Cinto de asteroides

O Cinto de asteroides é unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter onde se localiza un gran número de asteroides. O maior deles é 1 Ceres.

Escala relativa de varios asteroides
Escala relativa de varios asteroides

É o cinto principal de asteroides, xa que existen concentracións de planetoides en áreas como, por exemplo, o espazo entre Xúpiter e Neptuno, onde se localizan os centaurus.

Orixe

Crese que, durante o primeiro millón de anos da historia do sistema solar, os planetas formáronse por agregación de planetésimos. As colisións sucesivas levaron aos típicos planetas rochosos e aos de núcleo gasoso.

No entanto, nesta zona do sistema, a forte gravidade de Xúpiter imposibilitou as últimas fases, e os planetésimos non conseguiron agruparse nun único planeta. Así, continuaron a orbitar o Sol como antes. Neste sentido, o cinto de asteroides pode ser considerado unha reliquia do sistema solar primitivo, aínda que moitas observacións apunten a unha evolución das condicións físicas, polo que os asteroides non poden ser considerados como obxectos estáticos. Pola contra, crese que os obxectos do cinto de Kuiper sufriron poucas alteracións desde a formación do sistema solar.

Lista de asteroides identificados

(Lista incompleta)

Outros obxectos no cinto de asteroides

O cinto de asteroides contén outros corpos, como os cometas de tipo 'Main belt' (Cinto principal).[1]

Outras características da zona

Datos do Telescopio Espacial James Webb sobre o Cometa Read, do tipo Main Belt,permitiron determinar en 2023 que os obxectos da zona poden conservar auga en forma de xeo.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: