Dan Shechtman

Dan Shechtman (en hebreo, דן שכטמן‎), nado o 24 de xaneiro de 1941 en Tel Aviv, é un científico israelí, Profesor Philip Tobias de Ciencias de Materiais do Technion-Instituto Tecnolóxico Israelí, en asociación co Laboratorio Ames do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos, e profesor de ciencias de materiais da Universidade do Estado de Iowa de Ciencia e Tecnoloxía. En 1982 descubriu a fase icosaédrica, a cal abriu un novo campo para os cristais cuasiperiódicos. En outubro do 2011 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos cuasicristais.[1][2]

Infotaula de personaDan Shechtman
דן שכטמן‎

Dan Shechtman
Nome orixinal(he) דן שכטמן Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1941 (83 anos)
Tel Aviv Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Israel
País de nacionalidadeisraelí
EducaciónTechnion
Coñecido porCuasicristales
Actividade
Campo de traballoCiencia dos materiais
Lugar de traballo Technion (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , pedagogo , profesor universitario , enxeñeiro , químico , cristalógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIowa State University (pt) Traducir
Technion (pt) Traducir
Universidade de Iowa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua hebrea e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTzipora Shechtman
FillosYoav Shechtman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

Logo de recibir o seu doutoramento en enxeñería de materiais do Instituto Technion de Israel en 1972, onde tamén obtivo o seu mestría en ciencias en enxeñería mecánica en 1966 e a súa mestría en ciencias en enxeñería de materiais en 1968, o profesor Shechtman traballou no Laboratorio de Investigación Aeroespacial da Base Aérea Wright-Patterson, en Ohio, onde durante tres anos ocupouse da microestructura e as propiedades físicas e metalúrxicas de aluminuros de titanio. En 1975 incorporouse ao departamento de enxeñería de materiais no Technion. Entre 1981 a 1983 traballou na Universidade Johns Hopkins con aliaxes de aluminio e descubriu a fase chamada icosaédrica, a cal abre un novo campo para os cristais cuasiperiódicos.

O traballo polo cal Dan Shechtman recibiu o Premio Nobel foi na área dos cuasicristales, materiais cristalinos ordenados que carecen de estruturas repetitivas. Aquí aparece o modelo atómico dun cuasicristal de aliaxe prata-aluminio (Ag-Ao)/Ao) (Laboratorio AMES, Departamento de Enerxía dos Estados Unidos).

Grazas ao descubrimento de Dan Shechtman, outros grupos foron capaces de formar cuasicristales similares, e atoparon que estes materiais teñen baixa condutividade térmica e eléctrica, mentres que posúen alta estabilidade estrutural. Os cuasicristales tamén se atoparon de forma natural. Os materiais cuasicristalinos poden utilizarse en gran número de aplicacións, ata a formación de aceiro durable para a instrumentación, illamento antiadherente para cables eléctricos, e tamén para equipos de cociña.[3][4] Por este descubrimento, Shechtman foi galardoado co Premio Nobel de Química no 2011.

No período 1992-1994 ocupou o seu ano sabático no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), onde estudou o efecto da estrutura de defectos da deposición química de vapor (CVD) do diamante no seu crecemento e propiedades. As investigacións do Prof. Shechtman no Technion levanse a cabo no Louis Edelstein Center, e no Wolfson Centre, e están encabezadas por el mesmo. Desempeñouse en varios Claustros Universitarios do Technion, chegando a dirixir un deles.

Shechtman uniuse ao equipo de científicos da facultade do Estado de Iowa en 2004. Na actualidade ocupa ao redor de cinco meses ao ano en Ames nun traballo a tempo parcial.[5][6]

Familia

Dan Shechtman está casado coa profesora Tzipora Shechtman, xefa do Departamento de Asesoramento e Desenvolvemento Humano da Universidade de Haifa e autora de dous libros sobre psicoterapia.[7][8] Teñen un fillo, Yoav Shechtman (estudante de doutoramento en física) e tres fillas: Tamar Finkelstein (ortodoncista da Universidade de Tel Aviv), Ela Shechtman-Cory (doutorada en psicoloxía clínica), e Ruth Dougoud-Nevo (doutorada en psicoloxía clínica).[9][10][11]

Premios

  • 2011 - Premio Nobel de Química
  • 2008 - Premio da Sociedade Europea de Ciencia dos Materiais
  • 2002 - Premio EMET para a Arte, a Ciencia e a Cultura
  • 2000 - Premio Technion Muriel & David Jacknow á Excelencia no Ensino
  • 2000 - Premio Gregori Aminoff da Real Academia das Ciencias de Suecia
  • 1999 - Premio Wolf en Física
  • 1998 - Premio Israel de Física
  • 1993 - Premio Weizmann en Ciencias
  • 1990 - Premio Rothschild en Enxeñería
  • 1988 - Premio da New England Academic á Tecnoloxía
  • 1988 - Premio Internacional da American Physical Society para os novos materiais
  • 1986 - Premio Friedenberg de Física para o Avance da Ciencia e a Educación

Membro das Academias

  • 2004 - Elixido membro da Academia Europea de Ciencias.
  • 2000 - Elixido membro da Academia Nacional Estadounidense de Enxeñería.
  • 1996 - Elixido membro da Academia de Ciencias de Israel.

Membro Honorario de Sociedades Profesionais

  • 2005 - Elixido membro honorario do Instituto Xaponés de Metais
  • 2000 - Elixido membro honorario da Sociedade de Física de Francia
  • 1999 - Elixido membro honorario da Asociación Cristalográfica de Israel
  • 1998 - Elixido membro honorario da Sociedade de Microscopía de Israel
  • 1998 - Elixido membro honorario de ISIS-Symmetry (International Society for Interdisciplinary sciences)
  • 1997 - Elixido membro honorario de MRSI (Materials Research Society of India)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • D. Shechtman, I. Blech, D. Gratias, J. W. Cahn : Metallic phase with long-range orientational order and no translational symmetry in: Physical Review Letters, vol. 53, p. 1951-1953, Nov. 1984.(ISSN 0031-9007)
  • D. Shechtman : Twin Determined Growth of Diamond Wafers, in : Materials Science and Engineering A184 113. 1994.
  • D. P. DiVincenzo and P. J. Steinhardt, eds. 1991. Quasicrystals: The State of the Art. Directions in Condensed Matter Physics, Vol 11. ISBN 981-02-0522-8.
  • I. Goldfarb, E. Zolotoyabko, A. Berner, D. Shechtman : Novel Specimen Preparation Technique for the Study of Multi Component Phase Diagrams, in : Materials Letters 21, pp. 149–154. 1994.
  • D. Josell, D. Shechtman, D. van Heerden: fcc Titanium in Ti/Ni Multilayers, in : Materials Letters 22, pp 275–279. 1995.
  • D. van Heerden, E. Zolotoyabko, D. Shechtman : Microstructure and strain in electrodeposited Cu/Ni multilayers, in : Journal of Materials Research. Vol. 11, no. 11, pp. 2825–2833. Nov. 1996.

Ligazóns externas

Predecesor:
Richard Heck,
Ei-ichi Negishi e
Akira Suzuki
Premio Nobel de Química

2011
Sucesor:
Robert Lefkowitz e Brian Kobilka
🔥 Top keywords: