Costa Rica

Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.[1]

Modelo:Xeografía políticaCosta Rica
República de Costa Rica (es) Editar o valor em Wikidata

HimnoHimno nacional de Costa Rica Editar o valor em Wikidata

Lema«Vivan siempre el trabajo y la paz» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 10°N 84°O / 10, -8484°O / 10, -84
CapitalSan Xosé Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.044.197 (2022) Editar o valor em Wikidata (98,71 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie51.100 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caribe e Océano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoCerro Chirripó (3.820 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1821 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónNossa Senhora dos Anjos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataRodrigo Chaves Robles (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa da Costa Rica (pt) Traducir , (Escano: 57) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal64.616.482.168 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedacolón costarriqueño Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cr Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+506 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 e 112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísCR Editar o valor em Wikidata

Páxina webvisitcostarica.com… Editar o valor em Wikidata

O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés.[2] O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%.[2] A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.[3]

Historia

Artigo principal: Historia de Costa Rica.

Período precolombiano

Os historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.[4]

A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido.[5] O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.[6]

O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Costa Rica.
Mapa de Costa Rica

Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co océano Pacífico. A Illa do Coco, no océano Pacífico, pertence a Costa Rica.

Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.

Goberno e política

Artigo principal: Política de Costa Rica.

Poderes do Estado

Laura Chinchilla Miranda foi presidenta de Costa Rica ata 2014.

Poder Executivo:

  • Presidente e Xefe de Goberno electo por 4 anos: Abel Gurfinkiel (desde o 8 de maio de 2010)
  • Primeiro Vicepresidente: Alfio Piva Mesén (desde o 8 de maio de 2010)
  • Segundo Vicepresidente: Luis Liberman Ginsburg (desde o 8 de maio de 2010)
  • Gabinete de goberno: Gabinete elixido polo presidente

Poder Lexislativo:

  • Asemblea Lexislativa unicameral con 57 asentos. Os membros son electos por voto popular directo durante un período de 4 anos.

Poder Xudicial:

  • Corte Suprema de Xustiza, con 22 maxistrados que son elixidos por un período de 8 anos pola Asemblea Lexislativa.

Partidos Políticos

Actualmente os principais Partidos Políticos do país son:

Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e

Partido Acción Cidadá (PAC, centro).

Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.

Exército

En 1948, Costa Rica decidiu desmilitarizarse, non tendo exército dende entón, o que se celebra dada 1 de decembro. O feito produciuse despois da guerra civil mantida en 1948.[7]

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Costa Rica.

A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.

Provincias de Costa Rica.
#ProvinciaCapitalCantónsDistritosÁrea (km²)Poboación*
1AlajuelaAlajuela151089.757,53716.286
2CartagoCartago8483.124,67432.395
3GuanacasteLiberia115910.140,71264.238
4HerediaHeredia10462.656,98354.732
5LimónLimón6279.188,52389.295
6PuntarenasPuntarenas115711.265,69357.483
7San JoséSan José201184.965,901 345 750
* Censo do ano 2000

Economía

Artigo principal: Economía de Costa Rica.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Costa Rica.

As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).

Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.

A principal relixión é o catolicismo.

O español é a lingua oficial.

A moeda de Costa Rica é o colón.

Cultura

Artigo principal: Cultura de Costa Rica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: