Dinastía Nguyễn

A dinastía Nguyền (en vietnamita: Nhà Nguyễn) foi a última familia imperial gobernante que existiu na historia de Vietnam. O seu período de poder comezou en 1802, cando o emperador Gia Long derrocou a dinastía Tây So'n e se fixo co poder. En 1945 a abdicación do emperador Bảou Đại deu paso á extinción do último resto dos Nguyền.

Modelo:Xeografía políticaDinastía Nguyễn

HimnoĐăng đàn cung (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°N 108°L / 16, 108108°L / 16, 108
CapitalHuế Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación12.000.000 (1860) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialLingua vietnamita
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Relixiónneoconfucionismo (pt) Traducir, budismo, Taoísmo, catolicismo e Sunnismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xuño de 1802 Editar o valor em Wikidata
Disolución30 de agosto de 1945 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porVietnam do Norte, Vietnam do Sur e Vietnam Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Indochina Francesa (1887–1945)
Imperio do Xapón (1945–1945) Editar o valor em Wikidata
MoedaVietnamese cash (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O nome orixinal do país era Vinệt Nam (越南) e así foi coñecido durante o reinado do emperador Gia Long. Pero en 1839 por orde do emperador Minh Mạng o nome do país foi substituído polo de Đại Nam. Durante certos momentos tamén foi denominado Imperio de Vietnam (en vietnamita: Đế chế Vinệt Nam). A partir de 1884 converteuse nun protectorado francés integrado na Unión Indochina. Entre 1940 e 1945 o país estivo baixo ocupación militar xaponesa, ao que seguiu o intento errado de crear un estado monicreque dos xaponeses e a restauración do poder colonial francés.

Historia

En 1802 o nobre Gia Long logrou derrocar as forzas da dinastía Tây So'n e fíxose co control de Annam, instaurando unha nova dinastía á cabeza do país: a dos Nguyền. O 2 de xuño do mesmo ano foi coroado como o novo emperador vietnamita. Desde a cidade imperial de Huế, a beiras do río Perfume, o monarca estendía o seu poder sobre resto do país. En 1839 o nome do país, anteriormente coñecido como Vinệt Nam (越南), foi substituído polo de Đại Nam por orde do emperador Minh Mạng.

Durante as seguintes décadas os emperadores vietnamitas opuxéronse frontalmente á intromisión de misioneiros católicos e dos aventureiros franceses, e procuraron reducir a influencia das comunidades católicas que ían arraigándose no país (incluída a poboación vietnamita). O emperador Tự Đức sería o último que gobernou Vietnam con certa independencia antes da chegada dos franceses a Indochina.

Colonización francesa

Lang de ouro do emperador Thieu Tri.

En 1884, o emperador Hàm Nghi, tivo que renderse ante a evidencia e aceptar o protectorado francés sobre o imperio. Así, mentres Huế seguiu sendo "capital" do imperio, o gobernador francés estabeleceu a súa residencia en Saigón e máis tarde en Hanoi, na rexión de Tonkín. En 1887, ao novo protectorado que recibiu o nome de Unión Indochina serían anexados os territorios de Camboxa e de Luang Prabang. Ademais destes territorios, uns anos máis tarde, Siam cedeu os territorios laosianos que retiña baixo o seu control.

En 1916, en plena primeira guerra mundial, o emperador Duy Tân dirixiu unha fracasada rebelión contra o poder colonial francés. Pero as autoridades francesas decatáronse dos plans, polo que foi rapidamente sufocada, os xefes executados e o emperador foi exiliado á illa de Reunión. Este fracaso non fixo senón confirmar a condición de auténticos monicreques á que quedaran reducidas as autoridades vietnamitas, co emperador á cabeza. Foi durante esta época cando os sentimentos nacionalistas empezáronse a fortalecer e adquiriron importantes influencias nalgunhas capas da poboación. Os desastres naturais ocorridos entre 1914 e 1917, e o malestar coa administración francesa sementaron o descontento que levou á errada rebelión de 1916.

Colapso da dinastía

Séquito do emperador Bảou Đại o día da súa coroación.

Tras o comezo da segunda guerra mundial e a Caída de Francia en mans alemás instalouse o goberno colaboracionista de Vichy. As novas autoridades francesas eran totalmente impotentes para facer fronte ás ameazas do Imperio xaponés sobre a Indochina francesa, e cando a finais de setembro de 1940 o Exército Imperial Xaponés entrou e ocupou a colonia francesa fixérono sen oposición das autoridades de Vichy. Durante a estancia xaponesa no país deu comezo a actividade dun movemento de resistencia denominado Viet Minh baixo o liderado de Hồ Chí Minh, líder vietnamita comunista.

En 1945 as autoridades xaponesas tomaron a decisión de levar a cabo unha ocupación total do territorio, á vez que proclamaban un novo estado monicreque na zona: o Imperio de Vietnam, co nomeamento de Bảou Đại como novo emperador vietnamita. En vistas á máis que próxima derrota militar do Xapón, os militares concederon a unidade territorial ao país e garantiron a súa independencia como parte da denominada Esfera de Coprosperidade da Gran Asia Oriental. Con todo, esta acción produciuse nunha data demasiado tardía como para ter algunha influencia na guerra e ser un estado viable. A comezo de agosto o novo réxime imperial achábase próximo ao colapso, mentres as actividades do Viet Minh atopábanse no seu máximo auxe. A finais de mes producíronse distintas rebelións comunistas ao longo do país, á vez que tiña lugar a Rendición do Xapón ás potencias aliadas. Neste contexto tivo lugar a toma do poder polo Viet Minh e a abdicación de Bảou Đại como último emperador de Vietnam. Aínda que o poder colonial francés foi restaurado na península indochina, o 2 de setembro tivo lugar en Hanoi a proclamación da República Democrática de Vietnam por Hồ Chí Minh.

Listaxe de emperadores

Representación dunha cerimonia de matrimonio vietnamita en Tonkín, ao comezo do período colonial.

Coincidindo co final da dinastía Lê en 1802, Nguyễn Phúc Ánh logrou facerse co poder e unificar o país, dándolle o nome de «Vinệt Nam». Nguyễn Phúc Ánh converteuse no primeiro emperador vietnamita baixo o nome de Gia Long, fundando así a dinastía dos Nguyễn que reinou no país até a abdicación de Bảou Đại en 1945.

NomeNome chinésReinadoNotas
Gia Long嘉隆帝18021820Inicio da dinastía.
Minh Mạng明命帝18201841
Thiệou Trị紹治帝1841 – 1847
Tự Đức嗣德帝18471883Comezo da colonización francesa.
Dục Đức育德帝1883Reinou só durante 3 días.
Hiệp Hòa協和帝1883Suicidouse.
Kiến Phúc建福帝1883 – 1884Morto en estrañas circunstancias.
Hàm Nghi咸宜帝1884 – 1885Anexión francesa de Tonkín.
Đồng Khánh同慶帝1885 – 1889
Thành Thái成泰帝18891907
Duy Tân維新帝19071916Fracaso da Sublevación de 1916. Duy Tân foi exiliado á illa da Reunión.


Khải Định啟定帝19161925
Bảou Đại保大帝19261945Ocupación xaponesa durante a segunda guerra mundial. Final da dinastía.

Lista das bandeiras das unidades administrativas da dinastía Nguyen

Utilizáronse as bandeiras das unidades administrativas da dinastía Nguyen desde ao redor de 1868 a 1885, con 2:2.[1][2]

Provincias Reais

Provincias da Rexión Norte

Provincias da Rexión Central

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: