Coñecemento

Familiaridade adquirida por un ser vivo

O coñecemento[1] adoita entenderse como:

  1. Feitos, ou datos de información adquiridos por unha persoa a través da experiencia ou a educación, a comprensión teórica ou práctica dun tema ou obxecto da realidade.
  2. O que se adquire como información relativa a un campo determinado ou á totalidade do universo.
  3. Conciencia ou familiaridade adquirida pola experiencia dun feito ou situación.
  4. Inclúe o "saber que" (know what), o "saber como" (know how) e o "saber onde" (know where).
Árbore do coñecemento, de Lucas Cranach, o Vello

Non existe, polo tanto, unha única definición de coñecemento. Porén existen moitas perspectivas desde as que se pode considerar o coñecemento, sendo un problema histórico da reflexión filosófica e da ciencia a consideración da súa función e fundamento.

O coñecemento é, por unha banda, o estado de quen coñece ou sabe algo e, por outra banda, os contidos sabidos ou coñecidos como patrimonio global da humanidade. Por exemplo, un coñecemento amplamente compartido nas sociedades actuais é o feito de que a Terra é un xeoide.

Por extensión, adoita chamarse tamén coñecemento a todo o que un individuo ou unha sociedade dados considera sabido ou coñecido. Neste sentido, diríase por exemplo que a existencia de bruxas e trasgos era coñecida na Idade Media, mentres que, desde o punto de vista actual, estas crenzas son infundadas e non constitúen, xa que logo, coñecementos.

Sen dúbida, as ciencias constitúen un dos principais tipos de coñecemento.

O coñecemento, a súa natureza, a súa variedade, o xeito de como é adquirido, o proceso da súa adquisición, os seus valores e o seu papel nas sociedades humanas, estúdanse nunha variedade de disciplinas, incluíndo a filosofía, a epistemoloxía, a ciencia, a psicoloxía, as ciencias cognitivas, a antropoloxía e a socioloxía.

Algunhas definicións

O coñecemento é a consciencia e o entendemento dos feitos, verdades ou información gañadas na forma da experiencia ou da aprendizaxe. O coñecemento é unha apreciación da posesión dos detalles interconectados que, no illamento, son de menor valor.

O coñecemento é un termo con moitos significados segundo o contexto, pero polo xeral está relacionado con tales conceptos como o significado, a información, a instrución, a comunicación, a representación, o estudo e o estímulo mental.

O coñecemento é distinto da información simple. Tanto o coñecemento como a información consisten en declaracións verdadeiras, pero o coñecemento é a información que ten un obxectivo ou o emprego. Os filósofos describirían isto como a información asociada coa intencionalidade. Chaman o estudo do coñecemento epistemoloxía.

Unha definición común de coñecemento é que consiste na crenza xustificada verdadeira. Esta definición provén do Theaetetus de Platón [2]

Que constitúe o coñecemento, a certeza e a verdade son cuestións polémicas. Estas cuestións son discutidas por filósofos, científicos sociais e historiadores. Ludwig Wittgenstein escribiu Sobre a certeza —aforismos acerca destes conceptos— explorando as relacións entre o coñecemento e a certeza.

Coñecer e saber

Espiral do coñecemento,

Diferenciamos, dun modo técnico e formalizado [3] os conceptos de coñecer e saber, por máis de que, na linguaxe ordinaria, se usen ás veces como sinónimos, outras veces non.[4]

Coñecer, e o seu produto, o coñecemento, está ligado a unha evidencia que consiste na crenza baseada na experiencia e na memoria e á algo común na evolución des seres naturais concibidos como sistemas, a partir dos animais superiores.

Saber, pola súa parte, require, ademais do anterior, unha xustificación fundamental; é dicir, un engarce nun sistema coherente de significado e de sentido,[5] fundado no real e comprendido como realidade; máis alá do coñecemento do obxecto no momento presente como se fora definitivo e completo. Un sistema que constitúe un mundo e fai deste feito de experiencia algo con entidade consistente.[6]

É dicir, que as cousas alleas á razón non poden ser obxecto de ciencia. E un pouco máis adiante recoñece que os elementos simples son por iso "irracionais", xa que non se pode dar razón deles. E despois, no "Sofista", intenta por iso "ir máis alá" do elemental como elemental, senón ao fundamento do mesmo, á "Idea" (Logos), a "racionalidade" que serve de fundamento ou, como di Xavier Zubiri, (Inteligencia y razón, páx. 258 e ss.), fai posíbel o "verdadear" das cousas e os feitos como realidade. O saber da verdade, así concibido, é un "feito aberto" como proceso intelectual e non un logro definitivo, (Hilary Putnam, Razón, verdade e historia, Madrid, Tecnos, 1988.</ref> Un conxunto de razóns e outros feitos independentes da miña experiencia que, por un lado, ofrecen un "saber qué" é o percibido e, por outro lado, orientan e definen a conduta, como un "saber facer" como resposta adecuada e unha valoración de todo iso respecto ao bo.[7]

Tipos de coñecemento e características

O coñecemento éO coñecemento expresa
  • Función
  • Acción
  • Produto
  • Resultado do desenvolvemento da vida dun individuo.
  • A herdanza xenética e memoria filoxenética
  • A adaptación ambiental social e cultural de grupo
  • A propia interacción do individuo no seu ambiente e a súa creatividade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dawkins, R. J. (2005): El gen egoísta. Las bases biológicas de nuestra conducta. Barcelona: Salvat. ISBN 84-345-0178-3
  • Ferrater Mora, J. (1979): De la materia a la razón. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-2225-7
  • Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía (4 volumes). Barcelona: Alianza Diccionarios. ISBN 84-206-5299-7
  • Husserl, E. (1993): Ideas relativas a una fenomenología pura y una filosofía fenomenológica, (Trad. José Gaos). México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 84-375-0255-1
  • Husserl, E. (2005): Investigaciones Lógicas. 2 Volumes. (Trad. de Manuel García Morente e José Gaos). Buenos Aires: Alianza. ISBN 84-206-8196-2
  • Lakatos, I. (1983): La metodología de los programas de investigación científica. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-2349-0
  • Lyotard, J. F. (1994): La condición postmoderna: informe sobre el saber. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0466-4
  • Penrose, R. (1991): La nueva mente del emperador. Madrid: Mondadori. ISBN 84-397-1786-5
  • Putnam, H. (1988): Razón, verdad e historia. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1577-X
  • Quesada, D. (1998): Saber, opinión y ciencia: Una introducción a la teoría del conocimiento clásica y contemporánea. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-8746-2
  • Quine, W. V. (1998): Del estímulo a la ciencia. Barcdelona: Ariel. ISBN 84-344-8747-0
  • Russell, B. (1959): El conocimiento humano: su alcance y sus limitaciones. Madrid: Taurus.
  • Villoro, J. (1982): Creer, saber, conocer. México: Siglo XXI Editores. ISBN 968-23-1151-9
  • Zubiri, X. (1980): Inteligencia sintiente. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9011-2
  • Zubiri, X. (1982): Inteligencia y Logos. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9012-0
  • Zubiri, X. (1983): Inteligencia y Razón. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9016-3

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: