís de Moher, coñecido como Hag's Head, recibe o seu nome da figura da Cailleach que se transforma en pedra ao mirar cara ao mar, representando a encarnación do inverno e a protección da natureza.[2]

Hag's Head pode traducirse ao galego como "Cabeza da Bruxa" ou "Cabeza da Anciá". Na mitoloxía celta, o termo "Hag" adoita referirse a unha figura de muller vella, a miúdo con connotacións sobrenaturais ou míticas, e pode ser sinónimo de bruxa ou meiga.[3]

Torre de O'Brien

O torre de O'Brien (O'Brien's Tower) é unha torre circular de pedra que se atopa aproximadamente na metade dos acantilados. Foi construída por Sir Cornellius O'Brien en 1835 como miradoiro para os centos de turistas que acudían ao lugar.[4]:29

Desde o alto da atalaia pódense ver as Oileáin Árann e a baía de Galway, e ao fondo as montañas Maumturk en Connemara.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: