Economía da Arxentina

A economía da Arxentina benefíciase de enormes recursos naturais, unha poboación bastante alfabetizada, un sector orientado á exportación agrícola e unha base industrial diversificada. Con todo, os seus resultados económicos foron moi desiguais ao longo da historia. A principios do século XX era un dos países con mellores perspectivas do mundo, pero ao longo dos anos atravesou diversas adversidades e crises que influíron negativamente na economía do país. Na actualidade, a República Arxentina é considerada como unha das principais economías emerxentes e unha das economías de maior crecemento económico do mundo.[3] Á súa vez, pola súa dimensión económica, forma parte do G-20 (grupo dos 20 países industrializados e emerxentes).

Economía de Arxentina
Moedapeso arxentino
Organizacións comerciais de que fai parteOMC, Mercosur, UNASUR
Datos estatísticos[1]
PIB755,3 mil millóns (2012)
Posición do PIB23ª no mundo[2]
Crecemento do PIB1,9% (2012)
PIB per cápita18 400 (2012)
PIB por sectoragricultura 10,3%, industria 30,6%, comercio e servizos 59,1% (2012)
Inflación25% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobrezadato non dispoñíbel
Total da forza de traballo17.070.000 (2012)
Forza de traballo por sectoragricultura 5%, industria 23%, comercio e servizos 72% (2009)
Desemprego7,2% (2012)
Industriasprocesamento de alimentos, vehículos a motor, bens de consumo durables, téxtiles, produtos químicos e petroquímicos, impresión, metalurxia, aceiro
Parcerías comerciais[1]
Exportacións85,36 mil millóns (2012)
Produtos de exportaciónsoia e derivados, petróleo e gás, vehículos, millo, trigo
Principais mercadosBrasil 21.8%, República Popular da China 7.4%, Chile 5.6%, Estados Unidos 5.5% (2011)
Importacións67,33 mil millóns (2012)
Principais produtos importadosmáquinas, vehículos a motor, petróleo e gas natural, produtos químicos orgánicos, plásticos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa141,1 mil millóns (2012)
Ingresosdato non dispoñible
Gastosdato non dispoñible
Vista do barrio de Puerto Madero, en Buenos Aires.

A chatura pampeana é apta para o cultivo de cereais e oleaxinosas, así como tamén para a gandería. A Patagonia é rica en hidrocarburos (gas e petróleo), como así tamén a plataforma continental arxentina, base do mar arxentino, rico en especies como pescada, salmón etc.

Na precordilleira atópanse xacementos minerais de distinta variedade, como uranio, prata etc.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: