Estado de São Paulo

estado do Brasil

O Estado de São Paulo é un dos estados do Brasil localizados na Rexión Sueste. Limita cos Estados de Minas Xerais ao norte e nordeste, Río de Xaneiro tamén ao nordeste, Paraná ao sur e Mato Groso do Sur ao oeste, así como co océano Atlántico ao leste. Ocupa unha área de 248.808,8 km². A súa capital é a cidade de São Paulo, a máis habitada do país.

Modelo:Xeografía políticaEstado de São Paulo
São Paulo (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHino do estado de São Paulo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Pro Brasilia Fiant Eximia» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aPaulo de Tarso Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 22°09′S 48°56′O / -22.15, -48.9348°56′O / -22.15, -48.93
EstadoBrasil Editar o valor em Wikidata
CapitalSão Paulo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación45.094.866 (2017) Editar o valor em Wikidata (181,68 hab./km²)
Lingua usadaLíngua caingangue (pt) Traducir
Guarani chiripá (pt) Traducir
São Paulo Kaingáng (en) Traducir
Língua crenaque (pt) Traducir
Língua terena (pt) Traducir
Língua otí (pt) Traducir
Lingua cupopia Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie248.209,4 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOceano Atlântico Sul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude514 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPedra da Mina (pt) Traducir (2.798 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónPaulo de Tarso Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo de São Paulo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataJoão Doria (pt) Traducir (2019–2022) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa de São Paulo (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 94) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-SP Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websaopaulo.sp.gov.br Editar o valor em Wikidata

Xeografía

As súas cidades máis poboadas son São Paulo, Campinas, Guarulhos, São Bernardo do Campo, Santo André, Osasco, São José dos Campos, Sorocaba, Ribeirão Preto, Santos, Diadema e Jundiaí.

Presenta un relevo relativamente elevado: 85 % do territorio está entre os 300 e os 900 metros de altitude. Os seus ríos principais son o Tietê, Paranapanema, Grande, Turvo, Pardo, do Peixe, Paraíba do Sul e Piracicaba. O seu clima é tropical no interior do estado, e tropical de altitude nas rexións máis altas do planalto, por riba dos 1.000 m de altitude.

O clima do estado é influenciado pola altitude: en Campos do Jordão, cidade situada a 1.600 metros sobre o nivel do mar na Serra da Mantiqueira, as temperaturas poden caer abaixo dos 0 °C en días máis fríos de invernos rigorosos. Xa no interior do estado (Ribeirão Preto, São José do Rio Preto etc), as temperaturas poden superar facilmente os 33 °C no verán. A capital e a súa rexión metropolitana ten un clima tropical un pouco influenciado pola altitude pero moi alterado pola grande urbanización: durante o inverno é común o fenómeno da inversión térmica, cando a polución sobe co ar quente durante o día e dece* co ar frío durante a noite, permanecendo sobre a zona urbana sen dispersarse, debido á falta de ventos. O estado de São Paulo atinxiu un récord de baixa temperatura e, en 1918, onde a temperatura chegou a -7,6 °C na rexión da Avenida Paulista e en temperaturas moito máis baixo en áreas residenciais, como Santo Amaro daquel distrito, que rexistrou -9,8 °C no mesmo día.

Economía

Mariña na cidade de Ubatuba, litoral norte do estado.

É o estado máis desenvolvido do país, representa máis de 30% do Produto Interior Bruto brasileiro. O estado ten como base principal da súa economía a industria (metalurxia, mecánica, automóbiles e as súas pezas, equipamentos mecánicos, electrónicos, telecomunicacións, produtos químicos, plásticos, alcol etc), despois os servizos (incluíndo o sector financeiro) e o comercio. Pero tamén a súa agricultura e gandería son moi importantes e modernas.

As industrias concéntranse na megalópole de São Paulo (formada polas rexións metropolitanas de São Paulo, Campinas e Baixada Santista), na rexión de Sorocaba, en São Carlos, Ribeirão Preto e no Val do río Paraíba do Sul.

Súa agricultura e gandería tamén son bastante modernas: produce laranxa e zume de laranxa para o mercado interno e externo, e cana de azucre, café e algodón para o mercado interno. A cana de azucre é principalmente plantada para a produción de alcol, moi usado en todo o Brasil como biocombustible.

A capital do estado é tamén un importante centro financeiro do país, abrigando as sedes de importantes institucións bancarias brasileiras e estranxeiras con filiais no Brasil. A Avenida Paulista, na capital do estado, concentra a sede de bancos brasileiros como o Itaú, e as matrices brasileiras de bancos estranxeiros, como o Santander e Citibank, ademais de abrigar a poderosa Federación das Industrias do Estado de São Paulo (FIESP), que representa os intereses das grandes industrias instaladas no estado. A BOVESPA (Bolsa de Valores do Estado de São Paulo) é tamén a máis importante da América do Sur.

Turismo

O estado posúe tamén locais turísticos e boa infraestrutura para recibir visitantes, inda que non sexan tan famosos en todo o mundo coma o Río de Xaneiro: cidades de praia (São Sebastião, Ubatuba, Bertioga, Santos, Sao Vicente, Peruíbe), cidade de montaña (Campos do Jordão), estancias de augas minerais (como Serra Negra, Águas de São Pedro, Águas de Lindóia, Lindóia) e outras. A propia cidade de São Paulo recibe turistas, ata mesmo doutros estados, que visitan o comercio especializado da capital, as exposicións nos seus museos, ou os eventos periódicos, como a competición de Fórmula 1 (Grande Premio do Brasil) que ocorre todos os anos no Autódromo de Interlagos.

Transporte

Estradas

Rodovia dos Bandeirantes, considerada a mellor estrada do Brasil pola Confederación Nacional do Transporte.[1]
Aeroporto Internacional de São Paulo, en Guarulhos, o aeroporto internacional con máis movemento do Brasil.

O estado de São Paulo posúe unha malla rodoviaria con máis de 32.000 km de vías asfaltadas, representando cerca do 17% do total da rede asfaltada do Brasil[2][3]. As estradas paulistas están consideradas as máis modernas e mellor conservadas do Brasil. A Confederação Nacional do Transporte, nunha enquisa realizada no 2006, divulgou unha clasificación que coloca as estradas de São Paulo, en comparación a outras estradas brasileiras como a mellor en termos de estado xeral de conservación[4][5]. A administración dalgunhas estradas do estado foi transferida á iniciativa privada a partir do final da década de 1990. As empresas vencedoras do proceso licitatorio foron obrigadas a realizar unha serie de investimentos e a cumprir metas de calidade mais, a pesar da melloría nas estatísticas de accidentes[6], a cobranza da peaxe provoca críticas ao modelo de privatización.[7]

Aeroportos

São Paulo posúe tres grandes aeroportos, sendo dous internacionais:

  • Aeroporto Internacional de São Paulo, localizado na cidade de Guarulhos, na Rexión Metropolitana de São Paulo, é o aeroporto internacional máis empregado no Brasil. Considerado un dos hubs (puntos de conexións) da aviación civil no país, operando unha gran cantidade de voos nacionais e internacionais para todos os principais destinos do Brasil e do mundo. Está distante 25 quilómetros do centro de São Paulo, a principal metrópole a que serve.
  • Aeroporto de Congonhas, é o aeroporto doméstico con máis movemento do Brasil, localizado no distrito do Campo Belo, na capital do estado. Por estar localizado a apenas 8 km do centro, é utilizado basicamente para voos de ponte aérea e de curta duración, sendo os seus principais destinos Río de Xaneiro, Brasilia, Belo Horizonte e o interior do estado.
  • Aeroporto Internacional de Viracopos, localizado a 20 quilómetros do centro de Campinas e a 99 quilómetros da capital estatal. Actualmente, representa o segundo maior terminal aéreo de cargas do país[8], responsábel do 18,1% do movemento total de cargas nos aeroportos.[8] No 2007, rexistrou un fluxo de cargas embarcadas e desembarcadas en voos internacionais de cerca de 228.239 toneladas.[8] De cada tres toneladas de mercadorías exportadas e importadas, unha pasa polo aeroporto.[8] O Terminal de Loxística de Carga de Importación e Exportación posúe unha área de máis de 81 mil metros cadrados, con capacidade de procesar até 720 mil toneladas de carga aérea por ano.

Portos marítimos

Mapa da rede ferroviaria do estado de São Paulo.

O estado posúe dous portos:

  • Porto de Santos, localizado na cidade de Santos, o porto é hoxe o principal do Brasil e o maior da América Latina. O Porto de Santos ocupa a 39ª posición na clasificación mundial de movemento de cargas en contedores.
  • Porto de São Sebastião, localizado na cidade de São Sebastião.

Ferrocarril

São Paulo posúe máis de 5.000 km de ferrovías (outrora operados pola extinta estatal Ferrovia Paulista SA), que se estenden desde as marxes do río Paraná até o porto de Santos, destinados ao transporte de carga. A rexión metropolitana de São Paulo posúe unha rede ferroviaria de 257 km, composta por 6 liñas e 84 estación, sendo operada pola Companhia Paulista de Trens Metropolitanos.

Metro

O metro de São Paulo é un dos máis eficientes e novos do mundo. Son 61,3 km de metro distribuídos en catro liñas e 55 estacións, sendo diariamente transportados aproximadamente 3 millóns de pasaxeiros por esas liñas[9].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: