Provincia de Lugo

provincia galega

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Lugo
Lugo (gl)
Lugo (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°N 7°O / 43, -77°O / 43, -7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia Editar o valor em Wikidata
CapitalLugo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación326.013 (2021) Editar o valor em Wikidata (33,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie9.856 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMustallar (1.935 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de Lugo Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Deputación Editar o valor em WikidataDarío Campos Conde (2015–2019) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-LU Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES112 Editar o valor em Wikidata
Código INE27 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdeputacionlugo.gal Editar o valor em Wikidata

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.

Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[2]

Xeografía

Lugo por Francisco Coello, 1864.
O mar Cantábrico en Burela.
O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra lucense.
O Landro ó seu paso polo concello de Ourol.
O encoro de Belesar no concello do Saviñao.
Vista da praia das Catedrais, en Ribadeo
A croa do castro de Viladonga, en Castro de Rei, é un dos miles de castros que ten a provincia.

A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[3], no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.

A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I, na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño, con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.[2]

Rías

As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:

Illas

As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:

Cabos

Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:

  • Punta Roncadoira, no concello de Xove.
  • Punta de Morás, no concello de Xove.
  • Cabo de San Cibrao, no concello de Cervo.
  • Punta dos Castros, no concello de Cervo.
  • Cabo Burela, no concello de Burela.

Ríos

O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.

Encoros

Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:

Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.

Lagoas

Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:

Sistemas montañosos

Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:

Demografía

Concellos máis poboados

Comarcas e concellos da provincia de Lugo
Concellos máis poboados
PosiciónConcelloPoboación (2020)
Lugo98.519
Monforte de Lemos18.347
Viveiro15.391
Vilalba14.079
Sarria13.338
Foz10.016
Ribadeo9.860
Burela9.498
Chantada8.157
10º Guitiriz5.490
11º Outeiro de Rei5.210
12º Castro de Rei5.073
13º Cospeito4.374
14º Cervo4.192
15º Friol3.682
16º O Saviñao3.589
17º Monterroso3.562
18º Mondoñedo3.480
19º O Corgo3.440
20º A Fonsagrada3.328
21º Quiroga3.151
22° Palas de Rei3.316
23° Xove3.360
24° Barreiros3.001
25º Begonte2.976
26° A Pastoriza2.963
27º Becerreá2.826
28º Taboada2.689
29º Guntín2.238
30º Castroverde2.592

Evolución

Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2020:

Patrimonio

Zonas protexidas

Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.

Economía

O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia][cando?]

Comunicacións

Estradas

Ferrocarril

Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:

Transporte aéreo

Comarcas

ComarcaCapitalConcellos
Os AncaresBecerreáBecerreá, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro
ChantadaChantadaCarballedo, Chantada, Taboada
A FonsagradaA FonsagradaBaleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz
LugoLugoCastroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade
A Mariña CentralMondoñedoAlfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro
A Mariña OccidentalViveiroCervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove
A Mariña OrientalRibadeoBarreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada
MeiraMeiraMeira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto
QuirogaQuirogaFolgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil
SarriaSarriaO Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela
Terra CháVilalbaAbadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, Xermade
Terra de LemosMonforte de LemosBóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober
A UlloaAntas de UllaAntas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei

Concellos

As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: