Elena Candia

política galega

Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG. Actualmente é Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia e concelleira no Concello de Lugo.

Infotaula de personaElena Candia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elena Candia López Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Presidenta da Deputación de Lugo
Alcaldesa de Mondoñedo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado.[2]

Presidenta da Deputación

Así mesmo foi elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos.[3] En outubro, unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo.[4]

Outros cargos

En xullo de 2020 foi elixida parlamentaria no Parlamento de Galicia como cabeza de lista por Lugo. Dende o 24 de maio de 2022, foi a vicepresidenta primeiro da cámara galega. A nivel orgánico é a presidenta do PPdeG na provincia de Lugo dende marzo do 2016. Nas eleccións municipais de 2023 o seu partido elixiuna como a candidata á alcaldía de Lugo,[5] sendo elixida concelleira de Lugo.

Nunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro en 2024

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[6]

Predecesor:
Orlando González Cruz

Alcaldesa de Mondoñedo

2015 - 2020
Sucesor:
Manuel Ángel Otero Legide
Predecesor:
Xosé Ramón Gómez Besteiro

Presidenta da Deputación Provincial de Lugo

Entre xuño e outubro de 2015
Sucesor:
Darío Campos Conde

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: