Dirham

Dirham
درهم مغربي (árabe)
Código:MAD
Ámbito: Marrocos
Sáhara Occidental
Símbolo:د.م.
Fracción:100 santim
Moedas:5, 10 e 20 santimat, 1/2, 1, 2, 5 e 10 dirham
Billetes:10, 20, 50, 100 e 200 dirham
Emisor:Bank Al-Maghrib
Taxa de troco:
27-03-2010
1 EUR = 11,2552 MAD
1 USD = 8,393 MAD
Troco actual

O dírham[1] (en árabe درهم, pl.: درهمان , دراهم ou درهما‎) é a moeda oficial do Reino de Marrocos. A forma plural é darahim, aínda que en francés emprégase a forma dirhams. O seu código ISO 4217 é MAD. Divídese en 100 céntimos (santimat, en árabe سنتيما o سنتيمات) (sing. santim, en árabe سنتيم). O Bank Al-Maghrib encárgase de emitir os billetes e as moedas. Segundo as leis marroquís, está prohibido sacar moedas e billetes do país.

Historia

Antes da introdución do novo sistema monetario en 1882, Marrocos acuñou moedas de cobre (felus), dirhams de prata e benduqi de ouro. Dende 1882, o dirham foi unha división do rial marroquí (10 dirhams = 1 rial)

Logo dos protectorados español e francés, Marrocos volveu introducir o dirham en 1960, substituíndo ao franco, aínda que non deixou de circular totalmente ata 1974.

Moedas

En 1960 acuñáronse moedas de 1 dirham de prata, seguidas por denominacións de 1 e 5 dirhams de níquel en 1965. En 1974, coa aparición do santim, iniciouse un novo sistema monetario en denominacións de 1, 5, 10, 20 e 50 santimat e 1 dirham. As moedas de 1 santim eran de aluminio, as de 5, 10 e 20 santimat de bronce-aluminio e as demais de cuproníquel. En 1980 engadiuse un novo tipo de moeda de 5 dirhams que foi substituído por unha moeda bimetálica do mesmo valor en 1987. En 1995 engadiuse outra moeda bimetálica de 10 dirhams.

A serie de moedas actualmente en circulación foron acuñadas no 2002, substituíndo progresivamente á anterior serie emitida co busto do rei Hassan II. As moedas de 5 e 10 Dirhams son bimetálicas e as moedas de 1 santimat deixaron de ser acuñadas aínda que non foron retiradas oficialmente da circulación. Tamén en 2002 se introduciu un novo valor correspondente a 2 dirhams. Estas son as características da última serie de moedas que se encontran en circulación:

DenominaciónPeríodo de circulaciónMetalDiámetro (mm.)Peso (gr.)AnversoReversoImaxe
AnelCentro
5 santimat2002Bronce-Aluminio17,502,00Escudo de armas realValor facial e flor
10 Santimat2002Bronce-Aluminio20,003,00Escudo de armas realValor facial e figura humana en pista de atletismo
20 Santimat2002Bronce-Aluminio23,004,00Escudo de armas realValor facial e capitel
½ Dirham2002Cuproníquel21,004,00Escudo de armas realValor facial e satélite de telecomunicacións
1 Dirham2002Cuproníquel24,006,00Retrato do rei Mohamed VIValor facial e escudo de armas real
2 Dirhams2002Cuproníquel26,007,00Retrato do rei Mohamed VIValor facial e escudo de armas real
5 Dirhams2002CuproníquelBronce-Aluminio26,206,80Retrato do rei Mohamed VIValor facial e escudo de armas real
10 Dirhams2002Bronce-AluminioCuproníquel28,0012,00Retrato do rei Mohamed VIValor facial e escudo de armas real

Billetes

Os primeiros billetes impresos con denominacións en dirhams eran sobreimpresións dos primeiros billetes en francos, con denominacións de 50 dirhams (sobre os antigos 5.000 francos) e 100 dirhams (sobre os antigos 10.000 francos). En 1965 emitíronse novos billetes de 5, 10 e 50 dirhams. En 1970 introducíronse os billetes de 100 dirhams, seguidos das denominacións de 200 dirhams en 1991 e 20 dirhams en 1996. Os billetes de 5 dirhams substituíronse por moedas en 1980, e o mesmo pasou en 1995 cos de 10 dirhams.

A nova serie de billetes emitida baixo o actual reinado de Mohamed VI convive coa do seu pai, o anterior rei Hassan II, ámbalas dúas poden verse en circulación con relativa facilidade, aínda que os billetes emitidos polo monarca predecesor están sendo retirados polos bancos e substituídos polos novos paulatinamente. As cores das dúas series permanecen invariables, tan só os deseños se alteraron coa efixie do novo monarca ademais de estar impresos cun deseño gráfico máis actual e cunhas novas medidas de seguridade máis modernas.

Series de 2002-2005
DenominaciónEfixieCor predominanteDimensiónsImaxe do anversoImaxe do reverso
20 DirhamsMohamed VIVioleta70 x 140 mm
50 DirhamsMohamed VIVerde70 x 147 mm
100 DirhamsMohamed VI e Hassan IIVermello78 x 150 mm
200 DirhamsMohamed VI e Hassan IIAzul78 x 158 mm

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: