Contedor

No eido do transporte de mercadorías, un contedor (ou container) é un recipiente reutilizable feito de estrutura metálica (aceiro ou aluminio) con outros compoñentes (madeira ou plástico) de medidas normalizadas segundo ISO (International Organization for Standardization), en concreto, a ISO 6346 (por ese motivo, tamén se coñecen co nome de containers ISO 6346). Reciben tamén o nome de Contedor Intermodal, que significa que pode ser movido e empregado para o transporte en diversos medios: navais, estrada ou ferrocarril, sen ter que baleirar a carga ou trocala de contedor dende a orixe ata chegar a destino.

Buque portacontedores

As medidas dos contedores varían desde os 8 pés (2,438 m) de anchura, 56 pés (17,07 m) de lonxitude e alturas de 8 pés (2,438 m), ata 9 pés e 6 polgadas (2,9 m). As capacidades dos contedores exprésanse a miúdo en unidades de vinte pés equivalentes (en inglés Twenty-foot Equivalent Unit, TEU), que é unha unidade de capacidade equivalente a un estándar de 20 pés x 8 pés (6,10 m x 2,44 m) (lonxitude x anchura) do contedor.

Historia

Ata a revolución industrial eran os bidóns e as pacas o sistema de transporte máis empregado. O aumento nos bens producidos e a necesidade de transportalos fixo que os buques aumentasen de tamaño chegando a ter que transportar milleiros de bidóns o que facía as tarefas de estiba e desestiba ineficaces. A segunda guerra mundial aumentou aínda máis esta necesidade de mover produtos. Non foi ata os anos 1950 cando Malcolm McLean creou e propuxo a idea dun conxunto unificado de unidades de carga para evitar perder tempo nas numerosas tarefas de carga e descarga no transporte de mercadorías polos distintos medios de transporte.

Sam McLean traballou na promoción entendendo moi ben a importancia do seu invento. Creou a súa propia compañía de envío chamada "Corporación Sea-Land" (Sea-Land Inc.). A primeira rota foi no porto de Newark en Houston con 58 contedores. O método da loxística empregando estes contedores foi nomeado Container Express e a súa abreviatura Conex. Esa abreviatura converteuse nunha palabra do léxico en inglés estadounidense. A difusión do transporte en contedores puxo en evidencia a necesidade dunha normalización nas súas medidas xa que cada empresa tiña as súas. As primeiras Normas ISO para contedores son de finais dos anos 1960 e principios dos anos 1970. O Convenio Internacional para a seguridade dos contedores é un Regulamento de 1972 da Organización Marítima Intergubernamental Consultiva (OMI dependente das Nacións Unidas) para a manipulación e o transporte de contedores. Decreta que cada contedor nas viaxes internacionais identifícase cun "CSC-Plate" que vén ser coma unha "matrícula".

Identificación

A identificación dos contedores é unha combinación alfanumérica de 11 díxitos.[1]

Código de catro letras Nome da empresa
HDMU Hyundai Merchant Marine
CMAU / ECMU CMA CGM
MSCU / MEDU Mediterranean Shipping Company (MSC )
SUDU Hamburg-Süd-Amerikanische Dampf-schiffahrts Gesellshaft
MOLU / MOGU Mitsui O.S.K. Lines
MISU MISC Berhad
MAEU / MSKU A.P. Møller-Mærsk Group
HMKU Holland Maas Shipping
KNLU Koninklijke Nedlloyd (inmidddels overgenomen door MAERSK)
TOLU Trans Ocean Lines (zie foto) is geen rederij maar een containerleasemaatschappij
GSTU Genstar Container Corporation (General Electric) is ook een leasemaatschappij
NYKU Nippon Yusen Kaisha (NYK Line)
CARU Caru Containers B.V.
HLXU Hapag LLoyd
CPSU CP Ships (inmidddels overgenomen door Hapag LLoyd)
CSQU3054383

CSQ Código de identificación do propietario do contedor
U Categoría do contedor
305438 Número de serie do contedor
3 Díxito de control

Exemplo da numeración dun contedor segundo ISO 6346

As primeiras tres letras identifican ao propietario e son asignadas ás compañías polo BIC (Bureau International des Containers et du Trasnport Intermodal).

A cuarta letra toma os seguintes valores:

  • U para identificar aos contedores en xeral
  • J para o equipo auxiliar engadido
  • Z para chasis ou trailers de transporte en estrada
  • R para contedores refrixerados, principalmente con sistemas de refrixeración propios

Os seguintes 6 díxitos numéricos son o número de serie do contedor O último un díxito verificador para asegurar a correcta lectura dos 10 anteriores, e busca garantir a transmisións en sistemas asistidos por ordenadores para a súa correcta escritura.

As letras reciben un valor segundo a seguinte táboa:

Táboa de asignación dos valores numéricos aos códigos alfabéticos
ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ
1012131415161718192021232425262728293031323435363738
  • Nota: o valor 11 e os seus múltiplos 22 e 33 ignóranse.

Descrición

O contedor máis común ten dúas portas nun dos extremos fixadas a cada un dos lados e está construído en aceiro ondulado (para aumentar a resistencia estrutural). As portas levan pechos con cadeados e son precintables de xeito que o contedor non poida ser aberto ata chegar ó destino. Só pode ser aberto para inspeccións como as que se fan nas aduanas ou controis das autoridades.

Levan nas súas oito esquinas, polo lado inferior e superior, unhas pezas de ferro fundido que se empregan para fixar os contedores durante o transporte e nos traballos de estiba e desestiba con guindastres. As pezas que fixan e suxetan os contedores chámanse en inglés twistlock polo xeito de traballar: ao xirar bloquean.

En posiciónDetalleConexión
twistlock sobre cubertatwistlock pregadotwistlock xirado

Dimensións

Existen diferentes medidas e pesos para contedores variando en largo e alto segundo o fabricante. As medidas máis comúns son:

  • O ancho fíxase en 8 pés (2,44 metros)
  • O alto varía entre 8 pés e 6 polgadas (2,59 m) ou 9 pés e 6 polgadas (2,90 m).
  • A lonxitude varía entre 8 pés (2,44 metros); 10 pés (3,05 m); 20 pés (6,10 m); 40 pés (12,19 m); 45 pés (13,72 m); 48 pés (14,63 m) e 53 pés (16,15 m).
contedor 20 péscontedor 40 péscontedor 40 pés
high-cube
contedor 45 pés
high-cube
imperialmétricoimperialmétricoimperialmétricoimperialmétrico
dimensións
externas
lonxitude19′ 10 1/2″6.058 m40′ 0″12.192 m40′ 0″12.192 m45′ 0″13.716 m
ancho8′ 0″2.438 m8′ 0″2.438 m8′ 0″2.438 m8′ 0″2.438 m
alto8′ 6″2.591 m8′ 6″2.591 m9′ 6″2.896 m9′ 6″2.896 m
dimensións
interiores
lonxitude18′ 8 13/16″5.710 m39′ 5 45/64″12.032 m39′ 4″12.000 m44′ 4″13.556 m
ancho7′ 8 19/32″2.352 m7′ 8 19/32″2.352 m7′ 7″2.311 m7′ 8 19/32″2.352 m
alto7′ 9 57/64″2.385 m7′ 9 57/64″2.385 m8′ 9″2.650 m8′ 9 15/16″2.698 m
apertura
da porta
ancho7′ 8 ⅛″2.343 m7′ 8 ⅛″2.343 m7′ 6"2.280 m7′ 8 ⅛″2.343 m
alto7′ 5 ¾″2.280 m7′ 5 ¾″2.280 m8′ 5″2.560 m8′ 5 49/64″2.585 m
volume1.169 pés³33.1 m³2.385 pés³67.5 m³2.660 pés³75.3 m³3.040 pés³86.1 m³
máxima
masa bruta
66.139 lb30.400 kg66.139 lb30.400 kg68.008 lb30.848 kg66.139 lb30.400 kg
peso en baleiro4.850 lb2.200 kg8.380 lb3.800 kg8.598 lb3.900 kg10.580 lb4.800 kg
carga neta61.289 lb28.200 kg57.759 lb26.600 kg58.598 lb26.580 kg55.559 lb25.600 kg
Contedores no Porto de Singapur, un dos maiores do mundo.

Notas

🔥 Top keywords: