Estanque
Un estanque é unha extensión de auga con pouco fluxo que se forma nun curso de auga ou creado artificialmente para prover de auga, criar peixes ou con fins ornamentais.
Características
Os estanques forman parte do dominio público, se son de auga salgada e comunican co mar. Os estanques particulares están sometidos ás leis xerais da propiedade e da salubridade pública, e pertencen ao dono do chan que cobren. Os peixes son un accesorio dos estanques e constitúen bens mobles por disposición legal.
Actualmente unha das principais utilidades dos estanques reside na cría e multiplicación de peixes.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos
- Alberca
- Corpo de auga.
- Biopiscina
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: