EXO

Grupos de ídolos masculinos coreanos e chineses

Exo (en hangul, 엑소; romanización revisada do coreano, Ekso; McCune-Reischauer, Ek'so, estilizado coma EXO) é un grupo musical surcoreano-chinés formado por SM Entertainment en 2011. Debutou en 2012 e actualmente está composto por nove membros: Xiumin, Suho, Lay, Baekhyun, Chen, Chanyeol, D.O., Kai e Sehun.

EXO
"We are one EXO, 사랑하자!"
OrixeCorea do Sur
Período2012-Actualidade
Selo(s) discográfico(s)SM Entertainment
MembrosSuho, Kai, Baekhyun, Sehun, Chanyeol, Xiumin, Chen, Lay, D.O.
EXO-K, EXO-M (inactivos), EXO-CBX, EXO-SC
Antigos membrosLuhan, Tao, Kris
Na rede
https://www.smtown.com/artist/musician/86
Facebook: weareoneEXO Twitter: weareoneEXO Instagram: weareone.exo Youtube: UCzCedBCSSltI1TFd3bKyN6g Spotify: 3cjEqqelV9zb4BYE3qDQ4O iTunes: 657630070 Last fm: Exo Musicbrainz: b3785a55-2cf6-497d-b8e3-cfa21a36f997 Songkick: 5357068 Discogs: 4038105 Allmusic: mn0003125441 Deezer: 88684 Genius: Exo Editar o valor em Wikidata

A súa música é lanzada e interpretada en coreano, mandarín e xaponés, incorporando principalmente xéneros coma dance pop, hip-hop, R&B, EDM, house ou trap. O grupo foi clasificado coma unha das celebridades máis influíntes na lista de celebridades máis poderosas de Forbes Korea de 2014 a 2018.

Historia

Inicialmente, EXO debutou con doce integrantes divididos en dous subgrupos: EXO-K (Suho, Baekhyun, Chanyeol, D.O., Kai e Sehun) e EXO-M (Xiumin, Chen, Lay e os exintegrantes Kris, Luhan e Tao). Kris, Luhan e Tao deixaron o grupo tras demandar á súa empresa entre 2014 e 2015. En 2022, Lay deixou a compañía logo da expiración do seu contrato con SM Entertainment e firmou con SM coma socio. EXO-K e EXO-M interpretaron a súa música en coreano e mandarín respectivamente, ata o lanzamento de Overdose en 2014. Dende 2015, EXO preséntase oficialmente coma un grupo único, lanzando e interpretando música en varios idiomas. Chen, Baekhyun e Xiumin debutaron coma integrantes da subunidade EXO-CBX en 2016, mentres que Sehun e Chanyeol debutaron no subgrupo EXO-SC.

O primeiro álbum de EXO, XOXO (2013), lanzado xunto co sencillo «Wolf», foi un éxito comercial; vendendo máis dun millón de copias, convertendo a EXO no primeiro artista coreano en facelo en doce anos. Os seus lanzamentos posteriores tamén foron extremadamente exitosos, cada un dos seus álbums de estudio vendeu máis dun millón de copias. O sexto álbum do grupo, Don't Mess Up My Tempo (2018), converteuse no álbum coa mellor posición en Billboard 200, debutando en no posto n.º23, e o seu álbum máis vendido en Corea do Sur.

EXO gañou numerosos premios ao longo da súa carreira, incluídos cinco premios consecutivos coma «Álbum do ano» nos MAMA Awards e dous premios coma «Artista do ano» nos Melon Music Awards, e realizou máis de cen concertos e catro xiras. Ademais das súas actividades coma grupo, os integrantes teñen contratos publicitarios para marcas coma Nature Republic e Samsung e participan en actividades benéficas coma Smile For U, un proyecto en colaborativo de SM Entertainment e Unicef que comenzou en 2015.

Integrantes

Activos

  • Xiumin (시우민) — Vocalista, bailarín e rapeiro
  • Suho (수호) — Vocalista e líder
  • Baekhyun (변백현) - Vocalista Principal
  • Chen (첸) — Vocalista principal
  • Chanyeol (찬열) — Vocalista e rapeiro
  • D.O. (디오) — Vocalista principal
  • Sehun (세훈) — Vocalista, bailarín e rapeiro

Inactivos

  • Lay Zhang (Lay) (레이) — Vocalista e bailarín (por actividades en solitario)
  • Kai (카이) — Vocalista, bailarín principal, rapeiro (por servizo militar)

Antigos membros

  • Luhan (루한)
  • Kris Wu (Kris) (크리스)
  • Z.Tao (Tao) (타오)

Liña de tempo

     Activo     Inactivo     Servizo militar     Álbums de estudio

Véxase tamén

🔥 Top keywords: