Coroa eslovaca

moeda oficial de Eslovaquia entre 1993 e 2008
Coroa eslovaca †
Slovenská koruna en eslovaco
Código:SKK
Ámbito:Eslovaquia Eslovaquia
Símbolo:Sk
Fracción:100 halierov (h)
Moedas:50 h1, 2, 5 e 10 Sk
Billetes:20, 50, 100, 200, 500, 1000 e 5000 Sk
Emisor:Národná banka Slovenska
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 30,1260 SKK
Oficial até o 08-07-2008

A coroa eslovaca (en eslovaco: Slovenská koruna) foi a moeda oficial de Eslovaquia dende o 8 de febreiro de 1993 ata o 31 de decembro do 2008, cando Eslovaquia adoptou o Euro como moeda oficial. O seu código ISO 4217 era SKK e a súa abreviatura era Sk. Unha coroa eslovaca dividíase en 100 halierov (abreviado simplemente como h).

Historia

A primeira coroa, coñecida como coroa eslovaca da segunda guerra mundial, estableceuse en 1939 en substitución da coroa checoslovaca (introducida en 1919 para substituír a coroa austro-húngara) ata o final da Guerra, xa que o 1 de novembro de 1945 foi substituída novamente pola coroa checoslovaca.

A segunda coroa foi introducida o 8 de febreiro de 1993 coa independencia eslovaca a raíz da disolución de Checoslovaquia e, polo tanto, da desaparición da coroa checoslovaca.

A coroa entrou no ERM II, o mecanismo de troco da Unión Europea, o 28 de novembro do 2005 e fixouse a razón de 35,4424 SKK por EUR ata o 8 de xullo do 2008, cando o Consello de Asuntos Económicos (ECOFIN) fixou o tipo de troco final con respecto ao Euro a razón de 30,1260 SKK por EUR, e dando oficial a adopción do Euro o 1 de xaneiro do 2009.

O 1 de xaneiro do 2009 deixou de ser a moeda oficial de Eslovaquia dando paso a Euro como nova moeda.

Moedas

Moeda de 5 coroas eslovacas de 1939.
Para máis información véxase: Moedas da coroa eslovaca (1939-45).

En 1939 introducíronse moedas de 10 halierov, e 5 e 20 coroas, ademais das denominacións de 20 e 50 halierov e 1 coroa en 1940. As moedas de 10 e 20 halierov eran de bronce, as de 50 h e 1 Sk de cuproníquel, as de 5 Sk de níquel e a de 20 coroas de prata. En 1942, introducíronse moedas de 5 halierov de cinc e se empregou aluminio para cuñar as denominacións de 20 h. En 1943 substituíuse o cinc polo aluminio nas de 50 h e engadíronse as denominacións de 10 e 50 coroas de prata en 1944.

Comparando as emisións anteriores á Guerra, a coroa eslovaca contaba cunha moeda de 50 coroas nova, e o contido de prata nas de 10 e 20 Sk reduciuse das 700 milésimas ás 500, ao mesmo tempo que reduciron o seu tamaño. Os seus deseñadores foron Anton Hám, Andrej Peter, Gejza Angyal, Ladislav Majerský e František Štefunko. Todas se cuñaron na Ceca de Kremnica.

En 1993, trala disolución de Checoslovaquia, Eslovaquia introduciu a súa propia moeda, substituíndo a coroa checoslovaca cunha taxa de troco de 1:1. Cuñáronse moedas de 10, 20 e 50 h de aluminio, e 1, 2, 5 e 10 coroas. Debido á inflación as moedas de 10 e 20 h deixaron de circular en 1995, e se introduciu un novo tipo de 50 h de cobre.

As moedas que circularon ata o 31 de decembro do 2008 foron as seguintes:

DenominaciónMetalDiámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
CantoAnversoReverso
50 halierovAl22,001,20EstriadoEscudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe50 h - Castelo de Devín
50 halierovCu+Zn18,752,80EstriadoEscudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe50 h - Castelo de Devín
1 CoroaCu+Ni+Zn21,003,85EstriadoEscudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe1 Sk - Virxe de Kremnica
2 CoroasCu+Ni22,504,40LisoEscudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe2 Sk - Venus neolítica de Nitriansky Hradok
5 CoroasCu+Ni24,755,40EstriadoEscudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe5 Sk - Tetradracma celta
10 CoroasCu+Ni+Zn26,506,60LisoEscudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe10 Sk - Crucifixo de Velka Maca

Billetes

En 1939 imprimiuse nos billetes de 100, 500 e 1.000 coroas a lenda SLOVENSKÝ ŠTÁT para empregarse en territorio eslovaco. Durante ese mesmo ano tamén se introduciron as denominacións de 10 e 20 coroas.

En 1993 os billetes de Checoslovaquia levaban un selo pegado coas armas de Eslovaquia e a denominación. Máis tarde se introduciron as novas series de billetes en denominacións de 20, 50, 100, 500 e 1.000 coroas. En 1994 engadiuse o billete de 5.000 Sk e en 1995 o de 200 Sk.

Os billetes que circularon ata o 31 de decembro do 2008 foron as seguintes:


DenominaciónCor predominanteDimensiónsAnversoReverso
20 CoroasVerde128 x 65 mm20 - DVADSAŤ SLOVENSKÝCH KORÚN - Príncipe Privina de Nitra - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA20 - Castelo de Nitra - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA
50 CoroasAzul134 x 68 mm50 - PÄŤDESIAT SLOVENSKÝCH KORÚN - Misioneiros San Cirilo e San Metodio - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA50 - Mans coa palabra Hlaholika - Igrexa de Drazovce - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA
100 CoroasLaranxa140 x 71 mm100 - STO SLOVENSKÝCH KORÚN - Virxe do altar da igrexa de San Xacobe en Levoča - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA100 - Concello e igrexa de Levoča - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA
200 CoroasGris146 x 74 mm200 - DVESTO SLOVENSKÝCH KORÚN - Anton Bernolák - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA200 - Cidade de Trnava no século XVIII - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA
500 CoroasMarrón152 x 77 mm500 - PÄŤSTO SLOVENSKÝCH KORÚN - Ľudovít Štúr - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA500 - Castelo de Bratislava - Torre gótica da igrexa de Klarisky - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA
1.000 CoroasVioleta158 x 80 mm1000 - TISÍC SLOVENSKÝCH KORÚN - Andrej Hlinka - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA1000 - Fresco dunha virxe atopado na igrexa de Sliace - Igrexa de Santo Andrés en Ruzomberok - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA
5.000 CoroasLaranxa164 x 82 mm5000 - PÄŤTISÍC SLOVENSKÝCH KORÚN - Milan Rastislav Štefánik - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA5000 - Monumento a Štefánik no outeiro de Bradlo - Constelación da Osa Maior - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


🔥 Top keywords: