Ester Expósito

actriz española

Ester Expósito, nada en Madrid o 26 de xaneiro de 2000, é unha actriz española de cine e televisión, coñecida por interpretar a Carla Rosón Caleruega na serie de Netflix Élite (2018) e a Cayetana Aldama en Alguien tiene que morir (2020).[1]

Infotaula de personaEster Expósito

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,67 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosVerde Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaQ1296656 Traducir (2024–)
Nicolas Furtado (en) Traducir (2021–2023)
Alejandro Speitzer (pt) Traducir (2019–2021)
Álvaro Rico (pt) Traducir (2018–2019) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm7527792 Allocine: 821788
Instagram: ester_exposito Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Ester Expósito naceu o 26 de xaneiro do ano 2000 en Madrid, con todo, a súa familia materna provén de Viveiro, Lugo.[2] Expósito cursou a ESO no IES Fortuny de Madrid, rematando os seus estudos aos 16 anos.[3][4]

Carreira como actriz

Ester Expósito interesouse polo mundo artístico dende moi pequena. Cando terminou os seus estudos, realizou cursos de interpretación na súa comunidade de orixe. A actriz gañou os Premios de Teatro de Madrid na categoría de Mellor Actriz en 2013 e 2015, polo seu papel en microteatro Woman en Rede (2015).[5] A súa primeira vez diante dunha pantalla deuse no ano 2016 na serie, por aquel entón, de Antena 3 Cara a cara interpretando á filla de Fernando. Nese mesmo ano apareceu tamén no documental Centro médico co papel de Rosa Martín.[6]

O seu primeiro papel recorrente nunha serie de televisión foi en Estoy vivo de TVE, onde interpretou a Ruth na primeira tempada da serie, emitida en 2017.[7] Obtivo fama internacional ao integrar a repartición da serie xuvenil de Netflix Élite en 2018,onde interpretou a Carla Rosón até 2020.[8][9][10] Tras o éxito na serie, fichou por dúas películas distribuídas por Netflix: Cando os anxos dormen e O teu fillo, en ambas cun papel principal.[11] En 2021 retoma o seu papel como Carla Rosón en Elite: Historias Breves un spin-off de Élite.[12]

A principios de 2019 aparece na serie de TVE La caza. Monteperdido, onde interpreta a Lucía Castán Grau, unha das nenas desaparecidas.[13] Tamén en 2019 anúnciase a súa participación na nova serie de Netflix Alguien tiene que morir, a cal foi estreada en outubro de 2020, onde interpreta a Cayetana Aldama.[14] En 2020 tamén fai unha participación especial en Veleno para Atresplayer Premium, interpretando a Machús Osinaga, unha xornalista real do programa Esta noche cruzamos el Mississippi.[15] Ademais, en decembro de 2020 estrea a película Mamá ou papá, baixo a dirección de Dani de la Orden, xunto a Paco León ou Miren Ibarguren, aínda que a película foi finalmente estreada en 2021 pola crise do COVID-19.[16][17] En agosto de 2021 anunciouse a súa colaboración na película Rainbow, dirixida por Paco León.[18] En outubro do mesmo ano acudiu como convidada o Festival de Cine de Sitges, xunto a Álex da Igrexa, Carolina Bang e Jaume Balagueró para anunciar o seu papel protagonista na longametraxe dirixida por Balagueró titulado Venus, cuxo rodaxe comezou en novembro.[19]

Éxito internacional

Grazas á súa participación na serie de Netflix Élite, converteuse nunha celebridade en redes sociais. A actriz é a española máis seguida en Instagram con máis de 28 millóns de seguidores. Este feito convértea en reclamo de miles de marcas e firmas de luxo como Yves Saint Laurent.[20] En abril de 2020 publicou un vídeo na súa conta de Instagram que se converteu na publicación con máis reproducións na historia da rede social, por encima de publicacións de Kylie Jenner, Kim Kardashian ou Selena Gómez.[21] O vídeo foi publicado o 11 de abril de 2020 e a marzo de 2021 acumula máis de 92 millóns de reproducións, case o dobre da poboación de toda España.[22] En agosto de 2021 converteuse en imaxe da marca Dolce & Gabbana.[23]

Filmografía

Series de televisión

AnoTítulo orixinalPersonaxeCanleNotas
2016Centro médicoRosa Martín / Julieta CapoteTVE2 episodios
2016 - 2018Vis a visFilla de FernandoAntena 3Colaboración especial, 2 episodios (tempada 2-3)
2017Estoy vivoRuthTVEElenco recorrente; 8 episodios (tempada 1)
2018 - 2020ÉliteCarla Rosón CaleruegaNetflixElenco principal; 24 episodios (tempada 1-3)
2019La caza. MonteperdidoLucía Castán GrauTVEElenco recorrente; 7 episodios (tempada 1)
2020VelenoMachús OsinagaAtresplayerColaboración especial, 2 episodios
Alguien tiene que morirCayetana AldamaNetflixElenco principal; 3 episodios
2021Elite historias breves: Carla SamuelCarla Rosón CaleruegaNetflixElenco principal, 3 episodios

Cine

AnoTítulo orixinalPersonaxeDirector
2016Que Dios nos perdoneMozaRodrigo Sorogoyen
2018Cuando los ángeles duermenSilviaGonzalo Bendala
Tu hijoAndreaMiguel Ángel Vivas
2021Mamá o papáDani de la Orden
2022RainbowPaco León

Vídeos musicais

AnoTítuloArtista
2019Oye PabloDanna Paola
DOSISDvicio
2020FácilNya de la Rubia
ContigoDanna Paola
2021Muñequita lindaNajwa Nimri
YateC. Tangana

Premios e nomeamentos

PremioCategoríaTraballo nomeadoResultadoRef.
Socialiteen Awards México 2020Actriz xuvenil españolaTraxectoriaGañadora[24]
Premios MiM Series VIIIPremio novo talentoTraxectoriaGañadora[25]
VIII Premios Platino do Cine IberoamericanoMellor interpretación feminina de repartición en miniserieAlguén ten que morrerNomeada[26]

Notas

🔥 Top keywords: