Dani Jarque

futbolista español

Daniel Jarque González, nado en Barcelona o 1 de xaneiro de 1983 e finado en Florencia o 8 de agosto de 2009, foi un futbolista catalán que xogaba de defensa central. O club no que se desenvolveu toda a súa carreira deportiva foi o RCD Espanyol.

Dani Jarque
Información persoal
NomeDaniel Jarque González
Nacemento1 de xaneiro de 1983
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento8 de agosto de 2009
Lugar de falecementoFlorencia
Altura185 centímetros
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
Cooperativa
1995–2001Espanyol
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2001–2004Espanyol B80(0)
2002–2009Espanyol173(8)
Total253(8)
Selección nacional
2001España sub-174(0)
2001–2002España sub-1910(1)
2003España sub-203(0)
2003–2005España sub-2119(3)
Na rede
Find a Grave: 40449000 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Durante a final do Mundial de fútbol 2010 Andrés Iniesta dedicou o gol marcado na súa memoria.

Traxectoria

Jarque empezou a xogar no CF Cooperativa de Sant Boi de Llobregat e aos 12 anos pasou a formar parte das categorías inferiores do RCD Espanyol. O futbolista debutaría co primeiro equipo o 20 de outubro de 2002, nun partido de liga ante o Recreativo de Huelva.[1] Durante os seguintes dous anos iría alternando o filial co primeiro equipo.

Non sería ata a tempada 2004-2005, e da man de Miguel Ángel Lotina, cando Jarque pasaría a ter ficha no persoal principal. Alí conseguiu co club perico o seu primeiro título como profesional, a Copa do Rei de 2006 que o club branquiazul gañou ante o Real Zaragoza. Na súa carreira tamén chegou a disputar a final da Copa da UEFA, que perdeu ante o Sevilla FC na final que se disputou en Glasgow o 16 de maio de 2007. O 18 de xullo de 2009, o adestrador Mauricio Pochettino outorgoulle o brazalete de capitán do RCD Espanyol.[2]

Falecemento

Durante a xira estival que o seu equipo realizaba por Italia, Jarque perdeu o coñecemento na habitación do hotel de concentración mentres mantiña unha conversa telefónica coa súa noiva. Esta rapidamente avisou ao seu compañeiro de cuarto no hotel, Ferran Corominas, que pediu asistencia médica. Aínda que foi trasladado rapidamente a un hospital, os médicos non puideron facer nada por reanimalo e o futbolista perdeu a vida. Dani Jarque morreu por mor dunha asistolia no Centro Técnico Federal da FIGC en Coverciano, barrio de Florencia (Italia), o 8 de agosto de 2009.[3][4]

A noticia da morte do futbolista causou unha gran conmoción no mundo do fútbol español. Pola capela ardente que se dispuxo o 11 de agosto no Estadio Cornellà-El Prat desfilaron representantes de todos os equipos de primeira e segunda división, así como distintas autoridades da vida pública e política, ademais de 14.000 afeccionados.[5] No Estadio Cornellà-El Prat existe a tradición non oficial de aplaudir durante o minuto 21 de cada partido en memoria do xogador, xa que este número era o seu dorsal na última tempada que disputou.

Homenaxes posteriores

Desde mediados de abril de 2010, a porta número 21 do estadio Cornellà-El Prat pasou a denominarse oficialmente porta Dani Jarque na súa honra.[6]

O 11 de xullo de 2010, Andrés Iniesta, tras conseguir o gol da vitoria na final do mundial de Suráfrica 2010 (fronte ao equipo dos Países Baixos), homenaxeou a Dani Jarque mostrando unha camiseta co lema Dani Jarque siempre con nosotros.[7] Tras o partido o xogador declarou moi emocionado que non puidera facer nada por el en toda a tempada e merecíao.[8]

No primeiro aniversario da súa morte, o seu equipo fíxose co Trofeo Ramón de Carranza, os seus compañeiros dedicáronlle a vitoria poñéndolle ao trofeo unha camiseta coa súa fotografía.[9]

O 21 de xaneiro de 2012 inaugurouse na porta 21 do estadio Cornellà-El Prat unha estatua de bronce do ex-capitán do club perico, inspirado na memoria de Jarque.[10][11]

Estatísticas

Temp.ClubPaísLigaPart.GolesCopaGolesEuropaGoles
2002/2003RCD Espanyol EspañaPrimeira División6000
2003/20049000
2004/200521110
2005/20063447180
2006/200736021140
2007/2008311
2008/2009362

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: