Cetinje

Cetinje é unha cidade do estado balcánico de Montenegro, que foi historicamente a capital do país, até que despois da segunda guerra mundial foi substituída pola cidade de Podgorica. A súa poboación é de pouco máis de 16.000 habitantes. É a capital do concello homónimo.

Modelo:Xeografía políticaCetinje
Цетиње (sr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°23′36″N 18°55′19″L / 42.3933, 18.921918°55′19″L / 42.3933, 18.9219
EstadoMontenegro
ConcelloCetinje (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación13.991 (2011) Editar o valor em Wikidata (15,37 hab./km²)
Xeografía
Superficie910 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude650 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal81250 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webcetinje.me Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Cetinje está situada nun planalto kárstico a 672 m de altitude no interior sur de Montenegro, rodeado de montañas como o monte Lovcen (1749 m), mais a moi escasa distancia da costa (apenas uns 42 km de Kotor e 30 de Budva), do Lago Shkodrës, o máis importante dos Balcáns, e da capital actual do país (uns 46 km).

Monumentos

Dada a súa historia e pese ao seu escaso tamaño urbano, Cetinje conserva algúns importantes monumentos:

  • Igrexa dos Pastores (Vlaska crkva), construída a partir de 1450.
  • Pazo Real, dos antigos monarcas de Montenegro, que aquí tiñan a súa residencia, e na actualidade Museo Nacional de Montenegro.
  • Pazo Azul, residencia do príncipe herdeiro montenegrino.
  • Pazo de Njegos, residencia do bispo Petar Petrovic Njegos, fundador do estado de Montenegro, na primeira metade do século XIX.
  • Os edificios das antigas embaixadas, estabelecidas a partir de 1878.
  • Antiga sede do Banco Montenegrino, declarada "monumento cultural de extraordinario valor arquitectónico", actual sede do Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro.[1]
  • Atópase ás portas do Parque Nacional Lovcen, que contén o Mausoleo de Petar Petrovic Njegos.

Notas

🔥 Top keywords: