Década de 240

Primeiro milenio
Século III
230
 
240
 
250
240  · 241  · 242  · 243  · 244
245  · 246  · 247  · 248  · 249


240

Artigo principal: 240.
  • Sri-Gupta devén emperador dos Gupta, na India (até 280).
  • Inicia o seu goberno Kashishka, soberano do Imperio Kushan, no noroeste da India (até 250), como sucesor de Canesces II.
  • O monarca persa Ardashir I asocia a seu fillo Sapor ao goberno do Imperio sasánida.
    • Ardashir e Sapor, á fronte das súas tropas destrúen a cidade de Hatra (hoxe Al-Hadr), en Mesopotamia.

241

Artigo principal: 241.

242

Artigo principal: 242.

Asia

  • Inicio do goberno de Timinyi, soberano de Bagran, Birmania (até 299).

Oriente Próximo

Europa

  • O futuro emperador Aureliano vence sobre os sármatas en Illyricum con apenas unha cohorte de 300 homes. O feito válelle o nomeamento de tribuno lexionario.

243

Artigo principal: 243.

244

Artigo principal: 244.

Por lugar

Imperio romano

  • Batalla de Misiche: O rei Shapur I lanza un contraataque cerca de Faluya (Iraq) e derrota ao exército romano augas arriba do río Éufrates.
  • 11 de febreiro: o emperador Gordiano III es asasinado por soldados amotinados en Zaitha (Mesopotamia). Un montículo se eleva en Carchemish na súa memoria.
  • Filipo o Árabe se declara a si mesmo coemperador e fai unha paz vergoñosa cos persas. Evacúase Siria e dálle a Sapor I 500 000 pezas de ouro.
  • Filipo o Árabe constrúe a cidade de Shahba (Siria), a provincia do seu nacemento. Os persas ocupan Armenia.
  • Filipo o Árabe é recoñecido polo Senado Romano como novo emperador e lle da ao seu irmán Prisco o poder supremo (rector Orientis) nas provincias orientais.
  • Filipo I é proclamado Augusto e se designa ao seu fillo Filipo, de 6 anos, co título de César e herdeiro ao trono.
  • O contido de prata do denario romano cae a 0,5% en tempo do emperador Filipo I, fronte ao 28% en tempo de Gordiano III.

245

Artigo principal: 245.

246

Artigo principal: 246.

247

Artigo principal: 247.

248

Artigo principal: 248.
  • 21 de marzo - O emperador Filipo o Árabe celebra o milenario da fundación de Roma (-753) cos ludi saeculares.
  • O prefecto e senador romano, Decio, reprime os levantamentos de Pacaciano nos Balcáns e de Iotapiano en Siria.
  • Estalan graves disturbios anti-cristiáns en Alexandría, Exipto, con asasinatos e pillaxes dos bens dos fieis da Igrexa cristiá.

Arte e cultura

  • O apoloxista cristián Oríxenes dá a coñecer a súa obra "Contra Celso", nas que tenta refutar as ideas do mesmo contra o cristianismo, nunha obra da época de Marco Aurelio.

249

Artigo principal: 249.


🔥 Top keywords: