Copa do Rei de fútbol

O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol.

Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de fútbol
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialCopa del Generalísimo (1940–1976)
Torneo Nacional de Fútbol
Campeonato de España-Copa de l
Copa de la Coronación
Copa de Su Majestad el Rey de Fútbol (1976–)
Campeonato de España Editar o valor em Wikidata
Tipotaça nacional de futebol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Número de participantes84 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1902 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoQ6356176 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor em Wikidata

Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España. Aínda que a denominación histórica e xénerica da competición é a de Campionato de España, o título da competición modificouse ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo. Foi a Copa do Rei entre 1903 e 1932, a Copa do Presidente da República entre 1932 e 1936, o Torneo Nacional de Fútbol en 1939, a Copa do Xeneralísimo entre 1940 e 1976, e desde 1977 novamente a Copa do Rei.

O campión da 119ª edición foi o Real Madrid, tras gañar na final ao Osasuna por 2-1. O equipo con máis títulos é o FC Barcelona con 31 copas, seguido do Athletic Club, con 23.

Sistema de competición

Actualmente toman parte 83 equipos: todos os da Primeira e Segunda División, os cinco primeiros clasificados de cada grupo da Segunda B e os campións de Terceira, excluíndo os equipos filiais.

Na primeira eliminatoría participan os 42 clubs non profesionais, isto é, Segunda B e Terceira, que se emparellan por sorteo. As eliminatorias dispútanse a partido único. Na segunda rolda entran en liza os clubs de Segunda División. A partir da cuarta rolda, dezaseisavos de final, incorpóranse os clubs de Primeira e as eliminatorias pasan a ser a dobre partido (ida e volta) excepto a final, que se disputa a un partido en terreo neutral.

O campión de Copa obtén a clasificación para disputar a Liga de Europa da seguinte tempada (de 1961 ata 1999 participaba na Recopa de Europa). Ademais, disputa a Supercopa de España, enfrontándose ao campión da Liga española desa mesma tempada.

Ata a tempada 2004/2005 xogábase a partido único no campo do equipo máis débil ata oitavos de final. Oitavos de final, cuartos de final e semifinais xogábanse a partido dobre. A final disputábase a partido único nun terreo neutral. Con todo, na tempada 2005/2006, a Real Federación Española de Fútbol modificou este sistema en favor doutro que desatou gran polémica entre os clubs de divisións inferiores: os equipos de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda, os gañadores compiten outra vez entre eles e logo incorpóranse os equipos de Primeira que non disputan competicións europeas. Os equipos participantes da Europa League ou a Liga de Campións non comezan ata oitavos de final. Foi na tempada 2006-2007 cando a Real Federación Española de Fútbol volveu modificar o sistema. Os clubs de Segunda B enfróntanse entre eles, logo xogan contra os de Segunda e, posteriormente, en dezaseisavos de final, xogan contra todos os conxuntos de Primeira, xoguen ou non competicións europeas.

Historia

Os xogadores do Athletic Club coa primeira Copa de España, en 1903.

O primeiro campionato de fútbol, a nivel nacional, disputado en España foi o Concurso Madrid, un torneo impulsado polos irmáns Carlos e Juan Padrós, ambos os fundadores do Madrid CF, que foi organizado por este club madrileño, en 1902, con motivo dos festexos da maioría de idade do rei Afonso XIII.

O éxito alcanzado por este torneo fixo que en 1903 Carlos Padrós decidise instaurar un Campionato de España, con carácter anual, que reunise aos mellores equipos do país. Para iso limitou a participación a un representante por provincia e conseguiu que o Rei Afonso XIII doase unha copa para o campión. O trofeo, segundo as bases, pasaría a ser propiedade do club que se proclamase campión tres anos consecutivos ou cinco alternos. O Madrid FC encargouse inicialmente da organización e os partidos disputáronse, do mesmo xeito que no Concurso Madrid dun ano antes, no Hipódromo da Castellana. O torneo desenvolveuse como unha liguiña, na que tomaron parte tres clubs: Club Español de Barcelona, Madrid FC, Athletic Club de Bilbao, proclamándose este campión ao vencer no último e decisivo partido aos madrileños.

As dúas seguintes edicións foron organizadas pola Federación Madrileña -organismo que fora fundado por Carlos Padrós- aínda que a partir de 1906 o Madrid FC volveu tomar as rendas do torneo.

Logo de sete anos organizándose o torneo en Madrid, acordouse que a partir de 1909 -ano en que gañou o Club Ciclista- o equipo campión fose o organizador da seguinte edición. Ese mesmo 1909 creouse a Federación Española de Clubs de Foot-ball, a quen as bases do Campionato España ortorgaban o dereito a organizar o torneo unha vez constituída. A Real Sociedad -sucesora do Club Ciclista- que se consideraba lexitimada para organizar o campionato de 1910, non recoñeceu ao novo organismo federativo e, xunto con outros equipos disidentes, creou a Unión de Clubs de Football.

Este cisma propiciou que en 1910 disputásense dous torneos nacionais, o organizado polos equipos da Federación Española de Clubs e o da Unión de Clubs. Finalmente, en outubro dese ano ambas as faccións asinaron a paz: os clubs disidentes recoñeceron á Federación Española, que á súa vez daba oficialidade ao Campionato de España organizado pola Unión de Clubs.

No entanto, as discrepancias entre as sociedades futbolísticas da época continuaron e tres anos máis tarde, producíase un novo cisma, cando o FC Barcelona e a Real Sociedad, entre outros equipos, déronse de baixa da Federación para refundar a Unión de Clubs. Novamente, en 1913 disputáronse dous campionatos de Copa, antes do acordo que permitiu a reunificación definitiva do fútbol español, coa constitución da Real Federación Española.

O novo organismo aprobou novas bases para o Campionato de España, para pór fin ás disputas que marcaran as últimas edicións do torneo. Acordouse, entre outras medidas, institucionalizar os campionatos organizados polas distintas federacións rexionais como unha fase previa a Copa do Rei. Dividiuse o estado en dez rexións, aínda que inicialmente só en catro (Galicia, Norte, Cataluña e Centro) xa existían federacións con campionatos rexionais en marcha.

O torneo foi crecendo a medida que se puñan en marcha novos campionatos rexionais por toda a xeografía española. Así mesmo, a partir de 1927 ampliouse a participación no torneo aos subcampións rexionais.

Historial de Finais

Copa do Rei (1977–)

TempadaCampiónSubcampiónResultadoEstadioIncidencias[1]
2022-23Real MadridOsasuna2-1La Cartuja
2021–22BetisValencia1-1La CartujaPenaltis (5-4)
2020–21BarcelonaAthletic Club4-0La Cartuja
2019–20Real SociedadAthletic Club1-0La Cartuja
2018–19ValenciaBarcelona2-1Benito Villamarín
2017–18BarcelonaSevilla5-0Wanda Metropolitano
2016–17BarcelonaAlavés3-1Vicente Calderón
2015–16BarcelonaSevilla2-0Vicente Calderón
2014–15BarcelonaAthletic Club3-1Camp Nou
2013–14Real MadridBarcelona2-1Mestalla
2012–13Atlético de MadridReal Madrid2-1Santiago Bernabéu
2011–12BarcelonaAthletic Club3-0Vicente Calderón
2010–11Real MadridBarcelona1-0Mestalla
2009–10SevillaAtlético de Madrid2-0Camp Nou
2008–09BarcelonaAthletic Club4-1Mestalla
2007–08ValenciaGetafe3-1Vicente Calderón
2006–07SevillaGetafe1-0Santiago Bernabéu
2005–06EspanyolZaragoza4-1Santiago Bernabéu
2004–05BetisOsasuna2-1Vicente Calderón
2003–04ZaragozaReal Madrid3-2Lluís Companys
2002–03MallorcaRecreativo de Huelva3-0Martínez Valero
2001–02Deportivo da CoruñaReal Madrid2-1Santiago Bernabéu
2000–01ZaragozaCelta de Vigo3-1La Cartuja
1999–00EspanyolAtlético de Madrid2-1Mestalla
1998–99ValenciaAtlético de Madrid3-0La Cartuja
1997–98BarcelonaMallorca1-1MestallaPenaltis (5-4)
1996–97BarcelonaBetis3-2Santiago Bernabéu
1995–96Atlético de MadridBarcelona1-0La Romareda
1994–95Deportivo da CoruñaValencia2-1Santiago Bernabéu
1993–94ZaragozaCelta de Vigo0-0Vicente CalderónPenaltis (5-4)
1992–93Real MadridZaragoza2-0Luis Casanova
1991–92Atlético de MadridReal Madrid2-0Santiago Bernabéu
1990–91Atlético de MadridMallorca1-0Santiago Bernabéu
1989–90BarcelonaReal Madrid2-0Luis Casanova
1988–89Real MadridValladolid1-0Vicente Calderón
1987–88BarcelonaReal Sociedad1-0Santiago Bernabéu
1986–87Real SociedadAtlético de Madrid2-2La RomaredaPenaltis (4-2)
1985–86ZaragozaBarcelona1-0Vicente Calderón
1984–85 Atlético de Madrid Athletic Club2-1Santiago Bernabéu
1983–84Athletic ClubBarcelona1-0Santiago Bernabéu
1982–83BarcelonaReal Madrid2-1La Romareda
1981–82Real MadridSporting de Gijón2-1José Zorrilla
1980–81BarcelonaSporting de Gijón3-1Vicente Calderón
1979–80Real MadridCastilla6-1Santiago Bernabéu
1978–79ValenciaReal Madrid2-0Vicente Calderón
1977–78BarcelonaLas Palmas3-1Santiago Bernabéu
1976–77BetisAthletic Club2-2Vicente CalderónPenaltis (8-7)

Copa do Xeneralísimo

TempadaCampiónSubcampiónResultadoEstadioIncidencias[1]
1975–76 Atlético de Madrid Zaragoza1-0Santiago Bernabéu
1974–75Real MadridAtlético de Madrid0-0Vicente CalderónPenaltis (4-3)
1973–74Real MadridBarcelona4-0Vicente Calderón
1972–73Athletic ClubCastellón2-0Vicente Calderón
1971–72Atlético de MadridValencia2-1Santiago Bernabéu
1970–71BarcelonaValencia4-3Santiago Bernabéu
1969–70Real MadridValencia3-1Camp Nou
1968–69Athletic ClubElche1-0Santiago Bernabéu
1967–68BarcelonaReal Madrid1-0Santiago Bernabéu
1966–67ValenciaAthletic Club2-1Santiago Bernabéu
1965–66ZaragozaAthletic Club2-0Santiago Bernabéu
1964–65Atlético de MadridZaragoza1-0Santiago Bernabéu
1963–64ZaragozaAtlético de Madrid2-1Santiago Bernabéu
1962–63BarcelonaZaragoza3-1Camp Nou
1961–62Real MadridSevilla2-1Santiago Bernabéu
1960–61Atlético de MadridReal Madrid3-2Santiago Bernabéu
1959–60Atlético de MadridReal Madrid3-1Santiago Bernabéu
1958–59BarcelonaGranada4-1Santiago Bernabéu
1958Athletic ClubReal Madrid2-0Santiago Bernabéu
1957BarcelonaEspanyol1-0Montjuïc
1956Athletic ClubAtlético de Madrid2-0Santiago Bernabéu
1955Athletic ClubSevilla1-0Santiago Bernabéu
1954ValenciaBarcelona3-0Nuevo Chamartín
1952–53BarcelonaAthletic Club2-1Nuevo Chamartín
1952BarcelonaValencia4-2Nuevo Chamartín
1951BarcelonaReal Sociedad3-0Nuevo Chamartín
1949–50Athletic ClubValladolid4-1Nuevo Chamartín
1948–49ValenciaAthletic Club1-0Nuevo Chamartín
1947–48SevillaCelta de Vigo4-1Nuevo Chamartín
1947Real MadridEspanyol2-0Riazor
1946Real MadridValencia3-1Montjuïc
1944–45Athletic ClubValencia3-2Montjuïc
1944Athletic ClubValencia2-0Montjuïc
1943Athletic ClubReal Madrid1-0Metropolitano
1942BarcelonaAthletic Club4-3Chamartín
1941ValenciaEspanyol3-1Chamartín
1940EspanyolReal Madrid3-2Vallecas
1939[2]SevillaRacing de Ferrol6-2Montjuïc

Copa España Libre

Esta edición, disputada durante a guerra civil española na zona republicana, non era recoñecida oficialmente. Unha iniciativa parlamentaria para o recoñecemento deste título[3] foi estudada pola Real Federación Española de Fútbol pero foi rexeitada en 2009 pola súa asemblea[4] tras un informe desfavorable do CIHEFE que concluíu se tratou dun torneo de carácter amigable organizado polo presidente do Valencia CF.[5] Finalmente en 2023, a RFEF acabou por recoñecer a oficialidade desta competición,[6] aínda que non como unha edición máis da Copa do Rei.[7]

TempadaCampiónSubcampiónResultadoEstadioIncidencias[1]
1937[8]LevanteValencia1-0Sarriá

Copa Presidente da República

TempadaCampiónSubcampiónResultadoEstadioIncidencias[1]
1935-1936Real MadridBarcelona2-1Mestalla
1934-1935SevillaSabadell3-0Chamartín
1933-1934Real MadridValencia2-1Montjuïc
1932-1933Athletic ClubReal Madrid2-1Montjuïc
1931-1932Athletic ClubBarcelona1-0Chamartín

Copa do Rei (1903-1931)

TempadaCampiónSubcampiónResultadoEstadioIncidencias[1]
1930-1931Athletic ClubBetis3-1Chamartín
1929-1930Athletic ClubReal Madrid3-2Montjuïc
1929EspanyolReal Madrid2-1Mestalla
1928BarcelonaReal Sociedad1-1El Sardinero1º partido de desempate (1-1)
2º partido de desempate (3-1)
1927Real UniónArenas de Getxo1-0Torrero
1926BarcelonaAtlético de Madrid3-2Mestalla
1925BarcelonaArenas de Getxo2-0Reina Victoria
1924Real UniónReal Madrid1-0Atocha
1923Athletic ClubEuropa1-0Les Corts
1922BarcelonaReal Unión5-1Coia
1921Athletic ClubAtlético de Madrid4-1San Mamés
1920BarcelonaAthletic Club2-0El Molinón
1919Arenas de GetxoBarcelona5-2Martínez Campos
1918Real UniónReal Madrid2-0O'Donnell
1917Real MadridArenas de Getxo0-0Muntaner1º partido de desempate (2-1)
1916Athletic ClubReal Madrid4-0Muntaner
1915Athletic ClubEspanyol5-0Amute
1914Athletic ClubEspaña2-1Costorbe
1913[9]Racing de IrúnAthletic Club2-2O'Donnell1º partido de desempate (1-0)
1913BarcelonaReal Sociedad2-2La Industria1º partido de desempate (0-0)
2º partido de desempate (2-1)
1912BarcelonaGimnástica de Madrid2-0La Industria
1911Athletic ClubEspanyol3-1Jolaseta
1910BarcelonaEspañol de Madrid3-2Tiro de Pichón
1910[9]Athletic ClubVasconia1-0Ondarreta
1909Club CiclistaEspañol de Madrid3-1Narváez
1908Real MadridVigo F.C.2-1Narváez
1907Real MadridBizcaya1-0Hipódromo
1906Real MadridAthletic Club4-1Hipódromo
1905Real MadridAthletic Club1-0Retiro
1904Athletic Club------RetiroNon houbo final[10]
1903Athletic ClubReal Madrid3-2Hipódromo

Copa da Coroación

Aínda que a Real Federación Española de Fútbol non recoñece a Copa da Coroación no palmarés da Copa do Rei, moitas veces é considerada a primeira edición do torneo e mesmo o Athletic Club considéraa o primeiro título de Copa da súa historia.

TempadaCampiónSubcampiónResultadoEstadioIncidencias[1]
1902BizcayaBarcelona2-1Hipódromo

Palmarés

O FC Barcelona é o líder en canto a palmarés desta competición, aínda que é certo que o Athletic Club de Bilbao foi o que máis tempo encabezou esta clasificación.

Palmarés actualizado a 6 de maio de 2023 segundo os datos oficiais fornecidos pola Real Federación Española de Fútbol:[7]

Pos.EquipoCampiónSubcampiónTítulos (anos)
1Barcelona31111910, 1912, 1913, 1920, 1922, 1925, 1926, 1928, 1942, 1951,
1952, 1953, 1957, 1959, 1963, 1968, 1971, 1978, 1981, 1983,
1988, 1990, 1997, 1998, 2009, 2012, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021
2Athletic Club23161903, 1904, 1910, 1911, 1914, 1915, 1916, 1921, 1923, 1930,
1931, 1932, 1933, 1943, 1944, 1945, 1950, 1955, 1956, 1958,
1969, 1973, 1984
3Real Madrid20201905, 1906, 1907, 1908, 1917, 1934, 1936, 1946, 1947, 1962,
1970, 1974, 1975, 1980, 1982, 1989, 1993, 2011, 2014, 2023
4Atlético de Madrid1091960, 1961, 1965, 1972, 1976, 1985, 1991, 1992, 1996, 2013
5Valencia891941, 1949, 1954, 1967, 1979, 1999, 2008, 2019
6Zaragoza651964, 1966, 1986, 1994, 2001, 2004
7Sevilla541935, 1939, 1948, 2007, 2010
8Espanyol 451929, 1940, 2000, 2006
9Real Unión411913, 1918, 1924, 1927
10Real Sociedad341909, 1987, 2020
11Betis321977, 2005, 2022
12Deportivo da Coruña201995, 2002
13Arenas de Getxo131919
14Mallorca122003
15Racing de Irún101913
16Club Ciclista101909
Celta de Vigo03
Español de Madrid03
Valladolid02
Sporting de Gijón02
Getafe02
Osasuna02
Bizcaya01
Vigo Sporting01
Vasconia01
Gimnástica de Madrid01
España01
Europa01
Sabadell01
Racing de Ferrol01
Granada01
Elche01
Castellón01
Las Palmas01
Castilla01
Recreativo de Huelva01
Alavés01

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: