Século III

século

século II < século III > século IV

Período de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Hemisferio Oriental a principios do século III d.C.

Galiza

Europa

Oriente

Asia

  • O reino de Funan alcanza o seu cénit.
  • Siddhartha no Palacio, detalle dun relevo de Nagarjunakonda, Andhra Pradesh, India. Agora consérvase no Museo Nacional de Nova Deli.
  • 220: a dinastía Han chega ao fin co establecemento dos Tres Reinos na antiga China.
  • 220-280: o período dos Tres Reinos.
  • 234: Zhuge Liang morre de enfermidade nun enfrontamento das chairas de Wuzhang.
  • 244: batalla de Xingshi na China.
  • 263: Cao Wei conquist
  • 266: a dinastía Jin fúndase despois do derrocamento da dinastía Cao Wei por Sima Yan ao Reino Shu Han.
  • 280: a dinastía Jin reúne a China baixo un só imperio despois da conquista de Wu Oriental.
  • 291-306: a Guerra dos Oito Príncipes, unha guerra civil do clan Sima na China.
  • 300-538: era Kofun, a primeira parte do período Kofun no Xapón.

Personaxes destacadas

O mundo no ano 250 d.C.
  • Alexandre Severo (208-235): emperador romano, último emperador da dinastía Severan.
  • Ardashir I (- 240): rei de Persia e fundador do Imperio Sasánida.
  • Artabano IV (163-224): último rei de Partia.
  • Aureliano (214/215-275): emperador romano, unificou de novo o imperio baixo o seu dominio.
  • Cao Cao (155-220): político chinés da dinastía Han.
  • Caracalla (188-217): emperador romano, creou a Constitutio Antoniana.
  • Claudio II (213-270): emperador romano, coñecido como Claudio II "o gótico".
  • Cniva (197-257): rei dos godos que derrotou ao emperador Decio e ao seu fillo Herenio etrusco na batalla de Abritus en 251.
  • Decio (c. 201-251): emperador romano, famoso polas súas campañas contra os cristiáns e por ser o primeiro emperador en morrer na batalla.
  • Diocleciano (244-311): emperador romano, creador da tetrarquía.
  • Filipo o Árabe (ca. 204-249): emperador romano.
  • Galieno (c. 218-268): emperador romano.
  • Gordiano III (225-244): emperador romano.
  • Heliogábalo (c. 203-222): emperador romano.
  • Julia Domna (170-217): emperatriz romana, esposa de Septimio Severo e matriarca da dinastía Severan.
  • Liu Bei (161-223): emperador Shu durante o período dos Tres Reinos.
  • Maximiano (285/286-305): emperador romano, colega de Diocleciano no goberno do imperio.
  • Maximino Tracio (173-238): primeiro emperador que non é de orixe romana.
  • Póstumo (m. 269): primeiro emperador do Imperio Galo.
  • Probo (232-282): emperador romano.
  • Shapur I (215-272): rei de Persia.
  • Septimio Severo (146-211): emperador romano, fundador da dinastía Severan.
  • Tétrico (n. século II-f. século III): último emperador do Imperio Galo.
  • Valeriano (c. 200-c. 260): Emperador romano, primeiro emperador capturado na batalla.
  • Zenobia (245-274): primeira e única raíña do Imperio Palmireno.

Literatura e filosofía

Ciencia

Relixión

  • Ario (256-336): predicador cristián, cuxas premisas foron a base do arrianismo.
  • Icía de Roma (m. 230): santa romana.
  • Cibrán de Cartago (ca. 200-258): bispo de Cartago, santo e mártir.
  • Mani (215-276): relixioso iraniano, fundador da corrente filosófica coñecida como maniqueísmo.
  • Oríxenes (185-254): predicador cristián.

Invencións, creacións e descubrimentos

  • Realízanse Menorahs e Arca da Alianza, pintura mural nunha catacumba xudía, Villa Torlonia (Roma).
  • Principios do século III: o enterramento en catacumbas faise habitual.
  • Faise o mosaico de Magerius. Agora consérvase no Museo Arqueolóxico de Sousse, Tunisia.
  • Sarnath convértese nun centro de artes budistas na India.
  • Comeza a difusión do millo como cultivo alimentario desde México a América do Norte.
  • Finais do século III - principios do século IV: Realízase o Bo Pastor, Orantes e Historia de Jonás, teito pintado das catacumbas de Marcelino e Pedro en Roma.

 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: