Xuízos de Núremberg

xuízos contra algunhas das principais figuras da Alemaña nazi

Os Xuízos ou Procesos de Núremberg son os nomes que recibiron os xuízos levados a cabo polos aliados contra algunhas das principais figuras do réxime nazi, trala fin da segunda guerra mundial. De forma paralela, leváronse a cabo os Xuízos de Toquio para condenar aos criminais de guerra nipóns. Os xuízos realizáronse entre o 20 de novembro de 1945 a 1949 na cidade alemá de Nuremberg. Foron condenados principalmente por crimes en contra da paz, crimes de guerra e crimes en contra da humanidade.

Xuíces do Tribunal Militar Internacional durante o proceso

As probas que se realizaron ás principais figuras do réxime nazi durante estes xuízos estiveron baseadas no método intrapsíquico (postulado por Sigmund Freud).

A lexitimidade

Aínda que a lexitimidade do Tribunal estivo en interdito nun primeiro momento, ó non existir precedentes similares en toda a historia do Dereito, os traballos realizados para a tipificación dos delitos, tamén até entón inauditos na súa magnitude, e os procedementos para o desenvolvemento da causa servirían en adiante para o desenvolvemento da xustiza internacional.

Deste xeito concretáronse conceptos sobre delitos anteriormente ausentes ou vagamente definidos, como o de crime contra a humanidade, evocado na Convención de La Haya de 1907. Tamén resultou modificado o enfoque tradicional das regras do dereito internacional que se centraban nas relacións entre Estados, pero non nos dereitos e deberes das persoas individuais. Dende entón, os delitos cometidos por individuos dunha nación ó longo e ancho de varios países, poderían ser xulgados internacionalmente polo conxunto dos países afectados, como foi precisamente na formación da corte de xustiza de Núremberg.

Os delitos

Cinco foron os delitos imputados ós acusados:

  1. Crimes contra a paz e crimes de guerra baseándose na existencia dunha premeditación para alterar a paz e na existencia de asasinatos, torturas, violacións contrarias ás Leis da Guerra.
  2. Crimes contra a humanidade cando se trataba do exterminio e morte en masa.
  3. Xenocidio cando se trataba da mesma morte en masa pero de grupos étnicos determinados.
  4. Complot de guerra entendido como proceso para atentar contra a seguridade interior dun Estado soberano.

Os acusados

Acusados. Diante, de arriba a abaixo: Hermann Göring, Rudolf Hess, Joachim von Ribbentrop, Wilhelm Keitel. Detrás, de arriba a abaixo: Karl Doenitz, Erich Raeder, Baldur von Schirach e Fritz Sauckel.

De 4.850 peticións de procesamentos individuais, foron acusadas 611 persoas. Ós grupos catalogóuselles entre organizacións non criminais, onde se atopaba a estrutura do Estado (Goberno e Exército) e as criminais, que foron todas aquelas estruturas paralelas do poder nazi como a Gestapo, as SS e o Partido Nazi. Os máis destacados foron: Karl Dönitz, grande almirante da Frota Alemá e sucesor de Adolf Hitler tralo seu suicidio; Rudolf Hess, xeneral das SS e lugartenente de Hitler, fuxido a Gran Bretaña e capturado en 1941; Hermann Göring, xefe das SS e presidente do Reichstag; Alfred Jodl, xefe do Estado Maior da Wehrmacht; Wilhelm Keitel, xefe do Alto Mando de Wehrmacht; Alfred Rosenberg, ideólogo do Partido Nazi; Joachim von Ribbentrop, ministro de Asuntos Exteriores; Albert Speer, arquitecto e ministro de Armamentos; Franz von Papen, embaixador nazi en Austria e Turquía.

Entre quen morreran ou fuxiran denantes de seren xulgados atopábanse o propio Adolf Hitler, Joseph Goebbels, Ministro de Propaganda que se suicidou ó igual que Heinrich Himmler, xefe da Gestapo e ideólogo do exterminio xudeu; e os fuxidos Adolf Eichmann, alto dirixente do Partido Nazi e encargado da loxística do exterminio, e Martin Bormann, secretario persoal de Hitler dende 1942.

Os xuízos

Propiamente existe un xuízo levado a cabo polo Tribunal Penal Militar Internacional, instituído por medio da Carta de Londres, en 1945. Existiron ademais unha serie de xuízos levados a cabo con posterioridade ó principal, onde se xulgaron ós funcionarios menores do Estado, Exército, doutores e industriais alemáns.

A lista dos xuízos é a seguinte:

  1. O xuízo dos doutores, seguido contra 24 médicos que practicaron macabras investigacións en humanos nos campos de concentración. O máis famoso deles, o anxo da morte Josef Mengele, logrou fuxir.
  2. O xuízo contra Erhard Milch, mariscal de campo alemán, acusado de graves crimes en campos de concentración.
  3. O xuízo dos xuíces, seguidos contra 16 avogados e xuíces que estableceron o aparello xurídico nacionalsocialista.
  4. O xuízo de Pohl, seguido contra a oficina Endlösung, encargada administrativa dos campos de concentración e exterminio. O seu xefe era Oswald Pohl.
  5. O xuízo de Flick, seguido contra o industrial alemán Friedrich Flick, pola utilización de traballo escravo e crimes contra a humanidade.
  6. O xuízo á IG Farben empresa química industrial alemá, que ó igual que Flick e Krupp, utilizou o traballo escravo.
  7. O Caso austral ou Xuízo dos reféns, no cal se perseguiu a responsabilidade do alto mando alemán polos masacres e graves violacións ás Leis da Guerra durante a Campaña dos Balcáns.
  8. O xuízo RuSHA seguido contra os promotores da idea de pureza racial e do programa Lebensborn.
  9. O macabro xuízo aos Einsatzgruppen, seguido contra as brigadas da morte das SS que practicaban o exterminio local dos xudeus por medio dos Einsatzgruppen.
  10. O xuízo de Krupp, seguido contra os dirixentes do famoso grupo industrial, pola súa participación na preparación da guerra e a utilización de traballo escravo durante a mesma.
  11. O xuízo dos Ministerios, seguido contra os dirixentes do Estado Nazi pola súa participación en atrocidades cometidas tanto dentro de Alemaña como nos territorios ocupados.
  12. O xuízo do Alto Mando, seguido contra os xenerais do Exército, Armada e Forza Aérea alemá, pola comisión de graves e terríbeis atrocidades durante a guerra.

O xuízo principal

O xuízo principal contra as principais figuras do Estado e Exército Nazi levouse a cabo no Palacio de Xustiza de Núremberg.

Xuíces e Fiscal

O Tribunal estivo composto por un xuíz titular de cada un dos principais países aliados e o seu respectivo suplente. Estes foron:

O fiscal xefe da Corte foi o xuíz norteamericano Robert H. Jackson, coa axuda dos fiscais Hartley Shawcross do Reino Unido, o Xeneral Rudenko pola URSS, e François de Menthon e Auguste Cahmpetier de Francia.

Lectura das sentenzas do Tribunal Militar Internacional dos Xuízo de Núrenberg.

Acusados e penas

Durante o xuízo principal a Fiscalía do Tribunal presentou acusación en contra de 24 líderes nazis. De todos eles só Albert Speer, Hans Frank e Baldur von Schirach expresaron o seu remordemento polos crimes cometidos. En resumo o tribunal ditou 11 condenas a morte, 3 condenas a presidio perpetuo, 2 a vinte anos, unha a 15 e outra a 10 anos. O dono das fábricas Krupp foi declarado incapaz de soportar un xuízo. Hans Fritzsche, Franz von Papen e Hjalmar Schacht foron absoltos dos seus cargos.

NomeCargoCondena
Martin BormannSucesor de Hess como secretario do Partido NaziMorte -en ausencia-
Almirante Karl DönitzSucesor de Hitler e comandante da Armada Alemá10 anos
Hans FrankGobernador xeral de PoloniaMorte
Wilhelm FrickMinistro do Interior, autorizou as Leis Raciais de NurembergMorte
Hans FritzscheAxudante de Goebbels no Ministerio de PropagandaAbsolto
Walter FunkMinistro de EconomíaPrisión perpetua
Xeneral Hermann GöringComandante da LuftwaffeMorte
Rudolf HessAxudante de HitlerPrisión perpetua
Xeneral Alfred JodlComandante do Exército do LesteMorte
S.S. Ernst KaltenbrunnerComandante dos campos de exterminio e dos EinsatzgruppenMorte
Xeneral Wilhelm KeitelComandante do Exército AlemánMorte
Gustav KruppIndustrial que se beneficiou do traballo escravoSen condena
Robert LeyXefe do Corpo Alemán do TraballoSen condena
Konstantin von NeurathProtector de Bohemia e Moravia15 anos
Franz von PapenMinistro e viceministro de Relacións ExterioresAbsolto
Almirante Erich RaederComandante en xefe da Armada AlemáPrisión perpetua
Joachim von RibbentropMinistro de Relacións ExterioresMorte
Alfred RosenbergIdeólogo do racismo e Protector dos Territorios OrientaisMorte
Fritz SauckelDirector do programa de traballo escravoMorte
Hjalmar SchachtEx director do ReichsbankAbsolto
Baldur von SchirachLíder das Xuventudes Hitlerianas20 anos
Arthur Seyss-InquartLíder da anexión de Austria e xefe dos Países Baixos durante a ocupación militarMorte
Albert SpeerLíder nazi e ministro de Armamento20 anos
Julius StreicherXefe do periódico antisemita Der StürmerMorte

Cumprimento das penas

Os condenados a morte foron executados o 17 de outubro de 1946, por vía de aforcamento. Hermann Göring suicidouse na véspera cunha cápsula de cianuro, e Robert Ley o 25 de outubro de 1945, antes do veredicto. Despois do seu aforcamento, os restos foron cremados e as cinzas desperdigadas no río Isar.

Martin Bormann foi xulgado e condenado en ausencia, pese a que con posterioridade se soubo que morreu durante a caída de Berlín, o 2 de maio de 1945.

Os condenados a cadea perpetua cumpriron a súa pena na Prisión de Spandau, ata a morte do último deles, Rudolf Hess en 1987. De todos os condenados a penas de cárcere, só catro as cumpriron a cabalidade, xa que Neurath (en 1954), Raeder (en 1955) e Funk (en 1957) foron liberados. Durante máis de 20 anos o único ocupante foi Hess, despois da liberación de Speer en 1966.

Efectos posteriores

O conxunto de procedementos levados a cabo tanto en Núremberg como en Toquio, significaron o establecemento de regras básicas de persecución de criminais de guerra e a determinación de tales delitos.

Dentro destes efectos, serve destacar que o Tribunal fixou as bases do que sería chamado erroneamente os Principios de Núremberg, hoxe recollido en varios aspectos nos Tribunais Internacionais para a ex Iugoslavia e Ruanda.

O legado destes Tribunais Internacionais (Toquio e Núremberg) sen dúbida é a Corte Penal Internacional, establecida en Roma en 1998 e que conta como base fundamental das súas regras de procedemento os Estatutos dos Tribunais de Núremberg, Toquio, ex Iugoslavia e Ruanda.

Foi de vital importancia, tamén, ó redactarse:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: