Epinefelinos

subfamilia de peixes
Epinefelinos
(Epinephelinae)

Cephalopholis argus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata``
Subfilo:Vertebrata
Superclase:Gnathostomata
Clase:Actinopterygii
Subclase:Osteichthyes
Superorde:Acanthopterygii
Orde:Perciformes
Suborde:Percoidei
Familia:Serranidae
Subfamilia:Epinephelinae
Bleeker, 1871
Xéneros
  • Véxase o texto

A dos epinefelinos (Epinephelinae) é unha subfamilia da familia dos serránidos (Serranidae), peixes da ampla orde dos perciformes, que algúns autores elevan á categortía sistemática de familia, a dos epinefélidos (Epinephelidae)[1] ou epinefelínidos (Epinephelinidae).[2]

Os epinefelinos son peixes grandes, co corpo robusto con cabeza grande na que resaltan os ollos globosos e unhas grandes mandíbulas, semellantes aos polipriónidos, que se coñecen, canda eles, cos nomes xenéricos de chernas, ou tamén meros.

E o seu hábitat son as zonas rochosas de augas temperadas e tropicais, con fondos nos que haxa grandes pedras con covas ou fendas onde agochárense, en cotas que oscilan entre os 4 e os 350 m de profundidade.

Os individuos máis grandes poden chegar a alcanzar máis de 1 m de lonxitude e máis de 40 kg de peso. Pero un periódico informou da captura, o 15 de xaneiro de 2008, en augas preto de Pulau Sembilan, no estreito de Malaca, dun exemplar de 180 kg.[3] (Ver imaxe aquí[4]). Así e todo o récord estableceuno outro pescado, en setembro de 2010, en augas próximas á provincia de Limón (Costa Rica, que mediu 2,3 m e pesou 250 kg, segundo informou o diario La Extra.[5]

Os epinefelinos son animais hermafroditas proteroxínicos que alcanza a madurez sexual (como femias) aos 5 anos.[6][7]

A subfamilia está representada nas augas galegas pola especie Epinephelus marginatus, o mero de altura.[8][9][10]

Xéneros

Epinephelus marginatus, o mero de altura.
Gonioplectrus hispanus.
  • Acanthistius
  • Alphestes
  • Anyperidon
  • Caprodon
  • Cephalopholis
  • Chromileptes
  • Dermatolepis
  • Epinephelus
  • Gonioplectrus
  • Gracila
  • Hypoplectrodes
  • Liopropoma
  • Mycteroperca'
  • Niphon
  • Paranthias
  • Plectropomus
  • Saloptia
  • Triso
  • Variola

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: