2011

ano

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

2011
Calendario gregoriano2011
MMXI
Ab urbe condita2764
Calendario armenio1460
Calendario chinés4707 – 4708
Calendario hebreo5771 – 5772
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2066 – 2067
 ·  Shaka Samvat1933 – 1934
 ·  Kali Yuga5112 – 5113
Calendario persa1389 – 1390
Calendario musulmán1432 – 1433
Calendario rúnico2261
Década de 2010
200720082009201020112012201320142015

Acontecementos

Xaneiro

Toma de posesión de Dilma Rousseff en Brasilia.
Revolución dos Xasmíns en Tunisia.
Caricatura do efecto dominó creado pola Crise Política de Tunisia no mundo árabe.

Febreiro

Vista da Catedral de Christchurch despois do sismo do 22 de febreiro.
  • 2 de febreiro
    • O Museo Exipcio do Cairo é albo de ataques vandálicos por parte dos manifestantes anti-Mubarak. Rexistráronse incendios nos xardíns do museo e un total de 70 pezas arqueolóxicas danadas.
    • Publícase a primeira edición de The Daily, o primeiro periódico deseñado exclusivamente para a súa visualización no iPad.
    • Descubrimento do sistema planetario Kepler-11.
  • 3 de febreiro - Comeza o Ano Novo Chinés.
  • 4 de febreiro - Protocolo IPv4 esgótase e será substituído polo IPv6 que é capaz de xerar 340 decillóns de combinacións.[21]
  • 11 de febreiro - Triunfo da Revolución Exipcia despois de dezaoito días de violentas protestas, Hosni Mubarak renuncia á presidencia do país e deixa o poder en mans das Forzas Militares.[22][23]
  • 13 de febreiro - 53º edición dos Grammy Awards.[24]
  • 16 de febreiro - Na cidade mexicana de Guadalajara, incéndiase un hotel en construción pertencente á cadea española Riu, rexistrándose un saldo de 2 traballadores mortos e 27 feridos[25]
  • 21 de febreiro - En Libia a rebelión popular contra o réxime de Muammar al-Gaddafi, que leva xa varios días, agrávase e parece converterse nunha guerra civil cando se informa de que a aviación militar leal ao réxime bombardeou os manifestantes opositores na capital Trípoli causando polo menos 250 mortos e que unidades do Exército libio se sublevaran uníndose aos rebeldes na cidade de Bengasi e combatendo contra as unidades de elite leais ao réxime.[26]
  • 22 de febreiro
    • En Christchurch (Nova Zelandia) prodúcese un terremoto de magnitude 6.3, deixando 113 vítimas fatais, 2500 feridos e 228 desaparecidos.[27][28]
    • En Libia o país achégase ao caos cando Muammar al-Gaddafi ameaza con masacrar os manifestantes rebeldes nun discurso por televisión, intensificando así a matanza indiscriminada con bombardeos e tiroteos, mentres o seu até daquelas Ministro do Interior se une á revolución contra Gaddafi e fai un chamamento ao Exército para que se una aos rebeldes.[29]
  • 23 de febreiro - En Libia consolídase o control das forzas rebeldes sobre as rexións do leste do país, e máis unidades das Forzas Armadas pásanse ao bando rebelde; mentres Gaddafi e os seus leais atrinchéiranse en Trípoli nunha nova escalada do conflito.[30]
  • 27 de febreiro - No Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos) realízase a entrega dos Premios Óscar de 2010, para premiar o mellor da industria cinematográfica de Hollywood durante o ano 2010. The King's Speech obtén o Óscar ó mellor filme.

Marzo

Sendai despois do Terremoto do Xapón do 2011.

Abril

Lugar do atentado do 28 de abril.
O Príncipe Willian e Kate bicándose tras o seu casamento.
  • 29 de abril - Casamento real do Príncipe William e Kate Middleton.

Maio

Xuño

Xullo

A Oficina do Primeiro Ministro Noruegués atacada durante os atentados de xullo de 2011.
Edificio destruído tras os disturbios de Londres.
Aterraxe do Atlantis.

Agosto

Crise alimentaria do Corno de África de 2011.

Setembro

Detector OPERA.
CASA 212 da Forza Aérea de Chile, accidentado cerca da Illa Robinson Crusoe, no arquipélago Juan Fernández (Chile).

Outubro

Novembro

Decembro

  • 3 de decembro
    • Astrónomos descobren 18 novos planetas fóra do Sistema Solar.[303]
    • Debido á escaseza de chuvias en Alemaña, o nivel do río Rin na cidade de Koblenz baixa e revela unha bomba da segunda guerra mundial, causando a evacuación de 45 mil persoas ao seu redor.[304]
    • Herman Cain, pre-candidato polo partido republicano á presidencia dos Estados Unidos, desiste da súa candidatura tras denuncias de acoso sexual feitas por mulleres coñecidas do candidato.[305]
  • 4 de decembro
    • O goberno italiano de Mario Monti aproba o primeiro paquete de medidas anticrise que supoñen uns duros recortes para a poboación, entre eles, aumentar a cotización das pensións aos 42 anos.[306]
    • En Rusia celébranse eleccións parlamentarias e o partido Rusia Unida do primeiro ministro Vladimir Putin obtén a vitoria ao conservar a maioría absoluta. Con todo, a vitoria vese empanada por unha considerable redución de votos e escanos para Rusia Unida en comparación coas eleccións anteriores, e por denuncias de fraude electoral que orixinan protestas na rúa.[307]
    • En Croacia celébranse eleccións parlamentarias e triunfa a oposición socialdemócrata de centro-esquerda.[308]
    • En Eslovenia celébranse eleccións parlamentarias, e un partido opositor de centro-esquerda gaña pero sen obter maioría absoluta.[309]
  • 5 de decembro - O expresidente de Costa do Marfil, Laurent Gbagbo comparece por primeira vez ante a Corte Penal Internacional para responder por crimes de lesa humanidade, nun feito histórico ao ser o primeiro ex xefe de estado que comparece en audiencia xudicial como acusado ante esta corte. Gbagbo quéixase de maltratos contra el e a súa familia por parte de militares franceses durante a súa captura e cativerio en Costa do Marfil.[310]
  • 7 de decembro
    • Michele Zagaria, líder do clan Casalesi, é preso en Italia tras ser encontrado nun búnker subterráneo na súa cidade natal, Casapesenna. Michele estaba foraxido desde había 16 anos e era un dos criminais máis buscados.[311]
    • Al-Saadi al-Gaddafi, fillo do ex-ditador Muammar al-Kadhafi, é preso ao tentar entrar en México.[312]
  • 9 de decembro - En Bruxelas conclúe o histórico cumio europeo destinado a tomar medidas para salvar o euro e solucionar a grave crise de débeda soberana dos países da Unión Europea. Acórdanse drásticas medidas de disciplina fiscal para reducir as débedas dos estados europeos e así calmar os mercados financeiros, pero o cumio vese empanado pola negativa do Reino Unido de participar no acordo, quedando illado do resto da Unión.[313][314]
  • 10 de decembro
    • En Rusia celébranse as manifestacións de protesta máis multitudinarias desde a fin da Unión Soviética; os manifestantes protestan pola presunta fraude electoral nas recentes eleccións parlamentarias e contra o goberno de Vladimir Putin.[315]
    • O estudante Ross Truett Ashley de 22 anos da Universidade Radford, entra armado na Universidade Virginia Tech, tirotea e mata un oficial da policía e suicídase logo.[316]
    • En Filipinas, un avión bimotor cae sobre unha escola e deixa 13 mortos e 20 feridos.[317]
    • Eclipse lunar total, visible principalmente en Asia, Australia e Alasca.[318]
    • Salomón Lerner Ghitis renuncia do cargo de primeiro ministro do Perú.[319]
  • 11 de decembro
    • No Panamá chega ao país o exditador panameño Manuel Antonio Noriega, extraditado por Francia (onde cumpriu condena por branqueo de cartos); Noriega ten pendentes varias condenas ditadas en ausencia pola xustiza panameña por asasinatos de opositores do seu réxime e outros crimes de lesa humanidade, e ademais debe enfrontar acusacións por outros delitos.[320]
    • Termina o COP 17 en Durban en Suráfrica coa creación dun novo acordo para a redución de emisións de gases invernadoiro até 2015 e a renovación do Protocolo de Kyoto até 2017.
    • Terremoto de magnitude 6.5 sacode a rexión de Guerrero, en México.[321]
    • En votación histórica, a poboación do estado do Pará vota e decide non dividir o estado en 3 estados:Pará, Carajás e Tapajós sendo 66,8% e 66,3% dos votos contra a creación de cada estado respectivamente.[322]
  • 13 de decembro - En Bélxica, Nordine Amrani de 33 anos, dispara tiros cun rifle e lanza granadas nunha praza no centro da cidade de Liexa deixando 5 persoas mortas (el incluído) e 123 feridas.[323]
  • 14 de decembro - Terremoto de magnitude 7,3 sacode Papúa Nova Guinea.[324]
  • 15 de decembro
    • Goberno dos Estados Unidos declara a fin da guerra do Iraq despois de 9 anos de actuación militar no país.[325]
    • En Exipto celébrase a segunda fase das eleccións lexislativas.[326]
  • 18 de decembro - Estados Unidos culmina a retirada de Iraq, os últimos 500 militares estadounidenses cruzan a fronteira con Kuwait pola mañá, despois de ter entregado a súa última base a militares iraquís dous días antes.[327][328]
  • 19 de decembro - En Corea do Norte, o réxime dá a coñecer a morte do até entón ditador do país Kim Jong-il, acaecida dous días antes; a nova sementa incerteza e temor pola estabilidade da rexión asiática, aínda que en principio o fillo do falecido líder, Kim Jong-un, sucede a seu pai.[329][330]
  • 22 de decembro - En Iraq varios atentados terroristas na capital, Bagdad, deixan polo menos 71 mortos e decenas de feridos. Os atentados foron reivindicados días despois polo grupo fundamentalista islámico sunnita Estado Islámico de Iraq, vinculado a Al Qaeda, e tiveron como obxectivo aos islámicos xiítas, facendo temer un rexurdir da guerra civil sectaria no país.[331][332]
  • 23 de decembro
    • En Siria atentados terroristas na capital, Damasco, deixan polo menos 44 mortos e mentres o goberno llos atribúe á rede terrorista Al Qaeda, a oposición atribúellos ao propio goberno para desacreditar os opositores. Isto ocorre mentres recrúa a violencia no país pola represión ás protestas contra o presidente Bashar al-Assad e polos enfrontamentos armados entre militares leais ao réxime e militares desertores rebeldes, arrastrando o país á guerra civil.[333]
    • En Dosquebradas (Colombia), a explosión dun oleoduto deixa 15 vítimas e máis de 90 feridos (traxedia de Dosquebradas de 2011). As causas atribúense ao roubo ilegal de combustible na zona.[334]
    • Sismo de magnitude 5,8 sacode Nova Zelandia.[335]
  • 24 de decembro - En Rusia celébrase unha segunda onda de manifestacións multitudinarias de protesta contra o primeiro ministro Vladimir Putin e a presunta fraude electoral nas eleccións parlamentarias; as protestas son máis concorridas que as da vez anterior e as máis grandes en vinte anos.[336]
  • 25 de decembro
    • En Nixeria varios atentados coordinados contra igrexas católicas (en plenas celebracións relixiosas de Nadal) deixan polo menos 49 mortos e máis dun centenar de feridos. Os atentados atribúenselle ao grupo fundamentalista islámico nixeriano Boko Haram, en guerra contra o goberno do país.[337]
    • En Afganistán un atentado terrorista suicida nun funeral deixa polo menos 20 mortos e decenas de feridos; o atentado ocorre en momentos nos que operacións das forzas militares e policiais afgás e das forzas internacionais mataran polo menos 30 guerrilleiros.[338]
  • 26 de decembro - En Guinea Bissau é aparentemente sufocado un confuso intento de golpe de Estado, con versións encontradas dos militares enfrontados e un baleiro de poder temporal ante a incerteza do paradoiro do primeiro ministro e a ausencia do presidente (de viaxe polo estranxeiro).
  • 27 de decembro
    • Activista indio Hazare inicia nova folga de fame como forma de esixir o endurecemento da lei anticorrupción no país.[339]
    • Cuba concédelle amnistía a 2900 prisioneiros.[340]
    • Sismo de magnitude 6,6 sacode a rexión de Siberia.[341]
  • 29 de decembro - No norte de Iraq morren polo menos 35 civís iraquís de etnia kurda ao ser bombardeados por erro pola Forza Aérea Turca que os confundiu con guerrilleiros do Partido dos Traballadores do Kurdistán (grupo guerrilleiro que loita pola independencia do Kurdistán Turco) que estarían intentando cruzar a fronteira de Iraq con Turquía.[342]

Mortes

Artigo principal: Categoría:Finados en 2011.

Xaneiro

Febreiro

Elizabeth Taylor.

Marzo

Abril

Sidney Lumet.

Maio

Osama bin Laden.

Xuño

Xullo

Facundo Cabral.
Amy Winehouse.

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

Día das letras galegas dedicado a:

Premio Nobel

No ano de 2011, as seguintes persoas foron contempladas co premio:

NomeNacionalidadePremio
Nobel
Saul Perlmutter Estados UnidosFísica
Adam Riess Estados UnidosFísica
Brian Schmidt Estados UnidosFísica
Dan Shechtman IsraelQuímica
Bruce Beutler Estados UnidosFisioloxía ou Medicina
Jules Hoffmann FranciaFisioloxía ou Medicina
Ralph Steinman CanadáFisioloxía ou Medicina
Tomas Tranströmer SueciaLiteratura
Ellen Johnson-Sirleaf LiberiaPaz
Leymah Gbowee LiberiaPaz
Tawakel Karman IemenPaz
Thomas Sargent Estados UnidosEconomía
Christopher Sims Estados UnidosEconomía

Outros

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: