ISO 4217

A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar, franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.

As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.

Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS), e para indicar transaccións non monetarias (XXX). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.

Códigos

CódigoMoedaTerritorios que empregan a moeda
AEDDirham Emiratos Árabes Unidos
AFNAfgani Afganistán
ALLLek Albania
AMDDram Armenia
ANGFlorín das Antillas Neerlandesas Antillas Neerlandesas
AOAKwanza Angola
ARSPeso arxentino Arxentina
AUDDólar australiano Australia, Illa de Nadal, Illas Cocos, Kiribati, Nauru, Tuvalu
AWGFlorín arubeño Aruba
AZMManat acerbaixano Acerbaixán
BAMMarco convertible Bosnia e Hercegovina
BBDDólar de Barbados Barbados
BDTTaka Bangladesh
BGNLev Bulgaria
BHDDinar bahreiní Bahrain
BIFFranco burundiano Burundi
BMDDólar das Bermudas Bermudas
BNDDólar de Brunei Brunei
BOBBoliviano Bolivia
BOVMvdol boliviano (código de fondos) Bolivia
BRLReal brasileiro Brasil
BSDDólar bahamés Bahamas
BTNNgultrum Bután
BWPPula Botswana
BYRRublo belaruso Belarús
BZDDólar de Belize Belize
CADDólar canadense Canadá
CDFFranco congolés República do Congo
CHFFranco suízo Suíza, Liechtenstein
CLFUnidades de fomento chilenas (código de fondos) Chile
CLPPeso chileno Chile
CNYYuan Renminbi China, Cimbabue
COPPeso colombiano Colombia
COUUnidade de valor real colombiana (engadida ao COP) Colombia
CRCColón costarriqueño Costa Rica
CUPPeso cubano Cuba
CVEEscudo caboverdiano Cabo Verde
CZKCoroa checa República Checa
DJFFranco djibutiano Djibuti
DKKCoroa dinamarquesa Dinamarca, Illas Feroe, Groenlandia
DOPPeso dominicano República Dominicana
DZDDinar alxeriano Alxeria
EGPLibra exipcia Exipto
ERNNakfa Eritrea
ETBBirr Etiopía
EUREuro Unión Europea ( Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Portugal),

Andorra, Guadalupe, Kosovo, Martinica, Mónaco, Montenegro, San Marino, Cidade do Vaticano

FJDDólar fixiano Fidxi
FKPLibra malvinense Illas Malvinas
GBPLibra esterlina Reino Unido, Illa de Man, Illa de Jersey, Guernsey, Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
GELLari Xeorxia
GHCCedi Ghana
GIPLibra de Xibraltar Xibraltar
GMDDalasi Gambia
GNFFranco guineano Guinea
GTQQuetzal Guatemala
GYDDólar güianés Güiana
HKDDólar de Hong Kong Hong Kong
HNLLempira Honduras
HTGGourde Haití
HUFForint Hungría
IDRRupiah Indonesia
ILSNovo shekel Israel, Palestina
INRRupia india India
IQDDinar iraquí Iraq
IRRRial iraniano Irán
ISKKróna Islandia
JMDDólar xamaicano Xamaica
JODDinar xordano Xordania
JPYIen Xapón
KESXilin kenyano Kenya
KGSSom Kirguizistán
KHRRiel camboxano Camboxa
KMFFranco comoriano Comores
KPWWon norcoreano Corea do Norte
KRWWon surcoreano Corea do Sur
KWDDinar kuwaití Kuwait
KYDDólar caimano Illas Caimán
KZTTenge Casaquistán
LAKKip Laos
LBPLibra libanesa Líbano
LKRRupia de Sri Lanka Sri Lanka
LRDDólar liberiano Liberia
LSLLoti Lesoto
LYDDinar libio Libia
MADDirham Marrocos
MDLLeu moldovo Moldavia
MGAAriary Madagascar
MKDDenar Macedonia do Norte
MMKKyat Myanmar
MNTTugrik Mongolia
MOPPataca Macau
MROOuguiya Mauritania
MURRupia mauricia Mauricio
MVRRufiyaa Maldivas
MWKKwacha de Malaui Malaui
MXNPeso mexicano México
MXVUnidade de Investimento (UDI) mexicana (código de fondos) México
MYRRinggit Malaisia
MZMMetical Mozambique
NADDólar namibio Namibia
NGNNaira Nixeria
NIOCórdoba Nicaragua
NOKCoroa norueguesa Noruega
NPRRupia nepalesa Nepal
NZDDólar neozelandés Nova Zelandia
OMRRial omaní Omán
PABBalboa Panamá
PENNuevo sol Perú
PGKKina Papúa Nova Guinea
PHPPeso filipino Filipinas
PKRRupia paquistaní Paquistán
PLNzloty Polonia
PYGGuaraní Paraguai
QARRial qatarí Qatar
RONLeu Romanía
RSDDinar serbio Serbia
RUBRublo ruso Rusia, Abkhazia, Osetia do Sur
RWFFranco ruandés Ruanda
SARRiyal Arabia Saudita
SBDDólar das Illas Salomón Illas Salomón
SCRRupia de Seicheles Seychelles
SDDDinar sudanés Sudán
SEKCoroa sueca Suecia
SGDDólar de Singapur Singapur
SHPLibra de Santa Helena Santa Helena
SLLLeone Serra Leoa
SOSXilin somalí Somalia
SRDDólar surinamés Suriname
STDDobra San Tomé e Príncipe
SYPLibra siria Siria
SZLLilangeni Eswatini
THBBaht Tailandia
TJSSomoni Taxiquistán
TMMManat turcomán Turkmenistán
TNDDinar tunisiano Tunisia
TOPPa'anga Tonga
TRYNueva lira turca Turquía, República Turca do Norte de Chipre
TTDDólar de Trindad e Tobago Trinidad e Tobago
TWDDólar taiwanés Taiwán
TZSxilin tanzano Tanzania
UAHHryvnia Ucraína
UGXxilin ugandés Uganda
USDDólar estadounidense Estados Unidos, Samoa Americana, Barbados, Bermudas, Illas Virxes Británicas, Antillas Neerlandesas, Ecuador, O Salvador, Guam, Haití, Illas Marshall, Micronesia, Illas Marianas do Norte, Palau, Panamá, Porto Rico, Timor Leste, Turks e Caicos, Illas Virxes Estadounidenses, Illas Virxes Británicas, Cimbabue
USNDólar estadounidense (Seguinte día, código de fondos) Estados Unidos
USSDólar estadounidense (Mesmo día, código de fondos) Estados Unidos
UYUPeso uruguaio Uruguai
UZSSom uzbeko Uzbekistán
VEBBolívar Venezuela
VEFBolívar Forte Venezuela
VNDDong Vietnam
VUVVatu Vanuatu
WSTTala Samoa
XAFFranco CFA BEAC Camerún, República Centroafricana, República do Congo, Chad, Guinea Ecuatorial, Gabón
XAGOnza de prata
XAUOnza de ouro
XBAUnidade Composta Europea (EURCO)
XBBUnidade Monetaria Europea (E.M.U.-6)
XBCUnidade Europea de Conta 9 (E.U.A.-9)
XBDUnidade Europea de conta 17 (E.U.A.-17)
XCDDólar do Caribe Oriental Anguila, Antiga e Barbuda, Dominica, Granada, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas
XDRDereitos Especiais de XiroFondo Monetario Internacional
XFOFranco de ouro
XFUFranco UICUnión Internacional do Ferrocarril
XOFFranco CFA BCEAO Benín, Burkina Faso, Costa do Marfil , Guinea-Bissau, Malí, Níxer, Senegal, Togo
XPDOnza de paladio
XPFFranco CFP Polinesia Francesa, Nova Caledonia, Wallis e Futuna
XPTOnza de platino
XTSReservado para probas
XUAUnidade de Conta ABDBanco Africano de Desenvolvemento
XXXSen divisa
YERRial iemení Iemen
ZARRand surafricano Suráfrica
ZMWKwacha zambiano Zambia
ZWLDólar cimbabuense Cimbabue

Códigos obsoletos

CódigoMoedaPeríodoObservacións
ADFFranco andorranoSubstituído polo euro
ADPPeseta andorranaSubstituída polo euro
AFAAfganisubstituído por AFN
AONKwanza angolanosubstituído por AOA
AORKwanza angolano reaxustadosubstituído por AOA
ARAAustral arxentino1985-1991substituído por ARS
ARCPeso moeda corrente arxentino1826-1881substituído por ARM
ARFPeso forte arxentino1826-1881substituído por ARM
ARGPeso ouro selado arxentino1881-1929substituído por ARM
ARLPeso lei arxentino1970-1983substituído por ARP
ARMPeso moeda nacional arxentino1881-1969substituído por ARL
ARPPeso arxentino1983-1985substituído por ARA
ATSXilin austríacosubstituído polo euro
BECFranco belgaconvertible
BEFFranco belgasubstituído polo euro
BELFranco belgafinanceiro
BGLLev búlgaroantes do 5 de xullo de 1999
CSKCoroa checoslovaca
CLEEscudo chileno1960-1975substituído por CLP
CYPLibra chipriotasubstituída polo euro
DDMMarco da RDAAlemaña do Leste
DEMMarco alemánsubstituído polo euro
ECSSucre ecuatorianosubstituído por USD
ECVUnidade de Valor Constante ecuatorianainterrompido
EEKCoroa estonianasubstituída polo euro
EHPPeseta saharauímoeda oficial da RASD, non é divisa recoñecida
ESAPeseta españolaconta A
ESBPeseta españolaconta B
ESPPeseta españolasubstituída polo euro
FIMMarco finlandéssubstituído polo euro
FRFFranco francéssubstituído polo euro
GRDDracma gregosubstituído polo euro
HRKKuna croatasubstituída polo euro
IEPLibra irlandesasubstituída polo euro
ITLLira italianasubstituída polo euro
LUFFranco luxemburguéssubstituído polo euro
LTLLitas (Lituania)substituído polo euro
LVLLats (Letonia)substituído polo euro
MTLLira maltesasubstituída polo euro
MXPPeso mexicanosubstituído por MXN
NLGFlorín holandéssubstituído polo euro
PLZZloty polacoSubstituído por PLN
PTEEscudo portuguéssubstituído polo euro
RURRublo rusoSubstituído por RUB
SITTólar eslovenosubstituído polo euro
SKKCoroa eslovacasubstituída polo euro
SMLLira sanmarinesasubstituída polo euro
SRGGuilder surinaméssubstituído por SRD
SURRublo soviético
TRLLira turcasubstituída por TRY
VATLira vaticanasubstituída por EUR
XEUUnidade de Divisa Europeasubstituída por EUR
YUDNovo dinar iugoslavosubstituído por CSD
YUMDinar iugoslavosubstituído por CSD
ZALRand surafricanointerrompido
ZRNNovo zairesubstituído por CDF
ZRZZairesubstituído por ZRN, e máis tarde por CDF)
ZWDDólar cimbabuensesubstituído por ZWN
ZWNDólar cimbabuensesubstituído por ZWR
ZWRDólar cimbabuensesubstituído por ZWL
🔥 Top keywords: