Dialnet

Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidade da Rioxa e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

Dialnet
Logo
Tipobase de dados bibliográfica, biblioteca virtual e repositório de acesso aberto
Data de fundación2001
Fundador(es)Universidade da Rioxa e Joaquín León-Marín
Director/aJoaquín León-Marín
EnLogroño
PaísEspaña
Na rede
https://dialnet.unirioja.es
Twitter: dialnet Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

Estatísticas e servizos

Estatísticas de Dialnet[1]
Revistas9.125
Documentos4 388 753
Alertas24 392 489
Usuarios1 306 204

Dialnet é un dos servizos de busca máis empregados no mundo académico e cultural hispano.

  • Carga de teses doutoralis a texto completo
  • Ofrece un servizo de alertas, polo que o subscritor recibe por correo electrónico os sumarios das revistas das materias que desexe.
  • Permite o aloxamento de revistas en edición electrónica
  • Ofrece servizos específicos aos editores

Na clasificación do Laboratorio de Cibermetría do CSIC, Dialnet ocupa o primeiro posto entre os portais europeos e o cuarto posto a nivel mundial.[2]

Recoñecementos

Recibiu o premio Álvaro Pérez Ugena á Divulgación da Ciencia e da Comunicación, correspondente á edición de 2012.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: