Día Internacional da Lembranza do Holocausto

O Día de Conmemoración Anual en Memoria das Vítimas do Holocausto (oficialmente, no Parlamento Galego [1]), Día Internacional da Lembranza do Holocausto [2][3] ou Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto [4][5] é un día internacional de lembranza das vítimas do Holocausto, o xenocidio cometido polos nazis e os seus seguidores que se cobrou a vida de millóns de xudeus, xitanos, Polacos, homosexuais, persoas con discapacidade, comunistas e outros durante a segunda guerra mundial.

Holocausto
Elementos preliminares
Política racial · Euxenesia

Leis de Núremberg · Eutanasia Forzada · Campos de concentración · (lista)

Os xudeus durante a segunda guerra mundial
Os xudeus na Alemaña nazi

Pogromos:A noite dos cristais rotos · Pogrom de Bucarest · Pogrom de Dorohoi · Pogrom de Iaşi · Masacre de Jedwabne · Pogrom de Kaunas · Pogrom de Lviv

Guetos: de Budapest · de Cracovia · de Kaunas · de Łódź · de Lviv · Campo de Theresienstadt · gueto de Varsovia · gueto de Vilnius

Einsatzgruppen:Babi Yar · Rumbula · Ponary · Holocausto en Odesa

Solución final:Conferencia de Wannsee · Operación Reinhard

Campos de extermínio nazis:Auschwitz · Birkenau · Belzec · Chelmno · Majdanek · Treblinka · Sobibor

Resistencia:Xudeus partisanos · Levantes nos guetos xudeus (Varsovia)

Fin da Segunda Guerra Mundial:Marchas da morte · Berihah · Sh'erit ha-Pletah

Outras vítimas

Generalplan Ost · Polacos · Republicanos e socialistas · Porraimos · Homosexuais

Responsables

Alemaña Nazi:Hitler · Eichmann · Heydrich · Himmler · SS · Gestapo · SAColaboracionismo

Secuelas· Xuízos de Núremberg · Desnazificación

Listas
Sobreviventes · Vítimas · Rascatadores

Designación da ONU

Foi designado o 27 de xaneiro, mediante a resolución 60/7 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas do 1 de novembro de 2005, durante o 42º pleno desta organización.[6]

A resolución chegou despois da sesión extraordinaria celebrada o 24 de xaneiro de 2005, na que a Asemblea Xeral conmemorou o 60 aniversario da liberación dos campos de concentración e o fin do Holocausto. O 27 de xaneiro é a data de 1945 que marca a liberación do maior campo de exterminio nazi, Auschwitz-Birkenau, polas tropas soviéticas.[7]

Resolucións previas e outros días de lembranza

Antes da resolución 60/7, houbo varios días nacionais de conmemoración, como o Día da Memoria das Vítimas do Nacionalsocialismo en Alemaña, creado a través dun decreto do presidente Roman Herzog o 3 de xaneiro de 1996 e o do Holocausto do Reino Unido, celebrado desde 2001 no 27 de xaneiro. O Día da Memoria do Holocausto tamén é unha data celebrada a nivel nacional en Italia.[8]

En Galiza

Desde a resolución da ONU en 2005, o Parlamento Galego conmemora a través dunha declaración institucional o Día Internacional da Lembranza do Holocausto, no que condena o Holocausto e a súa orixe no intento de eliminación da disidencia política e ideolóxica que derivou nun xenocidio que contou coa colaboración da ditadura franquista e que perseguiu miles de homes e mulleres que fuxiron do Estado español despois da derrota da República en 1939 e tras a instauración dun réxime fascista. Desde entón, o Parlamento condeou por unanimidade (estando representados nas distintas lexislaturas os partidos do Partido Popular de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia e En Marea-Galicia en Común), a deportación de máis de 10.000 republicanos españois coa colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano. Segundo algunhas fontes historiográficas, preto de 200 deles eran orixinarios de Galiza e morreron alí ou foron liberados pero nunca puideron regresar porque a ditadura franquista, que lles retirara previamente a nacionalidade, lles negou o dereito a regresaren ao seu país de orixe.[9]

O día tamén é conmemorado por outras institución como concellos, en particular os de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia,[10] cidades membro da Rede de Xuderías de España [11] e institucións educativas como colexios e institutos.[12]

Un sobrevivente do Holocausto mostra a marca no brazo da tatuaxe do campo de concentración

Notas

Véxase tamén

🔥 Top keywords: